Gorila oriental das chairas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila oriental das chairas
Macho adulto de gorila oriental das chairas.
Macho adulto de gorila oriental das chairas.
Estado de conservación
En perigo
En perigo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: 'G. beringei'
Subespecie: G. b. graueri
Nome trinomial
Gorilla beringei graueri
(Matschie, 1914)
Área de distribución do gorila oriental das chairas (en cor verde).

Área de distribución do gorila oriental das chairas (en cor verde).

O gorila oriental das chairas (Gorilla beringei graueri) é unha das dúas subespecies do gorila do oriente. Trátase dun animal endémico dos bosques montañosos do este da República Democrática do Congo. As maiores poboacións viven no Parque Nacional de Kahuzi-Biega, no Parque Nacional de Maiko e nos bosques adxacentes, a Reserva de gorilas de Tayna, o bosque de Usala e nas Montañas Itombwe.

É o meirande das catro subespecies de gorila existentes. Ó igual que o gorila de montaña, a súa pelaxe é enteiramente negra, aínda que máis curta na testa e no corpo. A pelaxe dos machos, como ocorre co resto dos gorilas, tórnase gris no lombo cando o animal madura.

En comparanza co gorila occidental das chairas, o gorila oriental é moito menos abondoso, xa que se estima que hai uns 5.000 en liberdade, mentres que a variedade occidental ronda os 100.000.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pickrell, J. "Eastern lowland gorilla numbers plunge to 5,000, study says". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]