Gonzalo García García
| Nome orixinal | Gonzalo Manuel García García | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacemento | 13 de outubro de 1983 Montevideo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,82 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 78 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2003 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Gonzalo Manuel García García, coñecido como Recoba, nado en Montevideo o 13 de outubro de 1983, é un exfutbolista e adestrador galego-urugaio. Dende xuño de 2025 adestra o Hajduk Split, da Primeira Liga de Croacia.
Tras comezar a xogar ao fútbol no seu país natal, emigrou coa súa familia a Galicia, terra dos seus avós, e entrou na canteira do Compostela. As súas grandes actuacións co equipo xuvenil e coas categorías inferiores da selección española atraeron a atención de grandes equipos europeos, sendo traspasado en 2001 ao Real Madrid. Con todo, non chegou a debutar co primeiro equipo, saíndo cedido a equipos de Segunda B, e no 2005 marchou aos Países Baixos, onde xogou en varios equipos da Eredivisie. Xogou tamén en Chipre e Israel, gañando a liga israelí co Maccabi de Tel Aviv, e pechou a súa carreira co Compostela en Terceira división.
Despois da súa retirada comezou unha carreira como adestrador e dirixiu o Twente na Eredivisie.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Comezos no Uruguai (1983-1997)
[editar | editar a fonte]Naceu en Montevideo, sendo os seus catro avós galegos, e comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos no club La Rinconada, pasando logo ás categorías infantís de Defensor Sporting.
Etapa xuvenil en Santiago (1997-2001)
[editar | editar a fonte]Aos 14 anos emigrou coa súa familia a Galicia, instalándose en Teo, e entrou na canteira da SD Compostela, que por aquel entón militaba na Primeira División.[1] Xogou co equipo xuvenil na División de Honra, onde asinou grandes actuacións, como os catro goles consecutivos que fixo contra o Racing de Ferrol para lle dar a volta ao marcador cando o seu equipo perdía por 1-2 e estaba cun xogador menos, ou o triplete que anotou na vitoria por 6-4 contra o Celta de Vigo.[1] Ademais formou parte da selección de Santiago e da selección galega xuvenil.[2]
Fútbol español (2001-2005)
[editar | editar a fonte]O seu talento e gran calidade atraeron a atención dos grandes equipos de Europa, entre eles o Milan, que enviou a Franco Baresi á parroquia de Os Tilos, para tentar a súa fichaxe.[3] Con todo, o presidente José María Caneda, xa tiña case pechada a súa venda ao Real Madrid, club ao que foi traspasado en abril de 2001 a cambio de 50 millóns de pesetas.[4] Foi a fichaxe máis cara dun xuvenil do Real Madrid ata a chegada en 2015 de Martin Ødegaard, e os ingresos supuxeron un alivio para a maltreita economía do club santiagués.[5] Con todo, non chegou a debutar co primeiro equipo branco, xogando pola contra no Real Madrid C. Na tempada 2003/04 foi cedido a dous equipos de Segunda División B: na primeira parte da campaña xogou no Alcorcón e na segunda na UD Mérida. Ao ano seguinte xogou cedido no Palencia, da mesma categoría.[6]
Chegada aos Países Baixos (2005-2011)
[editar | editar a fonte]O seu verdadeiro engalaxe no fútbol profesional produciuse despois da súa chegada aos Países Baixos, a onde chegou en 2005 para fichar polo AGOVV Apeldoorn, por recomendación do ex xogador do Compostela Juan José Viedma.[6] Alí recibiu a confianza do técnico Stanley Menzo e converteuse nun dos alicerces do AGOVV, anotando 16 goles en 36 partidos, o que o levou a estar entre os maiores goleadores da segunda división neerlandesa.
