Gottfried Achenwall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gottfried Achenwall
Datos persoais
Nacemento20 de outubro de 1719
LugarElbląg
Falecemento1 de maio de 1772
LugarGotinga
NacionalidadeAlemaña
Actividade
Campoxurista, economista, matemático, historiador, estatístico e profesor universitario
Alma máterUniversidade de Halle-Wittenberg, Universidade de Jena e Universidade de Leipzig
editar datos en Wikidata ]

Gottfried Achenwall, nado o 20 de outubro de 1719 e finado o 1 de maio de 1772, foi un filósofo, historiador, economista, xurista e estatístico alemán. É considerado un dos inventores da estatística.

Biografía[editar | editar a fonte]

Achenwall naceu en Elbing (Elbląg)[1][2] na provincia polaca da Prusia Real.[3] Comezou en 1738 a estudar na Universidade de Jena, logo na de Halle, logo de novo en Jena, e en Leipzig. Entre os anos 1743 a 1746, traballou como auditor en Dresden. Obtivo un mestrado na facultade de filosofía en 1746 en Leipzig e logo trasladouse a Marburgo para traballar como profesor asistente en historia, estatística, dereito natural e internacional. En 1748 converteuse en profesor extraordinario de filosofía na Universidade de Gotinga, e en 1753 converteuse en profesor extraordinario de dereito e profesor regular de filosofía. En 1761 cambiou de campo outra vez, converténdose en profesor de política e dereito natural, e en 1762 doutorouse en ambos dereitos

En 1765, Achenwall converteuse en conselleiro británico do Electorado de Hannover. Con apoio financeiro de Xurxo III viaxou a Suíza e Francia en 1751 e a Holanda e Inglaterra en 1759. Morreu en Gotinga, con 52 anos.

En economía, pertenceu á escola "mercantilista moderada"; mais foi na estatística onde adquiriu grande sona. O traballo polo que é máis coñecido é o seu Staatsverfassung der Europäischen Reiche im Grundrisse (Constitución dos principais Estados europeos actuais, 1752). Neste traballo, fixo unha descrición exhaustiva da constitución de varios países, describiu aspectos da súa agricultura, fábricas e comercio, e fornecía frecuentemente datos estatísticos en relación a estes asuntos. Os economistas alemáns outorgáronlle o título de "Pai de Estatística"; aínda que os escritores ingleses discutían isto, afirmando que ignoraban achegas anteriores de William Petty e outros escritores sobre o tema. Achenwall empregou o termo Staatswissenschaft, que propoñía para reunir todo o coñecemento preciso da arte de gobernar e ser un bo estadista.[4]

Publicacións[editar | editar a fonte]

  • Abriß der neuen Staatswissenschaft der vornehmen Europäischen Reiche und Republiken, 1749, nas edicións seguintes titulado Staatsverfassung der Europäischen Reiche im Grundrisse, 1752 ff.
  • (Con Johann Stephan Pütter:) Naturrecht, 1750, 1753
  • Jus Naturae, 2 vol., 1755–56 ff, 7ª edición en 1781 cun prefacio de Johann Henrick Christian de Selchow.
  • Grundsätze der Europäischen Geschichte, zur politischen Kenntnis der heutigen vornehmsten Staaten, 1754, 2ª edición de 1759 titulada Die Geschichte der heutigen vornehmsten Staaten im Grundrisse, 5.ª edición de 1779
  • Entwurf der Europäischen Staatshändel des 17. und 18. Jahrhunderts, 1756, 4ª edición 1759
  • Staatsklugheit nach ihren ersten Grundsätzen, 1761, 4.ª edición 1759
  • Juris gentium Europaei practici primae lineae, 1775, inacabado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Friedrich Gottlob Leonhardi, Erdbeschreibung der preußischen Monarchie, 1791, p. 757. Google Books
  2. Franciszek Paprocki, Domowe wiadomosci o wielkim xiestwie Litewskim z przylaczeniem historyi tegoż narodu. Przedrukowane 1771, p. 82. Google Books
  3. Daniel Stone,A History of East Central Europe, University of Washington Press, 2001, p. 30, ISBN 0-295-98093-1 Google Books
  4. "The Encyclopedia Americana (1920)/Achenwall, Gottfried". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]