Saltar ao contido

Gran Premio de Qatar de 2025

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio de Qatar de 2025
Imaxe
TipoGran Premio de Fórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2025 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento57 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto Internacional de Losail (Lusail) 25°29′24″N 51°27′15″L / 25.49, 51.4542 Editar o valor en Wikidata
PaísQatar Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo28 de novembro de 2025 – 30 de novembro de 2025 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoMax Verstappen (Red Bull Racing) tempo de carreira: 1:24:38,241.  57 volta. Editar o valor en Wikidata
Pole positionOscar Piastri Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialformula1.com… Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio de Qatar de Fórmula 1 de 2025 (oficialmente Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025) foi unha carreira de Fórmula 1 que se disputou o 30 de novembro de 2025 no Circuíto Internacional de Losail de Doha, Qatar. Esta foi a cuarta edición do Gran Premio de Qatar que contou para o Campionato do Mundo de Fórmula 1 e a vixésimo terceira proba do Campionato de 2025 e a última fin de semana de Gran Premio da tempada en utilizar o formato de carreiras de sprint.

O provedor de pneumáticos Pirelli decidiu aplicar un límite de 25 voltas aos pneumáticos durante todo o fin de semana, similar ao límite establecido na edición de 2023 da carreira. Oscar Piastri (McLaren) conseguiu a pole position no sprint.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

O evento celebrouse no Circuíto Internacional de Losail en Lusail por cuarta vez na historia do circuíto, durante a fin de semana do 28 ao 30 de novembro.[1] O Gran Premio foi a vixésimo terceira rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2025 e a cuarta edición do Gran Premio de Qatar.[2] Tamén será o sexto e último Gran Premio da tempada que utilizará a carreira de Fórmula Un cun fin de semana ao sprint e a terceira vez en xeral que o Gran Premio de Qatar o incluirá.[3]

Clasificación do campionato antes da carreira

[editar | editar a fonte]

De cara á fin de semana, Lando Norris lideraba a Campionato de Pilotos con 390 puntos, 24 puntos por diante do seu compañeiro de equipo Oscar Piastri e Max Verstappen, que son segundo e terceiro, respectivamente. McLaren, que gañou o Campionato de Construtores no Gran Premio de Singapur, lideraba con 756 puntos por diante de Mercedes e Red Bull Racing, que eran segundo e terceiro con 431 e 391 puntos, respectivamente.[4]

Permutacións do campionato

[editar | editar a fonte]

O líder do Campionato Mundial de Pilotos, Lando Norris, ten a oportunidade de asegurar o seu primeiro título neste evento e o primeiro Campionato de Pilotos de McLaren desde 2008. Norris converterase en Campión do Mundo se supera a Piastri e Verstappen en dous puntos durante a fin de semana. O título non se pode decidir despois do sprint.[5]

Pneumáticos dispoñibles

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Pneumáticos de Fórmula 1.

O provedor de pneumáticos Pirelli levou os compostos de pneumáticos C1, C2 e C3 (os tres máis duros da súa gama) designados como duro, medio e brando, respectivamente, para que os equipos os usasen no evento.[6]

Introducirase un límite de 25 voltas ao longo da fin de semana de carreira para cada xogo de pneumáticos. Dado que o Gran Premio está programado para durar 57 voltas, cada piloto deberá cambiar os pneumáticos polo menos dúas veces. A diferenza da carreira de 2023, as voltas realizadas co coche de seguridade ou o coche de seguridade virtual contarán para o límite.[7][8]

Pneus dispoñibles para Losail
Para pista seca Pneus para chuvia
Représentation des pneus durs
Duros
(Tipo C1)
Représentation des pneus medium
sans_cadre
Medios
(Tipo C2)
Représentation des pneus tendres
Brandos
(Tipo C3)
Représentation des pneus intermédiaires
Intermedios
Représentation des pneus pluie
Chuvia

Penalizacións

[editar | editar a fonte]

Gabriel Bortoleto (Sauber) recibíu unha penalización de cinco posicións na grella da carreira principal por causar unha colisión con Lance Stroll (Aston Martin) no Gran Premio de Las Vegas anterior.[9]

Prácticas

[editar | editar a fonte]

A única sesión de prácticas libres celebrouse o 28 de novembro de 2025, ás 16:30 hora local (UTC+3), e liderouna Oscar Piastri por diante do seu compañeiro de equipo Lando Norris (ambos McLaren) e Fernando Alonso (Aston Martin).[10]

Clasificación sprint

[editar | editar a fonte]

A cualificación ao sprint celebrouse o 28 de novembro de 2025 ás 20:30 hora local (UTC+3) e determinou a orde da grella de saída para o sprint.[10]