Na tempada 2006/07 asinou co Heerenveen da Eredivisie (primeira división neerlandesa), onde compartiu equipo con xogadores como Paul Bosvelt ou Afonso Alves. Xogou oito encontros na súa primeira tempada no equipo adestrado por Gertjan Verbeek, e anotou un gol, na xornada 30 contra o Sparta de Rotterdam.[7] O equipo acabou na quinta posición. Continuou no Heerenveen no inicio da seguinte tempada, pero en xaneiro saíu cedido ao Heracles Almelo, tamén da Eredivisie, onde tivo boas actuacións, marcando tres goles, un deles fronte ao Heerenveen, e sendo unha peza fundamental para lograr a salvación.[8]
Na tempada 2008/09, asinou por dúas tempadas co Groningen, por un importe próximo ao millón de euros. Disputou 28 partidos de liga na primeira tempada, marcando catro goles. Na seguinte campaña non conseguiu a titularidade, e en xaneiro volveu marchar cedido, esta vez ao VVV-Venlo, onde anotou tres goles. Na 2010/11, de volta no Groningen, marcou outros dous goles, un deles para poñer o empate no marcador contra o PSV no Philips Stadion.[9]
Chipre e Israel (2011-2015)
[editar | editar a fonte]En xuño de 2011, despois de cinco anos no país, cambiou o fútbol neerlandés polo chipriota, fichando polo AEK Larnaca da Primeira División.[10] Os seus oito goles nesa tempada colocárono como o quinto máximo goleador da liga, e contribuíron ao quinto posto final do club. Ao ano seguinte marchou para Israel, onde asinou contrato co Maccabi de Tel Aviv, adestrado por Óscar García, por petición expresa do director deportivo, Jordi Cruyff.[11] Alí conquistou a liga israelí na súa primeira tempada, e na seguinte regresou a Chipre, cedido ao Anorthosis de Famagusta.[12] En Chipre xogou 19 partidos e marcou nove goles, catro deles nun mesmo encontro fronte ao Doxa Katokopias, e continuou no club ao ano seguinte, xa en propiedade.[13]
Segunda etapa neerlandesa (2015-2016)
[editar | editar a fonte]Na tempada 2015/16 regresou aos Países Baixos, sendo cedido ao Heracles Almelo, comezando así a súa segunda etapa no equipo de Overijssel.[14] Con todo, por mor das lesións só puido disputar oito encontros, só tres deles como titular.[15]
Regreso a Compostela (2016-2017)
[editar | editar a fonte]En 2016, regresou a Santiago de Compostela, e entrou en contacto coa SD Compostela para adestrar coa entidade, iniciando así a súa recuperación. Finalmente, en novembro de 2016, converteuse en xogador do equipo compostelán, co que debutou en Terceira División cun gol de volea fronte ao Vilalonga.[16][17] Xogou 22 partidos e marcou 7 goles co equipo adestrado por Yago Iglesias.
En 2017 retirouse como xogador e comezou a súa carreira como adestrador de fútbol.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas seleccións españolas sub-17 e sub-19, onde chegou a compartir vestiario con xogadores do talle de Fernando Torres ou Andrés Iniesta. Coa sub-17 conquistou en 2001 a Meridian Cup, anotando ademais un decisivo gol no encontro fronte a Nixeria.[5][18]
Como adestrador
[editar | editar a fonte]A súa carreira no mundo dos bancos comezou durante a tempada 2017/18 no Esbjerg danés, como segundo adestrador do neerlandés John Lammers, nun club que acababa de descender á 2ª división danesa.[19] Co club de Xutlandia logrou o ascenso á Superliga esa tempada. Na seguinte, 2018/19, regresou aos Países Baixos para ser o segundo adestrador de Marino Pušić no FC Twente. O equipo proclamouse campión de Segunda e ascendeu á Eredivisie.
En maio de 2019, o Twente confirmou a Recoba como substituto de Pušić no banco para a tempada 2019/20.[20] A pandemia de COVID-19 paralizou a competición cando o equipo ocupaba a 14ª praza, oito puntos por riba das prazas de descenso directo, pero o seu contrato non foi renovado.[21]
En xuño de 2021 iniciou a súa primeira etapa no fútbol croata, como novo adestrador do Istra 1961.[22] Na súa primeira campaña no club de Pula acabou na novena posición, resultado que mellorou notablemente na seguinte tempada, na que acadou o quinto posto, a tres puntos da clasificación a competicións europeas.[23] No verán de 2023 decidiu non renovar o seu contrato co club.[24]
En maio de 2024 foi anunciado como novo técnico do Arouca, da Primeira Liga.[25] O seu contrato foi rescindido en outubro, cun pobre balance de dúas vitorias en nove xornadas de liga.[26]
En xaneiro de 2025 regresou ao Istra 1961, substituíndo no cargo de adestrador ao italiano Paolo Tramezzani.[27] Colleu o equipo na oitava posición e rematou a liga croata como sexto clasificado, a un só punto dos postos europeos.
En xuño de 2025 asinou como novo adestrador do Hajduk Split, ocupando o lugar deixado por Gennaro Gattuso.[28]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Maccabi de Tel Aviv
- Liga de Israel (1): 2013/14.
