Gorila do río Cross

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gorila do río Cross
Macho adulto de gorila do río Cross.
Macho adulto de gorila do río Cross.
Estado de conservación
Crítico
Crítico
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Gorilla
Especie: 'G. gorilla'
Subespecie: G. g. diehli
Nome trinomial
Gorilla gorilla diehli
(Matschie, 1904)
Área de distribución do gorila occidental das chairas (en cor amarela).

Área de distribución do gorila occidental das chairas (en cor amarela).

O gorila do río Cross (Gorilla gorilla diehli) é unha das dúas subespecies do gorila do occidente. Esta subespecie atópase nunha pequena área de Nixeria e Camerún, tanto en selva tropical como subtropical, que é tamén hábitat do chimpancé de Nixeria-Camerún.

Estímase que só quedan de 250 a 300 gorilas do río Cross e é o simio máis ameazado de África. As súas poboacións están concentradas en aproximadamente 9 ou 11 localizacións separadas por terras de labradío. Aínda así, diversos estudos xenéticos elaborados no 2007[1] suxiren que estas localizacións están conectadas pola ocasional migración de individuos. Porén, a poboación que máis preto se atopa do gorila occidental das chairas está a 250 km de distancia.

As súas principais ameazas son a perda do seu hábitat e o descenso do substrato alimenticio de arbustos. Son animais normalmente tímidos que foxen ó menor indicio de presenza humana.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bergl, R. A. (2007). Genetic analysis reveals population structure and recent migration within the highly fragmented range of the Cross River gorilla (Gorilla gorilla diehli). Molecular Ecology. pp. 501–516. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]