Google Street View

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coche da compañía quitando fotografías en Oviedo.

Google Street View é unha característica do Google Maps conxuntamente co Google Earth que proporciona imaxes case esféricas a nivel de rúa (360 graos horizontal, 290 graos vertical), permitindo aos usuarios ver partes das cidades seleccionadas e as súas áreas metropolitanas circundantes. Cando se lanzou o servizo, o 25 de maio de 2007, só cinco cidades estadounidenses estaban incluídas. Dende aquela expandiuse a 22 países europeos, 4 latinoamericanos, 4 asiáticos e un africano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Google Street View Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]