Gordon E. Moore
Gordon E. Moore | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Gordon Earle Moore |
Nacemento | 3 de xaneiro de 1929 |
Lugar de nacemento | San Francisco |
Falecemento | 24 de marzo de 2023 |
Lugar de falecemento | Hawai |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Instituto Tecnolóxico de California, Universidade de California en Berkeley, Universidade Estatal de San Jose e Sequoia High School |
Ocupación | emprendedor, químico, filántropo, enxeñeiro e físico |
Cónxuxe | Betty I. Moore |
Coñecido por | Lei de Moore e Intel Corporation |
Premios | Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Medalla Presidencial da Liberdade, Medalha John Fritz, IEEE Frederik Philips Award, Medalha Perkin, Medalha de Honra IEEE, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Computer History Museum fellow, Prémio Nierenberg, Prêmio Dan David, Prêmio W. Wallace McDowell, Medalha Fundadores IEEE, Medalha de Ouro Othmer, Prêmio Bower de Realização em Ciência e Prêmio Memorial Harry H. Goode |
Na rede | |
![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gordon Earle Moore, nado o 3 de xaneiro de 1929 e finado en 24 de marzo de 2023 en Hawai, foi un informático estadounidense co-fundador de Intel e autor da Lei de Moore.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Moore naceu en San Francisco, California. Recibiu un grao de bacharelato en ciencias na especialidade de química da Universidade de California en Berkeley no 1950 e un doutoramento en química e en física do Instituto Tecnolóxico de California (Caltech polas súas siglas no inglés) en 1954. Antes de estudar en Berkeley, pasou a súa xuventude na Universidade Estatal de San Xosé, onde coñeceu a súa futura esposa.
Fundou Intel en xullo de 1968 xunto a Robert Noyce, traballando como Vicepresidente executivo ata 1975, cando se converteu en presidente executivo en xefe. En abril de 1979, o Dr. Moore converteuse en membro da xunta directiva ademais de executivo en xefe, mantendo ambas as posicións ata abril de 1987, cando deixou o posto de executivo en xefe. Nos seus últimos anos traballou como membro emérito da xunta directiva.