Grande exército de verán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O grande exército de verán foi unha segunda arremetida dos viquingos daneses que tivo lugar no verán de 871 seguindo ao grande exército pagán na conquista de Inglaterra, esta vez encabezados polo caudillo Bagsecg, sumando as súas forzas ás xa existentes de Halfdan Ragnarsson que combatía aos pictos no norte, e Guthrum, acompañado de dous lugartenentes chamados Oskytel e Anwend polo sur[1][2][3]. En 876 sumáronse máis forzas que serviron para gañar a batalla de Wareham[4]. Alfredo o Grande devolveu o golpe e finalmente conseguiu a vitoria sobre o exército nórdico na Batalla de Ethandun en 878, forzando o Tratado de Wedmore; no entanto, considérase unha vitoria pírrica, pois non serviu para evitar que os escandinavos se asentasen e lograsen crear o Danelaw, enclave viquingo que durante décadas (até 954) había dominar o nordés das Illas Británicas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hooper, Nicholas Hooper & Bennett, Matthew The Cambridge Illustrated Atlas of Warfare: the Middle Ages, p. 22
  2. History of Britain and Ireland, Dorling Kindersley Ltd, 2011, ISBN 1405366524 p. 47.
  3. The Vikings 793-1066 Ian Heat-Angus McBride (1985) ISBN 0-85045-565-0 p. 12
  4. Dumville, David N. (2008), The Viking World, Stefan Brink and Neil Price (ed.), Routledge (publ.), New York, ISBN 0-203-41277-X, p. 342.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]