Gonzalo Díaz Díaz
Gonzalo Díaz Díaz | |
---|---|
Nacemento | 16 de maio de 1931 |
Lugar de nacemento | Albacete |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Murcia e Universidade de Friburgo, Suíza |
Ocupación | autor e historiador da filosofía |
Coñecido por | Hombres y documentos de la filosofía española |
Premios | Gran Cruz de Afonso X o Sabio |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gonzalo Díaz Díaz, nado en Albacete o 16 de maio de 1931[1] é un filósofo español, investigador científico do Consello Superior de Investigacións Científicas.[2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Quedou cego en 1939.[1] Licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Murcia,[3] para doutorarse máis tarde na Universidade de Friburgo de Brisgovia, cunha tese titulada Begriff und Problem der Situation. Eine Untersuchung im Rahmen des Jaspers’schen Denkes.[4]
É autor dos sete volumes de Hombres y Documentos de la Filosofía Española (Consello Superior de Investigacións Científicas, 1980-2003).[5][6][7] Neles reúne unha serie de entradas biográficas dos principais filósofos da historia de España —incluíndose nesta os territorios pertencentes aos vicerreinados americanos e aqueles filósofos oriúndos da península ibérica antes da independencia de Portugal— xunto cun apartado relativo as súas obras e publicacións.[5] En 1992 concedéuselle o Premio Humboldt de Investigación.[8] Tamén foi autor de Bibliografía filosófica hispánica (1901-1970) (CSIC, 1982), canda Ceferino Santos Escudero.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Rodríguez de la Torre 2009, p. 245.
- ↑ Rodríguez de la Torre 2009, p. 241.
- ↑ Rodríguez de la Torre 2009, p. 247.
- ↑ Rodríguez de la Torre 2009, pp. 249, 253.
- ↑ 5,0 5,1 Salas Ortueta 1980, p. 157.
- ↑ Rodríguez de la Torre 2009, pp. 259-261.
- ↑ Blázquez 1999, pp. 281-282.
- ↑ Blázquez 1999, p. 281.
- ↑ Rodríguez de la Torre 2009, pp. 255, 257.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Blázquez, Feliciano (1999). "Díaz Díaz Gonzalo, Hombres y Documentos de la Filosofía Española". Anales del Seminario de Historia de la Filosofía (Universidade Complutense de Madrid) 16: 281–282. ISSN 1988-2564.
- Rodríguez de la Torre, Fernando (2009). "Culminó la magistral obra "Hombres y documentos de la Filosofía española" de Gonzalo Díaz Díaz". Al-Basit: Revista de estudios albacetenses (Instituto de Estudios Albacetenses "Don Juan Manuel") (54): 241–305. ISSN 0212-8632.
- Salas Ortueta, Jaime (1980). "Díaz Díaz, G.: Hombres y documentos de la Filosofía española. Vol. 1º.". Logos. Anales del Seminario de Metafísica (Universidade Complutense de Madrid) (15). ISSN 1988-3242.