Informe de clasificación sprint

[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que a clasificación regular, a clasificación sprint constou de tres sesións, e os cinco pilotos cos peores tempos por volta quedaron eliminados despois de cada unha das dúas primeiras quendas. Para as dúas primeiras sesións, o uso de pneumáticos medios novos foi obrigatorio, mentres que a terceira e última quenda permitiu aos equipos usar calquera xogo de pneumáticos brandos.[11]

Durante a primeira quenda (SQ1), que durou doce minutos, Pierre Gasly e Franco Colapinto (ambos do Alpine) foron eliminados, ademais de Lance Stroll (Aston Martin), Liam Lawson (Racing Bulls) e Lewis Hamilton (Ferrari).[11][12][13] A segunda quenda(SQ2), que durou dez minutos, viu as eliminacións de Oliver Bearman e Esteban Ocon (ambos do Haas), Gabriel Bortoleto e Nico Hülkenberg (ambos Sauber) e Isack Hadjar (Racing Bulls).[11][12][13]

A terceira quenda (SQ3) durou oito minutos e determinou a orde final dos dez pilotos restantes. Oscar Piastri (McLaren) conseguiu a pole position por diante de George Russell (Mercedes) en segundo lugar, e do compañeiro de equipo de Piastri Lando Norris en terceiro. Fernando Alonso (Aston Martin) e Yuki Tsunoda (Red Bull) terminaron en cuarto e quinto lugar, respectivamente, ambos rexistrando as súas posicións de saída máis altas da tempada. Max Verstappen, que se atopou por detrás dun compañeiro de equipo en calquera sesión competitiva por primeira vez desde o Gran Premio de Acerbaixán de 2024, Andrea Kimi Antonelli, Carlos Sainz, Charles Leclerc e Alexander Albon completaron o resto dos dez primeiros postos.[11][12][13]

Clasificación da clasificación sprint

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos cualificación Sprint
grella
SQ1 SQ2 SQ3
1 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:21.286 1:21.005 1:20.055 1
2 63 George Russell Mercedes 1:21.432 1:21.136 1:20.087 2
3 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:21.398 1:20.956 1:20.285 3
4 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:21.276 1:21.272 1:20.450 4
5 22 Yuki Tsunoda Red Bull Racing-Honda RBPT 1:21.458 1:21.152 1:20.519 5
6 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:21.172 1:21.036 1:20.528 6
7 12 Italia Andrea Kimi Antonelli Mercedes 1:21.555 1:21.376 1:20.532 7
8 55 España Carlos Sainz Williams-Mercedes 1:21.438 1:21.172 1:20.542 8
9 16 Charles Leclerc Ferrari 1:21.636 1:21.190 1:20.622 9
10 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:21.721 1:21.212 1:20.788 10
11 6 Francia Isack Hadjar Racing Bulls-Honda RBPT 1:21.399 1:21.433 11
12 87 Oliver Bearman Haas-Ferrari 1:21.526 1:21.494 12
13 5 Gabriel Bortoleto Kick Sauber-Ferrari 1:21.623 1:21.567 13
14 27 Alemaña Nico Hülkenberg Kick Sauber-Ferrari 1:21.327 1:21.631 14
15 31 Francia Esteban Ocon Haas-Ferrari 1:21.773 1:21.666 15
16 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:21.807 PL[14]
17 30 Liam Lawson Racing Bulls-Honda RBPT 1:21.851 16
18 44 Lewis Hamilton Ferrari 1:22.043 PL[14]
19 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:22.112 PL[14]
20 43 Franco Colapinto Alpine-Renault 1:22.364 PL[14]
107% tempo: 1:26.854
Fonte:[15][16]

O sprint celebrouse o 29 de novembro de 2025 ás 17:00 hora local (UTC+3) e tivo unha duración de 19 voltas.[10][17]

Clasificación sprint

[editar | editar a fonte]
Pos.| Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 19 26:51.033 1 8
2 63 George Russell Mercedes 19 +4.951 2 7
3 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 19 +6.279 3 6
4 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 19 +9.054 6 5
5 22 Yuki Tsunoda Red Bull Racing-Honda RBPT 19 +19.327[18] 5 4
6 12 Italia Andrea Kimi Antonelli Mercedes 19 +21.391[19] 7 3
7 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 19 +24.556 4 2
8 55 España Carlos Sainz Williams-Mercedes 19 +27.333 8 1
9 6 Francia Isack Hadjar Racing Bulls-Honda RBPT 19 +28.206 11
10 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 19 +28.925 10
11 5 Gabriel Bortoleto Kick Sauber-Ferrari 19 +32.966 13
12 87 Oliver Bearman Haas-Ferrari 19 +34.529 12
13 16 Charles Leclerc Ferrari 19 +35.182 9
14 30 Liam Lawson Racing Bulls-Honda RBPT 19 +36.916 16
15 31 Francia Esteban Ocon Haas-Ferrari 19 +38.838 15
16 27 Alemaña Nico Hülkenberg Kick Sauber-Ferrari 19 +39.638 14
17 44 Lewis Hamilton Ferrari 19 +46.171 PL
18 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 19 +1:09.534 PL
19 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 19 +1:17.960 PL
20 43 Franco Colapinto Alpine-Renault 19 +1:20.804 PL
Fonte:[16][20]

