Gonzalo Ordóñez Puime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gonzalo José Ordóñez Puime»)
Infotaula de personaGonzalo Ordóñez Puime
Biografía
Nacemento(es) Gonzalo José Ordóñez Puime Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
O Porriño, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
9 de setembro de 2014 – 27 de outubro de 2015
← Irene Garrido Valenzuela

Circunscrición electoral: Pontevedra

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGonzalo Ordóñez Pérez Editar o valor em Wikidata


Gonzalo José Ordóñez Puime, nado no Porriño o 12 de abril de 1954, é un político galego do PPdeG.

Papeleta dos candidatos do PP ao Congreso por Pontevedra, nas Eleccións Xerais de 2016.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Gonzalo Ordóñez Pérez. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é avogado de profesión. En 1987 foi elixido concelleiro do Alianza Popular no Porriño, continuando nas seguintes convocatorias xa como PPdeG. Primeiro tenente de alcalde con José Manuel Barros, en febreiro de 2003 encabezou unha escisión pasándose ao grupo mixto.[1] Nas eleccións municipais de 2003 encabezou a candidatura de Independientes de Porriño que obtivo cinco concelleiros e apoiou a elección como alcalde do candidato do BNG Raúl Francés Rodríguez. Nas municipais de 2007 encabezou de novo a formación independente e pasou a tan só 2 concelleiros. Se ben apoiou na investidura ó candidato do PPdeG, a falta de apoio da candidatura de Ciudadanos por Porriño de Nelson Santos Argibay supuxo que o BNG conservase a alcaldía ó sela lista máis votada.

En febreiro de 2010 apoiou unha moción de censura que supuxo o acceso á alcaldía do candidato de CxP, Nelson Santos, e a integración desta formación e da súa, IdeP, no PPdeG. Tras votala moción de censura renunciou como concelleiro e pasou a centrarse na súa profesión como avogado. En febreiro de 2014 foi nomeado Director Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia. En setembro dese mesmo ano abandonou dito posto para ser deputado no Congreso en substitución de Irene Garrido[2]. Nas eleccións xerais de 2015 e de 2016 ocupou o quinto posto na lista do PP ao Congreso pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]