Goura común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A goura común (Goura cristata) é unha especie de paxaro columbiforme da familia Columbidae.[2] Un dos meirandes membros da familia das pombas, a goura común é endémica da selva das terras baixas da illa de Nova Guinea.

É cazada para aproveitar a súa carne e as súas plumas e só segue a ser común nas áreas máis illadas. A goura común é avaliada por Unión Internacional para a Conservación da Natureza como unha especie vulnerable na súa Lista Vermella.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]