Cualificación

[editar | editar a fonte]

A cualificación celebrouse o 29 de novembro de 2025 ás 21:00 hora local (UTC+3) e determinou a orde da grella de saída para a carreira principal.[10]

Clasificación da cualificación

[editar | editar a fonte]
Pos. Piloto Construtor Tempos cuaificación Grella
final
Q1 Q2 Q3
1 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 1:20.234 1:19.650 1:19.387 1
2 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 1:20.157 1:19.861 1:19.495 19[21]
3 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 1:20.472 1:19.985 1:19.651 2
4 63 George Russell Mercedes 1:20.074 1:20.186 1:19.662 3
5 12 Italia Andrea Kimi Antonelli Mercedes 1:20.576 1:20.084 1:19.846 4
6 6 Francia Isack Hadjar Racing Bulls-Honda RBPT 1:20.603 1:20.350 1:20.114 5
7 55 España Carlos Sainz Williams-Mercedes 1:20.520 1:20.251 1:20.287 6
8 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 1:20.598 1:20.219 1:20.418 7
9 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 1:20.681 1:20.324 1:20.477 8
10 16 Charles Leclerc Ferrari 1:20.564 1:20.343 1:20.561 9
11 27 Alemaña Nico Hülkenberg Kick Sauber-Ferrari 1:20.630 1:20.353 10
12 30 Liam Lawson Racing Bulls-Honda RBPT 1:20.539 1:20.433 11
13 87 Oliver Bearman Haas-Ferrari 1:20.548 1:20.438 12
14 5 Gabriel Bortoleto Kick Sauber-Ferrari 1:20.653 1:20.534 20[22]
15 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 1:20.629 1:20.629 13
16 22 Yuki Tsunoda Red Bull Racing-Honda RBPT 1:20.761 14
17 31 Francia Esteban Ocon Haas-Ferrari 1:20.864 15
18 44 Lewis Hamilton Ferrari 1:20.907 16
19 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 1:21.058 17
20 43 Franco Colapinto Alpine-Renault 1:21.137 18
107% tempo: 1:25.679
Fonte:[23][24]

A carreira celebrouse o 30 de novembro de 2025, ás 19:00 hora local (UTC+3), e tivo unha duración de 57 voltas.[10]

Pos. Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1 Países Baixos Max Verstappen Red Bull Racing-Honda RBPT 57 1:24:38.241 3 25
2 81 Australia Oscar Piastri McLaren-Mercedes 57 +7.995 1 18
3 55 España Carlos Sainz Williams-Mercedes 57 +22.665 7 15
4 4 Lando Norris McLaren-Mercedes 57 +23.315 2 12
5 12 Italia Andrea Kimi Antonelli Mercedes 57 +28.317 5 10
6 63 George Russell Mercedes 57 +48.599 4 8
7 14 España Fernando Alonso Aston Martin Aramco-Mercedes 57 +54.045 8 6
8 16 Charles Leclerc Ferrari 57 +56.785 10 4
9 30 Liam Lawson Racing Bulls-Honda RBPT 57 +1:00.073 12 2
10 22 Yuki Tsunoda Red Bull Racing-Honda RBPT 57 +1:01.770 15 1
11 23 Tailandia Alexander Albon Williams-Mercedes 57 +1:06.931 14
12 44 Lewis Hamilton Ferrari 57 +1:17.730 17
13 5 Gabriel Bortoleto Kick Sauber-Ferrari 57 +1:24.812 19
14 43 Franco Colapinto Alpine-Renault 56 +1 volta PL
15 31 Francia Esteban Ocon Haas-Ferrari 56 +1 volta 16
16 10 Francia Pierre Gasly Alpine-Renault 56 +1 volta 9
17[25] 18 Lance Stroll Aston Martin Aramco-Mercedes 55 18
18[26] 6 Francia Isack Hadjar Racing Bulls-Honda RBPT 55 Picada 6
Ret 87 Oliver Bearman Haas-Ferrari 41 13
Ret 27 Alemaña Nico Hülkenberg Kick Sauber-Ferrari 6 Colisión 11
Fonte:[24][27][28]

Posicións logo da carreira

[editar | editar a fonte]
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación..
  • O competidor marcado en negra e cun asterisco é o Campión do Mundo de Construtores de 2025.


