Saltar ao contido

Gonzalo Menendiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGonzalo Menendiz
Biografía
Nacementoc. 925 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte997 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Conde de Portucale
950 – 997
← Muniadona DíazMendo Gundisalviz → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
Conflitobatalla de Aguioncha Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIlduara Peláez Editar o valor en Wikidata
FillosMendo Gundisalviz Editar o valor en Wikidata
PaisHermenexildo Gundisalviz Editar o valor en Wikidata  e Muniadona Díaz Editar o valor en Wikidata
IrmánsArias Menendiz Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Galicia-19

Gonzalo Menendiz ou Gonzalo Menéndez en portugués: Gonçalo Mendes (c. 925[1]997),[2] foi un conde e membro da alta nobreza galego-portuguesa que viviu uns tempos convulsos marcados polas revoltas da nobreza, os ataques dos normandos e as incursións e devastación inflixidas polos exércitos musulmáns dirixidos por Almanzor. Opositor aos reis Sancho I e Ramiro III, foi un dos nobres que apoiaron e elevou ao trono a Ordoño IV e posteriormente a Vermudo II. A súa neta, Elvira Méndez, era a muller do rei Afonso V e a nai de Vermudo III e da raíña Sancha. Despois de servir ao rei Vermudo como seu armiger regis desde 993 e de ter gobernado o territorio de Braga, morreu en 997 durante a campaña de Almanzor contra Santiago de Compostela.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Relacións familiares

[editar | editar a fonte]

Gonzalo foi un dos fillos dos condes Hermenexildo Gundisalviz, un importante rico-home galego, e de Muniadona Díaz,[3] que gobernou o condado tras a morte do seu marido e foi a fundadora do Mosteiro de São Mamede, tamén coñecido como o Mosteiro de Guimarães, responsable da construción do castelo para protexer o mosteiro e aos poboadores.[4][5] Os seus avós paternos eran os condes Gonzalo Afonso Betótez do Deza[3] e Tareixa Eriz de Lugo, filla de Ero Fernández,[3] e Diego Fredenandiz e Onega Lucides,[3][6] quen podía ser filla dun infante ou nobre pamplonés[7] e de Ledegúndia, posiblemente filla do rei Ordoño I.[4][6] Un dos irmáns de Gonzalo, Ramiro Menendiz, e a súa esposa, Adosinda Guterrez,[3] filla do conde Gutier Menendiz e de Aldara Eriz, poderían ser os pais da raíña Velasquita Ramírez, a primeira esposa do rei Vermudo II.[8][1]

Oposición a Sancho I

[editar | editar a fonte]

A súa presenza rexístrase por primeira vez en 950 cando Muniadona, xa viúva, compartiu os bens herdados cos seus fillos.[4][9] Gonzalo herdou as aldeas de Nespereira, Chagra, Sauto de Auacos e Frazone. Tras a morte do rei Ordoño III en 956, o reino viuse sacudido por unha crise sucesoria.[5] A Ordoño III sucedeulle o seu medio irmán Sancho I, fillo do segundo matrimonio de Ramiro II, en lugar de Vermudo II, fillo do falecido rei que naquel momento era menor de idade. En 958, no segundo ano do seu reinado, un grupo de nobres, entre eles o conde Gonzalo Saraiva, destronaron ao rei e elixiron a Ordoño IV, mentres que outros nobres, entre eles o sogro de Gonzalo, Paio González, apoiaban ao rei Sancho I[5] que recuperou o trono en 960, grazas ao apoio da súa avoa a raíña Toda Aznárez de Pamplona.[1]

[3] Mantivo o seu enfrontamento co rei Sancho I, que en 966 invadiu e arrasou as súas terras.[5] Segundo a crónica de Sampiro, ese mesmo ano o conde Gonzalo ofreceu unha mazá envelenada ao rei, que morreu poucos días despois.[10]

Gundisaluus, qui dux erat (...) veneni pocula illi in pomo duxit

A identificación do conde Gonzalo que envelenou ao rei como este conde Gonzalo Menendiz non está apoiada por tódolos historiadores xa que non se menciona o seu patronímico e, tamén, pola existencia doutro conde contemporáneo, Gonzalo Moniz, conde de Coímbra.[6][3]

Guerra civil entre condes galegos

[editar | editar a fonte]

Ao redor de 968, o conde Gonzalo enfrontouse a Rodrigo Velázquez, conde na Limia e poderoso magnate, na batalla de Aguioncha.[3] Foi froito dunha longa disputa entre a súa nai e Gontrodo, abadesa do Mosteiro de Pazóo, que se apoderara indebidamente do Mosteiro de Santa Comba, pertencente ao monxe Odónio, quen pediu a axuda de Muniadona para recuperalo. Muniadona ordenou aos seus fillos Gonzalo e Ramiro que obrigasen a Gontrodo a devolver o mosteiro volens nolens (queira ou sen querer). Gonzalo derrotou a Rodrigo e sospéitase que puido ser o responsable da destitución do fillo de Rodrigo, Paio Rodríguez, bispo de Iria Flavia.

