Grandvalira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°34′N 1°38′L / 42.56, 1.64

Grandvalira
Sector Pas de la Casa
Sector Pas de la Casa
Situación Pireneos
País Andorra Andorra
Parroquias Encamp e Canillo
Información:
 - Cota mínima
 - Cota máxima
 - km. alpino
 - km. fondo
 - km. esquiábeis
 
1.710 metros
2.560 metros
210
-
-
Pistas de esquí:
 Verdes
 Azuis
 Vermellas
 Negras
 -  De fondo

20
41
35
22
si
Remontes:
 - Teleféricos
 - Telesquís
 - Telecadeiras
 - Telecabinas
 - Cintas
 - Telecordas

0
17
28
4
8
9
Neve artificial:
 - Canóns
 - Superficie

1027
110 km
Contacto:
 - Páxina web
 - Correo-e
 - Teléfono
 - Fax

www.grandvalira.com
reserves@grandvalira.com
00 376 891 800 e 931 77 05 86

Grandvalira é unha estación de esquí dos Pireneos localizada na zona leste do Principado de Andorra, nas parroquias de Encamp e Canillo. A estación está principalmente destinada para a práctica do esquí alpino e chega dende o centro da nación até o leste, onda a fronteira con Francia.

Este é o dominio esquiábel máis grande dos Pireneos e de todo o Sur de Europa, xa que ten un total de 210 quilómetros de pistas. A etación toma o seu nome do río Valira, o río máis grande de Andorra que é resultado da fusión do río Valira de Oriente e do río Valira de Occidente en Escaldes-Engordany.

Historia[editar | editar a fonte]

Grandvalira creouse no inverno de 2003 como resultado dunha fusión entre as estacións de Pas de la Casa - Grau Roig e Soldeu El Tarter. En 2007, Pas de la Casa - Grau Roig celebrou o seu 50 aniversario. O primeiro telesquí foi instalado no ano 1956 por Francesc Viladomat na cima do Coll Blanc. Este telesquí chegaba a transportar 450 equiadores á hora. Dende a fusión, a estación foi ampliada ao Cercle de Pessons e aos Cortals d'Encamp.

Os primeiros canóns de neve artificiais foron instalados en 1985. O primeiro telecadeira desembragábel de seis prazas instalouse en 1997. Estes dous feitos ocorreron na estacións de esquí de Pas de la Casa - Grau Roig.

Sectores[editar | editar a fonte]

A estación de esquí de Grandvalira conta con seis sectores diferentes:

  • Encamp (1300m, só se pode acceder á pista por telecabina)
  • Canillo (1500m, só se pode acceder á pista por telecabina)
  • O Tarter (1719 m)
  • Soldeu (1800 m)
  • Grau Roig (2120 m)
  • Pas da Casa (2100 m)
Panorama de Pas da Casa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]