Grial (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Grial
Capa do número 1
PaísEspaña
Lugar de publicaciónVigo
Lingualingua galega
Fundación1963
Primeira edición1963
Circulación
ISSN0017-4181
editar datos en Wikidata ]

Grial, subtitulada Revista galega de cultura, é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

De seguido se converteu nunha revista de prestixio, dentro e fóra do país, na que colaboraron xentes de todas as ideoloxías do galeguismo e que levou a cabo un labor tanto de estudio da realidade galega, como de información da cultura exterior, seguindo a filosofía aperturista da que xa temos falado. — (Ramón Piñeiro: Da miña acordanza).

Descrición[editar | editar a fonte]

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.[1] Eses catro números titulábanse: Presencia de Galicia, Pintura actual en Galicia, Presencia de Curros y Doña Emilia e Aspectos económicos e xurídicos de Galicia.[2]

Entre 1952 e 1963, intentouse conseguir o permiso administrativo para retornar a publicación, sen éxito. Soamente, coa apertura favorecida por Manuel Fraga, en 1963, se puido conseguir.[3]

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Tamén se levaron a cabo traducións de diversos textos da cultura mundial ao galego, de Le Corbusier, André Breton ou Baudelaire.[4]

Os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego[5] ata o número 100. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo.

En xaneiro de 2021 Galaxia publicou en aberto (en formato PDF) os 156 primeiros números da revista.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Grial". revistasculturales.com/ (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  2. Vilavedra, 2004, p. 396
  3. Fernández del Riego, 1996, p. 66
  4. Fernández del Riego, 1996, p. 68
  5. Salgado, Daniel (28 de novembro de 2010). "Francisco Fernández del Riego, intelectual galleguista". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de xaneiro de 2020. 
  6. "Grial". editorialgalaxia.gal. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]