Saltar ao contido

Graça Foles Amiguinho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGraça Foles Amiguinho

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1946 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Elvas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra, poetisa Editar o valor en Wikidata

Facebook: cantinhoda.poesia.1 Editar o valor en Wikidata

Maria da Graça Foles Amiguinho Barros, tamén coñecida como Graça Foles Amiguinho, Graça Amiguinho e Mary Foles, nada en Santa Eulália (Elvas) o 13 de febreiro de 1946, é unha mestra e escritora portuguesa.[1] Moi ligada á Galiza, promoveu a unión de escritores de Portugal, Galiza, Asturias, Estremadura e Brasil en 9 escolmas, desde 2019.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi bolseira da Fundación Calouste Gulbenkian, estudou en Portalegre e foi Profesora do Ensino Básico en Vila Nova de Gaia, onde tamén fixo un programa de radio sobre educación.

Comezou a escribir poesía en 2005 a raíz de mancarse nunha caída. En 2015 comezou a escribir no Jornal Elvasnews. En 2017 entrou na Academia Mundial da Cultura e Literatura do Brasil, onde ocupou a cadeira 39.[2] Colabora en Pontevedra en De vella a bella.[3]

As súas obras teñen como tema de relevancia o amor, a fraternidade e o respecto por todos os seres.

  • O meu sentir (2006). Papiro Editora. Poesía intimista. ISBN 989-8056-05-3.
  • Alma Alentejana (2018). Oito poemas foron cantados Berta Miranda. Fot. Jacinto César, José Manuel Jesus Silva; aguarelas António Luís Silva. ISBN 978-989-691-755-5.
  • Não te disse Adeus (2019). ISBN 978-989-33-0221-7.
  • Meu Alentejo Raízes (2021). Ilustrado polo fillo Rui Barros. 222. páxs.
  • Meu Alentejo, Saudade (2022). 111 páxs.
  • Poesia e Arte (2022). Con Rui Barros. 100 páxs.
  • Cães e Gatos, Animais de estimação (2022). Idrys. Co seu fillo Rui Barros. Infantil. 52 páxs.
  • Amor na Guerra (2023). Novela co prólogo da embaixadora da Ucraína en Portugal. 221 páxs.
  • Contos de Natal/Nadal. Portugal Galiza Asturias Brasil (2023). Andrómena Senlleira. ISBN 978-84-127683-1-2.
  • O Diário de Eugene. Guerra da Ucrânia deportada de Bakhmut para a Crimeia (2023). Andrómena Senlleira. ISBN 978-84-127683-0-5.
  • Para além de mim (2024). Poesiafaclube. Escolla de poemas ao longo de 20 anos. ISBN 978-989-569-768-7.
  • Uma Conversa Sobre Abril. Portugal antes e depois do 25 de abril de 1974 (2025). Cordel D' Prata. 122 páxs. ISBN 9789895854837.[4]
  • Fátimah. A moura encantada do Castelo de -Alba- Elvas (2025). Novela.[5]
  • Uma Alentejana no Porto (2025). Andrómena Senlleira. 216 páxs. ISBN 9788412768367.

Como Graça Amiguinho

[editar | editar a fonte]
  • Solsticios da miña vida (2025). Traducido ao galego por Armando González López. Edición de Avelino Jácome Iglesias.

Como Mary Foles

[editar | editar a fonte]

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Elvas à Vista (2019)
  • Eurocidade, Badajoz, Elvas, Campo Maior (2019).
  • Raia Luso Espanhola (2020). Imp. Grafivedras. ISBN 978-989-33-0544-7.
  • Cultura sem fronteiras (2021). ISBN 978-989-33-1901-7
  • Abraço de Culturas (2022). Literatura e Artes.
  • Histórias de encantar (2023). Escritores portugueses, galegos e asturianos. Pontevedra.
  • Paz, esperança, liberdade (2023). Autores galegos e portugueses.
  • Colectânea 2024, Sempre Abril. 50 Anos Da Revolução Dos Cravos - 500 Anos Do Nascimento De Luís Vaz De Camões (2024).
  • Caminho. Décima coletânea internacional (2024).
  • 12ª Colectánea Galaico-Portuguesa Internacional “Tod@s” (2025).
  1. "Entrevista com a nossa autora Graça Amiguinho". Poesia Fã Clube (en portugués). 2024-03-14. Consultado o 2026-02-04.
  2. "MARIA DA GRAÇA FOLES AMIGUINHO BARROS". Punto Rojo Libros (en castelán). Consultado o 2026-02-04.
  3. Colaborador (2025-10-26). "A Paz por Graça Foles". De Vella a Bella. Consultado o 2026-02-04.
  4. "Uma Conversa Sobre Abril". bertrand.pt (en portugués). Consultado o 4 de febreiro de 2026.
  5. "Doble presentación literaria en el Liceo de Ourense Periódico Barrios". www.periodicobarrios.com. Consultado o 2026-02-05.
  6. "Amar perdidamente". Punto Rojo Libros (en castelán). Consultado o 2026-02-04.