Gos d'atura català
O pastor catalán ou gos d'atura català é unha raza de can propia de Cataluña. É un can pastor que se utilizaba sobre todo para vixiar os rabaños durante o día na zona dos Pireneos e á zona ocupada pola transhumancia.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe desta raza de can pastor é a mesma que a dos outros cans de pastoreo das altas montañas europeas. Proveñen dos cans asiático chegados a Europa coas invasións de bárbaros orientais e espallados por Europa polos romanos. Desta forma ten como parentes próximos o Pastor dos Pireneos ou o pastor de bergamasco. Así mesmo, en xacementos como os de Minferri atopáronse restos de cans de medida e estrutura parecidos xa no neolítico cara ao 2000 a. C. Porén, non é posible determinar a orixe do pastor catalán xa que só se teñen debuxos de douscentos anos que testemuñen a súa existencia.
Dentro da poboación heteroxénea de cans que vivían nos mesmos Pireneos puidéronse seleccionar diversos cans que deron lugar a estándares e razas diferentes como veñen ser o pequeno pastor dos Pireneos, o mastín dos Pireneos, o can pastor vasco ou o mesmo can pastor catalán. E dentro deste grupo aínda foi posible seleccionar subgrupos illados como son o can pastor aranés, o can pastor cerdano e o can pastor catalán de pelo curto aínda que non teñen ningún recoñecemento oficial.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gos d'atura català |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Les races domèstiques autòctones de Catalunya Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- Club del gos d'atura català Arquivado 25 de febreiro de 2017 en Wayback Machine.
- Federació de concursos de gossos d'atura dels Països Catalans