Distribúese polas montañas costeiras do norte de Venezuela, e ó longo dos Andes, dende o noroeste de Venezuela, por Colombia, Ecuador, até o norte do Perú.
Está amplamente difundido e común no chan ou preto del, no seu hábitat natural de bosques húmidos de montaña tropicais ou subtropicais, e os seus bordos, principalmente entre os 1900 e os 3100msnm de altitude.[1] Non se atopa ameazado.
↑Ridgely, Robert and Guy Tudor. 2009, Grallaria ruficapilla, p. 377 en Field guide to the songbirds of South America: the passerines – 1st ed. – (Mildred Wyatt-World series in ornithology). ISBN 978-0-292-71748-0