Gregorio Chillón de la Fuente
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | década de 1900 Zamora, España |
| Morte | 11 de agosto de 1974 Santiago de Compostela, España |
| 12 de maio de 1946 – 6 de abril de 1949 Lexislatura: II lexislatura das Cortes franquistas | |
| 8 de outubro de 1940 – xullo de 1967 ← Manuel Cambón Sánchez – Jacinto Amigo Lera → | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
Gregorio Chillón de la Fuente, nado en Zamora na primeira década do século XX e finado en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1974, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu un tempo en Bilbao e despois trasladouse a Carballo, onde rexentou un comercio. Foi nomeado alcalde de Carballo o 8 de outubro de 1940. En 1946 foi elixido procurador en Cortes como representante de Municipios da provincia da Coruña, posto no que permaneceu até 1949. Tamén foi deputado provincial (1952-58) e vicepresidente da Deputación da Coruña. Cesou como alcalde de Carballo en xullo de 1967. Finou en Santiago de Compostela o 11 de agosto de 1974.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla de Ouro da Orde de Cisneros.
- Encomenda da Orde do Mérito Civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 13-8-1974, p. 10
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro Fernández, Xosé Ramón; López Morán, Beatriz; Mínguez Goyanes, Xosé Luís (2003). Parlamentarios de Galicia : biografías de deputados e senadores (1810-2003). Parlamento de Galicia - Real Academia Galega. ISBN 84-87987-25-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
| Predecesor: Manuel Cambón Sánchez |
Alcalde de Carballo 1940 - 1967 |
Sucesor: Jacinto Amigo Lera |