Grandes Observatorios Astronómicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Foto dos Piares da Creación (nebulosa da Aguia) obtida polo telescopio Hubble

A serie de Grandes Observatorios Espaciais da NASA, a axencia espacial estadounidense, consistía nun grupo de catro grandes observatorios, baseados no espazo. O proxecto é chamado, en inglés, Great Observatories Program.

Cada un dos observatorios tiña ou ten un tamaño e un custo similares, e cada un fixo unha contribución substancial á astronomía. Cada telescopio buscou centrarse nunha banda particular do espectro electromagnético para obter unha análise máis precisa e profunda de cada espectro e así comprender mellor como naceu o Universo e como se desenvolve.

Así, en varias ocasións, o mesmo corpo celeste foi observado por diferentes telescopios, obtendo unha visión máis profunda del.

Telescopio Espacial Hubble[editar | editar a fonte]

Hubble 01.jpg

O Telescopio Espacial Hubble (HST) chamábase anteriormente "Space Telescope" (ST),

Está destinado a observar preferentemente luz ultravioleta, luz visíbel e ondas próximas ao infravermello.

Recibiu un total de 5 visitas de transbordadores espaciais, a primeira o 12-13 de decembro de 1993 [1] - para corrixir os defectos de deseño que causaban distorsión nas imaxes obtidas - e a última os días 11-24 de maio de 2009 [2] - onde recibiu unha nova actualización de equipamentos.

Foi o primeiro telescopio lanzado o 24 de abril de 1990 [3] .

Observatorio de Raios Gama Compton[editar | editar a fonte]

Gro impression.gif

O Observatorio de raios gamma Compton (Compton Gamma Ray Observatory - CGRO) chamábase anteriormente Gamma Ray Observatory (GRO).

Destinábase a observar a radiación de alta enerxía, coñecida como "radiación gamma" e podía rexistrar moitos procesos físicos no Universo, como; erupcións solares, explosións de raios gamma, púlsares, explosións de nova e supernova, emisión de quasar e interaccións de raios cósmicos co medio interestelar.

Foi o segundo telescopio que se lanzou o 5 de abril de 1991 [4]. Compton foi retirado de órbita ao ser lanzado con seguridade á atmosfera terrestre o 4 de xuño de 2000 [4].

Observatorio de Raios-X Chandra[editar | editar a fonte]

Chandra X-ray Observatory.jpg

O Observatorio de raios X Chandra (Chandra X-ray Observatory - CXO) foi nomeado anteriormente como Advanced X-ray Astronomical Facility (AXAF).

Está destinado a detectar e observar emisións de raios X, buratos negros, quasares e gases en alta temperatura, axudando aos científicos a comprenderen a estrutura e a evolución do universo. Debido á absorción de raios X pola atmosfera terrestre, o observatorio debe orbitar por riba dela, a unha altitude de 139.000 km no espazo.

Foi o terceiro telescopio a ser lanzado, no 23 de xullo de 1999 [5] .

Telescopio espacial Spitzer[editar | editar a fonte]

Spitzer space telescope.jpg

O Telescopio Espacial Spitzer (Spitzer Space Telescope - SST) foi denominado anteriormente como Space Infra-red Telescope Facility (SIRTF).

Está destinado a observar radiación infravermella. Debido á absorción deste tipo de radiación pola atmosfera terrestre, é necesario que el permaneza fóra da atmosfera, permitindo o estudo de partes ocultas de telescopios terrestres como; o centro de galaxias e formacións de novos sistemas planetarios.

Para funcionar correctamente, precisa ser simultaneamente aquecido e arrefriado até poucos graos por encima do cero absoluto - 0º K (-459º F ou -273º C). O telescopio foi deseñado para durar uns 2,5 anos, pero a fase de arrefriamento durou uns 5,5 anos, completándose o 15 de maio de 2009 [6], dando comezo á "misión de quecemento". Spitzer pode seguir operando até finais da década.

Foi o cuarto telescopio en ser lanzado, no 25 de agosto de 2003[7] .

Estado do programa[editar | editar a fonte]

De todos estes satélites, só o Compton non está operativo. Un dos seus xiroscopios fallou e a NASA optou por lanzalo contra a atmosfera, de forma segura, no 4 de xuño de 2000. A NASA anunciou oficialmente que desactivará o Hubble no futuro, pero en maio de 2009, unha misión tripulada do transbordador espacial Atlantis, comandada polo astronauta Scott Altman, realizou un mantemento do seu equipo e o intercambio doutros que lle deron unha supervivencia de outros 4 ou 5 anos máis.