Selección española sub-17
- Meridian Cup (1): 2001.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Recoba viaja a Madrid para el reconocimiento médico". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 18 de abril de 2001. p. 39.
- ↑ "El juvenil Recoba despierta el interés de los grandes". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 15 de agosto de 2000. p. 34.
- ↑ "El día que Baresi vino en busca de un joven talento a Santiago". La Voz de Galicia (en castelán) (Santiago ed.). 3 de xullo de 2011. p. 10.
- ↑ "El Compos cierra la venta del juvenil Recoba al Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 2001. p. 34.
- 1 2 Barreiros, Pedro J. (11 de maio de 2006). "La vuelta de Recoba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- 1 2 "Recoba relanza su carrera en Holanda". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 2006. p. 46.
- ↑ "Sparta de Rotterdam - Heerenveen 01/04/2007". BDFutbol (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "El gallego Gonzalo García «Recoba» retorna al fútbol holandés". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de agosto de 2015. p. 36. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "PSV - Groningen (25/09/2010)". BDFutbol (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Más talento gallego para Chipre". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xuño de 2011. p. 33.
- ↑ "Recoba y Rivera inician sendas aventuras en Israel y Austria". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xuño de 2012. p. 45.
- ↑ "El gallego Recoba jugará en préstamo por el Maccabi en el Anorthosis chipriota". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2013. p. 40.
- ↑ "A los pies de Gonzalo García". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de xaneiro de 2014. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Balado, Fran (14 de agosto de 2015). "El gallego Gonzalo García «Recoba» retorna al fútbol holandés". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de febreiro de 2021.
- ↑ "Yago Iglesias refuerza con Recoba el ataque del Compos". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de novembro de 2016. p. 9.
- ↑ "Gonzalo García ‘Recoba’ xa é xogador da SD Compostela". 11 de novembro de 2016. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ Balado, Fran (21 de novembro de 2016). "Recoba debuta y salva un punto para el Compos ante el Vilalonga". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Fue campeón con la Sub-17". As (en castelán). 14 de febreiro de 2002. Consultado o 22 de maio de 2021.
- ↑ "Recoba cambiará el campo por el banquillo y se estrena en el Esbjerg". El Correo Gallego (en castelán). 20 de xuño de 2017. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Gonzalo García coge las riendas del Twente: “Soy joven pero estoy preparado”" (en castelán). 16 de maio de 2009. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Oficial: el santiagués Recoba abandona el banquillo del Twente". El Correo Gallego (en castelán). 7 de maio de 2020. Consultado o 23 de maio de 2021.
- ↑ "Gonzalo Garcia novi je trener Istre 1961" (en croata). 16 de xuño de 2021. Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2025. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Gonzalo García: "Dar el salto al Real Madrid fue como entrar en un mundo totalmente nuevo"". Marca (en castelán). 7 de xuño de 2023. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Istra 1961, Mislav Karoglan nuevo entrenador. Sucede en el cargo a Gonzalo García" (en castelán). 11 de xuño de 2023. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Gonzalo García, el uruguayo que jugó en Real Madrid y fue presentado como DT del Arouca" (en castelán). 21 de maio de 2024. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Arouca rescinde contrato com o treinador Gonzalo García" (en portugués). 28 de outubro de 2024. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Gonzalo Garcia se i službeno vratio u Pulu: ‘Istra ima talentirane igrače, svi su ambiciozni i to je ono najbitnije‘" (en croata). 7 de xaneiro de 2025. Consultado o 19 de maio de 2026.
- ↑ "Hajduk Split, Gonzalo García "Recoba" nuevo entrenador" (en castelán). 13 de xuño de 2025. Consultado o 19 de maio de 2026.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en Transfermarkt (en castelán).
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Nados en 1983
- Nados en Montevideo
- Nados na diáspora galega
- Uruguaios de ascendencia galega
- Futbolistas do Uruguai
- Futbolistas da provincia da Coruña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Mérida UD
- Xogadores do CF Palencia
- Xogadores do AGOVV Apeldoorn
- Xogadores do SC Heerenveen
- Xogadores do Heracles Almelo
- Xogadores do FC Groningen
- Xogadores do VVV-Venlo
- Xogadores do AEK Larnaca
- Xogadores do Maccabi Tel Aviv FC
- Xogadores do Anorthosis Famagusta FC
- Xogadores da SD Compostela
- Adestradores de fútbol do Uruguai
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do FC Twente