Saltar ao contido

Gregg Toland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGregg Toland

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1904 Editar o valor en Wikidata
Charleston Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1948 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
Santa Monica Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrombose coronariana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Hollywood Forever Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de fotografía, director de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor en Wikidata - 1948 Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0005904 Allocine: 69559 Allmovie: p114294
BNE: XX1064042 Find a Grave: 5503 Editar o valor en Wikidata

Gregg Wesley Toland, nado en Charleston, Illinois, o 29 de maio de 1904 e finado nos Ánxeles o 28 de setembro de 1948, foi un director de fotografía estadounidense, coñecido polo seu uso innovador da iluminación e técnicas como a profundidade de campo.

En 2003 International Cinematographers Guild votou a Toland como un dos dez directores de fotografía máis influentes da historia xunto con James Wong Howe, Gordon Willis, Sven Nykvist, Vittorio Storaro e Vilmos Zsigmond.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Toland naceu en Charleston, Illinois, fillo de Jennie, unha ama de chaves, e Frank Toland. A súa nai mudouse a California varios anos despois de que os seus pais se divorciasen en 1910.

Toland demostrou por primeira vez o seu estilo de clarescuro con luz lateral na curtametraxe The Life and Death of 9413: a Hollywood Extra (1928), en que unha das dúas bombillas de 400 W que tiñan dispoñibles se queimou, deixando só unha bombilla para iluminar.

Durante a década de 1930, Toland converteuse no camarógrafo máis novo de Hollywood, mais axiña tamén pasou a ser un dos máis solicitados. Durante un período de sete anos (1936–1942), foi candidato en cinco ocasións ao Óscar á mellor fotografía, gañándoo por Wuthering Heights. Traballou con moitos dos grandes directores da época, incluídos John Ford, Howard Hawks, Erich von Stroheim, King Vidor, Orson Welles e William Wyler.

Dous dos seus traballados máis destacados foron The Long Voyage Home e Cidadán Kane. En ambos os filmes, os directores John Ford e Orson Welles acreditaron a Toland en pantalla ao mesmo tempo e no mesmo tamaño que a súa acreditación como directores, un tributo pouco habitual.

Cando Franklin Delano Roosevelt creou a Office of the Coordinator of Information (predecesora da Office of Strategic Services e da Central Intelligence Agency) antes da entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, Toland foi recrutado para traballar na unidade cinematográfica da axencia.[3] Toland foi nomeado tenente no departamento de cámara da mariña, para o que realizou o seu único traballo como director, December 7th: The Movie (1943); este documental sobre o ataque a Pearl Harbor codirixido por John Ford é tan realista que foi tomado por imaxes reais do ataque. A versión de 20 minutos do filme (orixinalmente, de 82 minutos) gañou o Óscar á mellor curtametraxe documental.[4]