Carreira anterior:
Gran Premio de Las Vegas de 2025
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2025
Carreira seguinte:
Gran Premio de Abu Zabi de 2025
Carreira anterior:
Gran Premio de Qatar de 2024
Gran Premio de Qatar Carreira seguinte:
Gran Premio de Qatar de 2026
  1. "Lusail". StatsF1.com. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  2. "Grands Prix Qatar". StatsF1.com. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  3. "FIA and Formula 1 announce 2025 Sprint calendar". Formula1.com. 11 de xullo de 2024. Consultado o 21 de xullo de 2025. 
  4. "Las Vegas 2025 – Championship". StatsF1.com. 23 de novembro de 2025. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  5. "Permutacións do campionato: Pode Norris aínda gañar o título en Qatar despois da súa descalificación en Las Vegas?". Formula 1.com. 25 de novembro de 2025. Consultado o 25 de novembro de 2025. 
  6. "Another desert, this time in Doha". Pirelli.com. 26 de novembro de 2025. Consultado o 26 de novembro de 2025. 
  7. "A maximum of 25 laps per tyre set in Qatar". Pirelli.com. 17 de novembro de 2025. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  8. Smith, Luke (17 de novembro de 2025). "Pirelli enforces maximum stint length for Qatar GP over tire wear concerns". The New York Times. Consultado o 25 de novembro de 2025. 
  9. "Bortoleto handed five-place grid penalty for Turn 1 crash with Stroll in Las Vegas". Formula 1.com. 23 de novembro de 2025. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Qatar Grand Prix 2025 – F1 Race". Formula 1. Consultado o 23 de novembro de 2025. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 "Piastri beats Russell and Norris to Qatar Sprint pole as Verstappen left in sixth". Formula One. Consultado o 28 de novembro de 2025. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Boxall-Legge, Jake. "F1 Qatar GP: Oscar Piastri takes sprint race pole from George Russell and Lando Norris". Motorsport.com. Consultado o 28 de novembro de 2025. 
  13. 13,0 13,1 13,2 "2025 F1 Qatar Grand Prix - Sprint qualifying results". Racingnews365.com. Consultado o 28 de novembro de 2025. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 Lance Stroll, Lewis Hamilton, Pierre Gasly e Franco Colapinto cualificaron nos postos 16º, 18º, 19º e 20º, respectivamente, pero tiveron que comezar o sprint desde o pit lane xa que os seus coches foron modificados en condicións de parque pechado.
  15. "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Sprint Qualifying". Formula 1. 28 de novembro de 2025. Consultado o 28 de novembro de 2025. 
  16. 16,0 16,1 "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Sprint Grid". Formula 1. 28 de novembro de 2025. Consultado o 28 de novembro de 2025. 
  17. "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Full timetable". Formula1.com (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2025. 
  18. Yuki Tsunoda e Andrea Kimi Antonelli recibiron unha penalización de cinco segundos por exceder os límites da pista. As súas posicións finais non se viron afectadas pola penalización.
  19. Yuki Tsunoda e Andrea Kimi Antonelli recibiron unha penalización de cinco segundos por exceder os límites da pista. As súas posicións finais non se viron afectadas pola penalización.
  20. "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Sprint". Formula 1. 29 de novembro de 2025. Consultado o 29 de novembro de 2025. 
  21. Lando Norris tivo que comezar a carreira desde o fondo da grella por superar a súa cota de elementos da unidade de potencia.
  22. Gabriel Bortoleto recibiu unha penalización de cinco posicións na grella por causar unha colisión con Lance Stroll no Gran Premio de Las Vegas anterior.
  23. "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Qualifying". Formula 1. 29 de novembro de 2025. Consultado o 29 de novembro de 2025. 
  24. 24,0 24,1 "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Starting Grid". Formula 1. 29 de novembro de 2025. Consultado o 29 de novembro de 2025. 
  25. Lance Stroll e Isack Hadjar clasificáronse ao completar máis do 90 % da distancia da carreira.
  26. Lance Stroll e Isack Hadjar clasificáronse ao completar máis do 90 % da distancia da carreira.
  27. "Formula 1 Qatar Airways Qatar Grand Prix 2025 – Race Result". Formula 1. 30 de novembro de 2025. Consultado o 30 de novembro de 2025. 
  28. "Qatar 2025 – Result". StatsF1. Consultado o 30 de novembro de 2025. 
  29. 29,0 29,1 "Qatar 2025 – Championship". StatsF1.com. 30 de novembro de 2025. Consultado o 30 de novembro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]