Grażyna Kulczyk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Grażyna Kulczyk
Grażyna Kulczyk (19-10-2012).jpg
Nacemento5 de novembro de 1950
Lugar de nacementoPoznań
NacionalidadePolonia
Alma máterAdam Mickiewicz University in Poznań e Faculty of Law and Administration of Adam Mickiewicz University in Poznań
Ocupaciónemprendedora
CónxuxeJan Kulczyk
editar datos en Wikidata ]

Grazyna Kulczyk, nada en Poznań o 5 de novembro de 1950 é unha empresaria e coleccionista de arte polaca, considerada unha das mulleres máis ricas do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na Universidade Adam Mickiewicz da súa localidade, acadando o posto de xuíz e traballando no Instituto de Dereito Civil da mesma universidade.

Tras casar co oligarca Jan Kulczyk entrou na elite social e tralo seu divorcio (do cal ten dous fillos: Sebastián e Dominika Kulczyk) aumentou a súa fortuna e comezou o mecenado e a promoción da arte contemporánea, converténdose na máis importante coleccionista de arte de Europa Central. Como empresaria Grażyna Kulczyk investiu en empresas estranxeiras que tiñan filiais polacas, reinvestindo á súa vez no sector da construción en Poznan seguindo a súa idea combinar arte e negocios no seu crecemento empresarial. Un dos seus maiores proxectos foi a construción e administración de Stary Browar (un edificio que antes era unha fábrica de cervexa e agora alberga unha combinación de centro comercial e galería de arte ao lado dun dos maiores edificios de oficinas do país).

A súa colección de arte ("colección CG") comezouna a construír durante os seus estudos. Orixinalmente creada a base de obras tanto de artistas polacos (Andrzej Wroblewski, Tadeusz Kantor, Wladyslaw Strzeminski, Alina Szapocznikow, Zofia Kulik, Paul Althamer, Pedro Uklański...) como de estranxeiros (Donald Judd, Yayoi Kusama, Sam Francis, Jenny Holzer, Joan Mitchell, Anselm Kiefer, Rosemarie Trockel, Andy Warhol, Rafael Lozano-Hemmer ou Andreas Gursky). Algunhas obras da colección atópanse de forma permanentemente nos espazos da antiga fábrica de cervexa de Poznań, o que revitalizou a zona anteriormente industrial da cidade.

En 2004 instituíu a Fundación "Estacións de Arte", que ten como obxectivo declarado aumentar o acceso público á cultura, a arte e a educación, a sensibilización e o apoio cívico e cultural para as persoas que estean especialmente dotadas. Tamén se involucra noutras actividades culturais, como a organización do festival anual mundial da moda e a arte polaca. Xunto a Honza Zamojski, fundou a gaceta Mundine.

Postos directivos[editar | editar a fonte]

  • Membro da Xunta Directiva da Sociedade da Gran Polonia para o Fomento das Belas Artes
  • Membro do Consello Social do Museo de Arte de Lodz.
  • Membro de Honor da Comisión de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Academia de Ciencias de Polonia.
  • Membro do Consello Nacional do Creativity Foundation Centre (organizadora do carrusel Coolture).
  • Membro da Fundación e Fundación Malta (Malta Festival Poznań).
  • Membro do Consello Internacional de Centros Comerciais (ICSC)
  • Patrocinadora da Kunsthalle Zúric.
  • Membro da Tate Modern de Rusia e Europa do Leste (Comité de Adquisición).

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Atlas 2003, outorgado por Art & Business Club.
  • Premio Bertelsmann 2004 pola súa contribución á promoción da cultura polaca.
  • 2007 Persoa do Ano na edición polaca de Forbes
  • 2010 Muller do ano, outorgado pola Asociación de Dress For Success Polonia.
  • 2010 Vector 2010, outorgado pola organización de Empresarios de Polonia.
  • 2011 Gañadora da "Actividade das mulleres na Baixa Silesia", na categoría diálogo civil e social, que outorga a Asociación "A actividade das mulleres na Baixa Silesia".
  • 2013 Premio Europeo Trebbia para a promoción da cultura e as artes, que outorga a fundación Trebbia Checa.