Toland faleceu mentres durmía o 28 de setembro de 1948, por mor dunha trombose coronaria aos 44 anos. Está enterrado no Hollywood Forever Cemetery de Hollywood, California.[5][6]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoTítuloDirectorNotas
1928The Life and Death of 9413:
A Hollywood Extra
Robert Florey
Slavko Vorkapić
codirector de fotografía con Paul Ivano
1929Queen KellyErich Von Stroheimsen acreditar
director de fotografía do final europeo dirixido por Richard Boleslawski
1929The TrespasserEdmund Gouldingcodirector de fotografía con George Barnes
1929Bulldog DrummondF. Richard Jones
1929This Is HeavenAlfred Santell
1929CondemnedWesley Ruggles
1930RafflesGeorge Fitzmaurice
1930Whoopee!Thornton Freelandcodirector de fotografía con Lee Garmes e Ray Rennahan
1930The Devil to Pay!George Fitzmauricecodirector de fotografía con George Barnes
1931IndiscreetLeo McCareycodirector de fotografía con Ray June
1931One Heavenly NightGeorge Fitzmauricecodirector de fotografía con George Barnes
1931Street SceneKing Vidor
1931Palmy DaysA. Edward Sutherland
1931The Unholy GardenGeorge Fitzmaurice
1931Tonight or NeverMervyn LeRoy
1932Play-GirlRay Enright
1932Man WantedWilliam Dieterle
1932The TenderfootRay Enright
1932The Washington MasqueradeCharles Brabin
1932The Kid from SpainLeo McCarey
1933The MasqueraderRichard Wallace
1933The NuisanceJack Conway
1933Tugboat AnnieMervyn LeRoy
1933Roman ScandalsFrank Tuttle
1934NanaDorothy Arzner
George Fitzmaurice
1934Lazy RiverGeorge B. Seitz
1934We Live AgainRouben Mamoulian
1934Forsaking All OthersW. S. Van Dyke
1935Les MisérablesRichard Boleslawski
1935Public Hero No. 1J. Walter Ruben
1935The Dark AngelSidney Franklin
1935SplendorElliott Nugent
1935Mad LoveKarl Freund
1935The Wedding NightKing Vidor
1936Camiño da gloriaHoward Hawks
1936These ThreeWilliam Wyler
1936Come and Get ItHoward Hawks
William Wyler
codirector de fotografía con Rudolph Maté
1936Beloved EnemyH. C. Potter
1937History Is Made at NightFrank Borzagecodirector de fotografía con David Abel
1937Woman Chases ManJohn G. Blystone
1937Rúa sen saídaWilliam Wyler
1938The Goldwyn FolliesGeorge Marshall
1938KidnappedAlfred L. Werker
1938The Cowboy and the LadyH. C. Potter
1939IntermezzoGregory Ratoff
1939Cumes borrascososWilliam Wyler
1939RafflesSam Wood
1939They Shall Have MusicArchie Mayo
1940As uvas da iraJohn Ford
1940The Long Voyage Home
1940O forasteiroWilliam Wyler
1940The OutlawHoward Hughesestreado en 1943
1941Cidadán KaneOrson Welles
1941A lobaWilliam Wyler
1941Bóla de fogoHoward Hawks
1943December 7th: The MovieGregg Toland
John Ford
codirector e director de fotografía
1946Os mellores anos da nosa vidaWilliam Wyler
1946Song of the SouthHarve Foster
1946The Kid from BrooklynNorman Z. McLeod
1947The Bishop's WifeHenry Koster
1948A Song is BornHoward Hawks
1948EnchantmentIrving Reis

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Premios Óscar
Ano Categoría Filme Resultado Ref.
1935Mellor fotografíaLes MisérablesNomeado[7]
1937Mellor fotografíaDead EndNomeado
1939Mellor fotografía en branco e negroWuthering HeightsGañador
Intermezzo: A Love StoryNomeado
1940The Long Voyage HomeNomeado
1941Cidadán KaneNomeado
1943Mellor curtametraxe documentalDecember 7th: The MovieGañador[4]
  1. "Top 10 Most Influential Cinematographers Voted on by Camera Guild" (Nota de prensa). Os Ánxeles: Yahoo Finance. PRNewswire. 16 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2003. Consultado o 26 de febreiro de 2020.
  2. "ICG Announces Top 10 Influential Cinematographers". Creative Planet Network (en inglés). 2014-06-09. Arquivado dende o orixinal o 2017-09-07. Consultado o 2017-12-21.
  3. P. 111 in Persico, Joseph E. 2001. Roosevelt's Secret War: FDR and World War II Espionage. Nova York: Random House. 536 pp.
  4. 1 2 "New York Times: December 7th". Movies & TV Dept. The New York Times. Baseline & All Movie Guide. 2011. Arquivado dende o orixinal o 2011-05-20. Consultado o 2008-05-26.
  5. "Gregg Toland" (en inglés). Consultado o 19 de abril de 2020.
  6. "Gregg Toland (1904 - 1948) - Find A Grave Memorial". www.findagrave.com. Consultado o 2016-02-27.
  7. "Gregg Toland - Awards". Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2020.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]