Grace Warrack
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1855 ![]() Edimburgo, Reino Unido ![]() |
Morte | 3 de xaneiro de 1932 ![]() Edimburgo, Reino Unido ![]() |
Actividade | |
Ocupación | artista ![]() |
Grace Harriet Warrack, nada o 29 de marzo de 1855 e finada o 3 de xaneiro de 1932, foi unha editora e tradutora escocesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Grace Warrack naceu en Edimburgo o 29 de marzo de 1855, a terceira filla de John Warrack, de Aberdeen, e Grace Stratton, de Dunkeld.[1]
En 1901, Warrack editou a obra Revelations of Divine Love, da mística medieval Xiana de Norwich (c. 1343-c. 1416), a partir do manuscrito Sloane 2499 atopado no Museo Británico. Trátase dunha tradución do inglés medio ao moderno que achegou a escrita da anacoreta ao público do século XX. A portada foi ilustrada pola artista irlandesa Phoebe Anna Traquair (1852-1936). Warrack publicou tamén escolmas de literatura popular italiana e de poesía francesa.[2] Recibiu as Palmes académiques do Ministerio de Instrución Pública francés polo seu interese na literatura do país.[2][3]
Warrack traballou tamén co artista de vidreiras Douglas Strachan (1875-1950) para deseñar as fiestras da High Kirk da Igrexa Libre de Escocia (na actualidade, a New College Library da Universidade de Edimburgo).[4] Impresionada pola súa obra, fíxolle varios encargos en Edimburgo. A súa intención era elaborar unha serie de fiestras en lembranza da súa familia, de célebres misioneiros e heroes, e mais dos seus ídolos literarios. O proxecto levou vinte anos por parte de Strachan, e a propia Warrack dedicou meses avaliando o deseño de cada ventá.[3]
Warrack finou o 3 de xaneiro de 1932.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Revelations of Divine Love (1901)
- Little Flowers of a Childhood: The Record of a Child (1906)
- Florilegio di canti toscani: Folk Songs of the Tuscan Hills (1914)
- From Isles of the West to Bethelehem (1921)
- Une guirlande de poésies diverses (1923)
- Dal cor gentil d'Italia (1925)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Who's Who & Who Was Who 2007.
- ↑ 2,0 2,1 The Scotsman 1932.
- ↑ 3,0 3,1 Watt 1946, pp. 176-178.
- ↑ Cloverodgers 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cloverodgers (2018). "The woman behind the windows at New College Library". New College Librarian (en inglés). Consultado o 11-12-2024.
- The Scotsman (1932). "The Late Miss Grace H. Warrack". The Scotsman (en inglés). Consultado o 11-12-2024.
- Watt, Hugh (1946). New College, Edinburgh: A Centenary History (en inglés). Oliver and Boyd.
- Who's Who & Who Was Who (2007). "Warrack, Grace Harriet, (1855–3 Jan. 1932)". Who's Who & Who Was Who (en inglés). doi:10.1093/ww/9780199540884.013.U218803. Consultado o 11-12-2024.