Posible embaixada a Córdoba

[editar | editar a fonte]

O conde Gonzalo Menendiz podería ser un dos rico-homes que en 971 enviou unha embaixada á corte cordobesa do califa Al-Hakam II, segundo a crónica do historiador hispano-musulmán Ibn Hayyan na súa obra Al-Muqtabis. Os embaixadores do conde Gundisalb foron Sulayman e Jalaf ibn Sad, porén, esta crónica tamén podería referirse ao conde Gonzalo Moniz.[10]

Rebelión a favor de Vermudo II

[editar | editar a fonte]

En 981, tras a derrota das tropas cristiás na batalla de Roa contra o exército de Almanzor, o conde Gonzalo foi o primeiro en alzarse contra o rei Ramiro III, considerado ineficaz e incapaz de facer fronte ás incursións musulmás e ás invasións dos viquingos. Gonzalo e varios nobres, na súa maioría membros da nobreza do Reino de Galiza e do Condado Portucalense, coa aprobación do clero, apoiaron a Vermudo Ordoñez, o futuro rei Vermudo II, casado con Velasquita Ramírez, probablemente sobriña do conde Gonzalo. Poucos meses despois, Vermudo rebelouse contra Ramiro III e, entre o 11 de outubro e o 22 de decembro de 981, proclamouse coma rei, como consta na doazón do conde Gonzalo ao Mosteiro de Lorvão na última destas datas, onde sae asinando como Gundisaluus Menendiz, e que foi confirmado por Vermudus rex prolix domni Ordonii.[9][8] O conde enfrontouse máis tarde co rei Vermudo, posiblemente despois de que este repudiara á súa primeira esposa, Velasquita Ramírez, pero máis tarde, en 991, aparece de novo confirmando os documentos reais como membro da curia regia de Vermudo II.[7]

Desde 993 foi armiger regis e gobernou o territorio de Braga ata 997, ano no que morre loitando contra Almanzor, cando invadiu Santiago de Compostela.[7]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Entre 935 e 940,[1] Gonzalo casou con Ilduara Páez,[3] filla do conde Paio González, conde de Deza, e Ermesinda Guterrez, filla do conde Goterre Méndez e Ilduara Eriz.[3] Aparece por primeira vez coa súa muller Ilduara no ano 964, doando as vilas de Moreira de Cónegos e Castanheira, que trocara coa súa cuñada Adosinda por outras propiedades, ao mosteiro fundado pola súa nai Muniadona.[1][9] Deste matrimonio naceron polo menos cinco fillos, todos documentados:

Ilduara morreu antes do 6 de xullo de 983, cando o conde xa está casado con Ermesenda. Nesa data, fixo unha doazón ao Mosteiro de Guimarães e di que se lle sobrevive a súa muller Ermesenda, que goce da propiedade de Moreira durante o resto da súa vida.[1][9] Ermesenda, xa viúva, aparece de novo na documentación en 1108. Descoñécese se houbo descendentes deste matrimonio.[3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 García Álvarez, Manuel Rubén (1960). "¿La Reina Velasquita, nieta de Muniadomna Díaz?". Jornal de Guimarães (70): 197–230. 
  2. Confirma na documentación medieval como gundisaluo menendiz ou gondisaluus menendi.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 3,12 3,13 3,14 3,15 3,16 Mattoso, José (1981). "A nobreza medieval portuguesa: a família e o poder". Editorial Estampa. OCLC 8242615. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Cardozo, Mario (1963). "Sería Mumadona tia de Ramiro II, Rei de Leão?". Câmara Municipal de Braga. Bracara Augusta: Jornal Cultural (Separata, XIV–XV, n.1–2): 376–391. OCLC 3256994. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Amaral, Luís Carlos (2009). "O povoamento da terra bracarese durante o século XIII". Universidade do Porto. Jornal da Faculdade de Letras: História (Seríe III, vol. 10): 113–127. ISSN 0871-164X. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Sáez, Emilio (1947). "Los ascendientes de San Rosendo, notas para el estudio de la monarquía astur-leonesa durante los siglos IX y X". CSIC, Instituto Jerónimo Zurita. Hispania. OCLC 2594708. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Torres Sevilla-Quiñones de León, Margarita Cecilia (1999). Linajes nobiliarios de León y Castilla: Siglos IX-XIII. Salamanca: Junta de Castilla y León, Consejería de educación y cultura. ISBN 84-7846-781-5. 
  8. 8,0 8,1 Sánchez Candeira, Alfonso (1950). "La reina Velasquita de León y su descendencia". Madrid: C.S.I.C. Hispania. Jornal española de Historia (40): 449–505. ISSN 0018-2141. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 Herculano, Alexandre (1868). "Portugaliae Monumenta Historica. Diplomata et chartae". Academia de Ciencias de Lisboa. OCLC 504624362. 
  10. 10,0 10,1 Martínez Díez, Gonzalo (2005). El Condado de Castilla (711-1038): la historia frente a la leyenda. ISBN 84-9718-275-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Gonzalo Menendiz
Nacemento: c. 925 Falecemento: 997


Aristocracia galega
Precedido por
Hermenexildo González


Conde de Portucale
950 – 999
Sucedido  por
Mendo Gundisalviz