Spitzer foi o único dos Grandes Observatorios que non foi lanzado a bordo dun transbordador espacial. Orixinalmente pretendíase usalo, pero debido ao desastre do Columbia, decidiuse usar o foguete Delta II, que o colocou nunha órbita heliocéntrica.

Os sucesores do programa orixinal[editar | editar a fonte]

James Webb Space Telescope[editar | editar a fonte]

James Webb Space Telescope.jpg

O telescopio espacial James Webb ou JWST é un proxecto de telescopio espacial co propósito de captar radiación infravermella. O telescopio JWST deberá observar a formación das primeiras galaxias, estrelas e planetas, estudar a súa evolución e ver a produción dos elementos formados polas estrelas. Tras ser adiado varias veces desde 2018, está previsto o seu lanzamento polo foguete Ariane 5 desde a Guiana Francesa en outubro de 2021. [8]

Constellation-X[editar | editar a fonte]

Constellation-X é o deseño dun telescopio espacial de raios X operado pola NASA. Abre unha nova xanela de raios X para a astrofísica, xa que pode ver buratos negros súper masivos e, como resultado, fai películas desde a órbita do burato negro e quizais alén do Horizonte de sucesos.

Telescopio espacial de raios gamma Fermi[editar | editar a fonte]

Diagram of the GLAST instrument.jpg

O Fermi Gamma-ray Space Telescope, foi denominado anteriormente como "Gamma-ray Large Area Space Telescope (GLAST).[9]

É un potente observatorio espacial deseñado para observar o comportamento da radiación de alta enerxía. Fermi permite aos científicos responder a preguntas persistentes sobre unha ampla gama de temas, incluíndo: sistemas de buratos negros supermasivos, púlsares, a orixe dos raios cósmicos e investigación de sinais "Nova Física". [10]

O telescopio foi lanzado o 11 de xuño de 2008 [11] e despois de 5 anos en funcionamento entrou na fase prolongada da misión. [12] O seu nome é en homenaxe ao astrónomo italiano Enrico Fermi.

INTEGRAL[editar | editar a fonte]

O laboratorio internacional de astrofísica de raios gamma INTErnational Gamma-Ray Astrophysics Laboratory (INTEGRAL) é un telescopio co propósito de detectar parte da radiación enerxética que se emite ao espazo. [13]

É o observatorio de raios gamma máis sensíbel que se puxo en marcha. INTEGRAL ofrece unha nova visión dos obxectos máis violentos e exóticos do Universo, como buratos negros, estrelas de neutróns e supernovas, axudando tamén a comprender o proceso de formación de novos elementos químicos e a misteriosa explosión de raios gamma, o fenómeno máis enerxético do Universo. [14]

INTEGRAL é unha misión da ESA en cooperación coa Axencia Espacial Rusa e a NASA. [15] O lanzamento tivo lugar o 17 de outubro de 2002, no cosmodromo de Baikonur en Casaquistán. [16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Hubble Program - Servicing Missions - SM1". Consultado o 2015-07-21. 
  2. "The Hubble Program - Servicing Missions - SM3B". Consultado o 2015-07-21. 
  3. "The Hubble Program - Servicing Missions - Deployment". Consultado o 2015-07-21. 
  4. 4,0 4,1 "CGRO Science Support Center". Consultado o 2015-07-21. 
  5. "Chandra :: About Chandra". Consultado o 2015-07-21. 
  6. "Mission Overview - NASA Spitzer Space Telescope". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 2015-07-21. 
  7. "Fast Facts - NASA Spitzer Space Telescope". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2020. Consultado o 2015-07-21. 
  8. "The James Webb Space Telescope". Consultado o 2015-07-21. 
  9. "NASA - NASA Renames Observatory For Fermi, Reveals Entire Gamma-Ray Sky". Consultado o 2015-07-22. 
  10. "About the Fermi Gamma-ray Space Telescope". Consultado o 2015-07-22. 
  11. "NASA - Launch of GLAST Aboard a Delta II Rocket". Consultado o 2015-07-22.  Carácter salto de liña en |título= na posición 8 (Axuda)
  12. "About the Fermi Gamma-ray Space Telescope". Consultado o 2015-07-22. 
  13. "ESA Science & Technology: Summary". Consultado o 2015-07-22. 
  14. "ESA Science & Technology: Objectives". Consultado o 2015-07-22. 
  15. "ESA Science & Technology: INTEGRAL". Consultado o 2015-07-22. 
  16. "Launch vehicle". 28 de maio de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2017.