Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gravador xefe da US Mint»)
James B. Longacre
William Barber.
John R. Sinnock
John Mercanti

O gravador xefe Casa da Moeda dos Estados Unidos (en inglés: Chief Engraver of the United States Mint) e o posto de superior nivel dentro do cadro de persoal da Casa da Moeda dos EEUU.

Historia[editar | editar a fonte]

O cargo foi creado polo Congreso dos Estados Unidos a través da Lei da Moeda (Coinage Act) do 2 de abril de 1792,[1] coa responsabilidade do deseño das moedas e do gravado dos cuños para todas as ramas da US Mint: as casas da moeda de Filadelfia, Denver, San Francisco e West Point.[2] Desde a súa creación, o posto encadrouse na estrutura do Departamento do Tesouro, que se encarga da regulación da produción de moeda circulante nos Estados Unidos.[3]

Ata 1964, cando Gilroy Roberts colleu o seu retiro, o posto era vitalicio e os oito gravadores xefe anteriores faleceran no exercicio do seu cargo.[3]

En 1991, logo da renuncia de Elizabeth Jones, o posto de gravador xefe quedou vacante e posteriormente foi abolido polo Congreso, mediante a Lei pública 104-208 de 1996.[4]

O 19 de maio de, 2006, nomeouse a John Mercanti no cargo de "supervisor de deseño e mestre especialista en desenvolvemento de ferramentas" da US Mint, o que supuña unha consideración asimilable á do 12º gravador xefe, aínda que con outra denominación e unhas atribucións lixeiramente diferentes. Esta situación mantívose ata o 3 de febreiro de 2009, cando o director da casa da moeda, Edward C. Moy, restableceu a denominación orixinal do cargo e nomeou formalmente a John Mercanti como gravador xefe. Desde ese momento, o nomeamento pasou a ter carácter temporal e só se pode estender por períodos dun ano e ata un máximo de cinco.[5][6]

En virtude dese carácter temporal do cargo, Mercanti abandonouno en 2010, e o posto ficou vacante ata febreiro de 2019, cando foi nomeado o seu substituto, Joseph Menna.[7][8]

Listaxe de gravadores xefe da US Mint[editar | editar a fonte]

Estes son os nomes dos gravadores xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos desde a fundación da institución en 1792:[3][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Coinage Act of April 2, 1792". United States Mint.
  2. "The Lost Chief Engraver: Joseph Wright". www.silvertowne.com. 12 de decembro de 2019.
  3. 3,0 3,1 3,2 "People of the US Mint and US Coins". USA Coin Book.
  4. "Public Law 104-208 - Sept. 30, 1996". Congress.gov
  5. 5,0 5,1 "John Mercanti". USA Coin Book.
  6. "Mercanti named 12th Chief Engraver of the U.S. Mint". En The E-Sylum. Vol. 12. Nº 10. 8 de marzo de 2009.
  7. "United States Mint Names New Chief Engraver!". ModernCoinMart.com. 2 de xuño de 2919.
  8. "Joe Menna Named Chief Engraver of the United States Mint". United States Mint.
  9. Tailor, S. (2008). "Chief Engravers of the U.S. Mint, Part 1: 1793-1917". Scvhistory.com
  10. Tailor, S. (2008). "Chief Engravers of the U.S. Mint, Part 2: 1917-1990". Scvhistory.com
  11. "Robert Scot". USA Coin Book.
  12. "William Kneass". USA Coin Book.
  13. "Christian Gobrecht". USA Coin Book.
  14. "Jamers B. Longacre". USA Coin Book.
  15. "William Barber". USA Coin Book.
  16. "Charles E. Barber". USA Coin Book.
  17. "George T. Morgan". USA Coin Book.
  18. "John R. Sinnock". USA Coin Book.
  19. "Gilroy Roberts". USA Coin Book.
  20. "Frank Gasparro". USA Coin Book.
  21. "Elizabeth Jones". USA Coin Book.
  22. "The Coin Analyst: Chief Engraver Joseph Menna and the U.S. Mint’s Artistic Future". En Coin Week. 22 de novembro de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]