Greg Norton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Greg Norton
Nacemento13 de marzo de 1959 (60 anos)
OrixeDavenport, Iowa Flag of the United States.svg
Ocupacióngastrónomo, músico e autor-compositor
Xénerorock alternativo, hardcore punk
Instrumento(s)baixo
Relacionado conHüsker Dü, Grey Area, Gang Font feat. Interloper, Porcupine
Tempo en activo1979-presente
editar datos en Wikidata ]

Gregory James Norton, nado o 13 de marzo de 1959 en Davenport, Iowa, é un músico estadounidense coñecido por ter sido o baixista da banda de rock alternativo Hüsker Dü.[1][2] Aínda que a meirande parte das composicións do grupo foron realizadas polos seus compañeiros Bob Mould e Grant Hart, Norton contribuíu cos temas "M.T.C.," "Don't Have a Life" e "Let's Go Die" no EP de estrea do grupo, Land Speed Record.

Tras a separación de Hüsker Dü en 1988, Norton formou a banda Grey Area co enxeñeiro de Hüsker Dü Colin Mansfield e con Jo Jones. Despois de que Grey Area se separase en 1991 Norton deixou o negocio da música para centrarse na restauración, abrindo o The Norton's Restaurant (no presente pechado) en Red Wing, Minnesota. Norton regresou á música en 2006 coa nova banda Gang Font feat. Interloper.[3] O grupo está formado por Norton, Dave King (de The Bad Plus, Happy Apple, Halloween, Alaska, 12 Rods e The Love-Cars), Eric Fratzke de Zebulon Pike e Happy Apple, e Craig Taborn. No ano 2016 Greg uníuse á banda Porcupine para substituír ao seu baixista Davey Reinders.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Allmusic (ed.). "Hüsker Dü". Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  2. Gapers Block (ed.). "Looking Minnesota: Greg Norton Meets the Hüsker Düdes". Consultado o 28 de xuño de 2018. 
  3. All About Jazz (ed.). "The Gang Font Feat. Interloper: The Gang Font Feat. Interloper". Consultado o 28 de xuño de 2018.