Gori

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGori
გორი (ka) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 41°58′54″N 44°06′45″L / 41.981686, 44.112417Coordenadas: 41°58′54″N 44°06′45″L / 41.981686, 44.112417
EstadoXeorxia
Mkhare (pt) TraducirShida Kartli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.524 (2022) Editar o valor em Wikidata (2.642,37 hab./km²)
Lingua oficiallingua xeorxiana Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie16,85 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude588 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal1400 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(370) Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Białystok
Lida (pt) Traducir (1996–)
Lutsk (2008–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webgori.gov.ge Editar o valor em Wikidata
Estatua de Stalin fronte ao concello

Gori (en xeorxianoგორი, tr. "Gori") é unha cidade industrial na provincia Shida Kartli en Xeorxia. A cidade foi fundada por un dos máis grandes reis de Xeorxia, David o Construtor (1089-1125). Está protexida pola fortaleza medieval de Goristsikhe.

Guerra de Osetia do Sur de 2008[editar | editar a fonte]

Durante o transcurso da Guerra en Osetia do Sur de 2008, os obxectivos militares de Gori foron atacados por avións de combate rusos na madrugada do 9 de agosto de 2008.[1][2]

O 11 de agosto de 2008 as fontes xeorxianas informaron de que Gori foi tomada polas tropas rusas. O Ministerio de Defensa de Rusia desmentiu esta información.[3] Segundo periodistas independentes, os habitantes abandonaron a cidade, pero non viron indicios de presenza rusa na zona.[4]

O 13 de agosto en Gori seguía unha parte da poboación, que empezaba a ter problemas coa subministración de alimentos. Ese día as forzas de Rusia intentaron contactar coa administración local, inicialmente sen éxito xa que o goberno local xeorxiano, as tropas xeorxianas e gran parte dos habitantes, convertidos en refuxiados, marcharon da cidade. As forzas de paz rusas localizaron un almacén militar con armamento "listo para ser usado" nas aforas da cidade.

Logo os representantes das autoridades xeorxianas e enviados estranxeiros, xunto cos mandos das forzas rusas comprobaron que os edificios da cidade non estaban danados.[5]

O 14 de agosto o control sobre a seguridade de Gori foi traspasado á policía xeorxiana,[6] mais os accesos á cidade e as instalacións militares próximas seguirían baixo o control ruso ata o 22 de agosto.[7]

Famosos de Gori[editar | editar a fonte]

Foi o lugar de nacemento do líder soviético Iosif Stalin en 1878 e posúe un museo con artigos relacionados coa súa vida, así como a última estatua en pé de Stalin.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Avións rusos bombardean a localidade xeorxiana de Gori". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  2. Фотографии Reuters из грузинского Гори поставлены под сомнения (en ruso)
  3. "Tropas de Georgia se retiran de Gori a Tiflis". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  4. "Georgia solicita ayuda por la "invasión" rusa". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  5. Российские военные пытаются найти администрацию грузинского Гори (en ruso)
  6. Контроль над Гори передан грузинским полицейским (en ruso)
  7. "Rusia se retiró de Georgia, pero..." (en castellano). Univision. 22-08-2008. Arquivado dende o orixinal o 23-06-2009. Consultado o 22-08-2008.