Saltar ao contido

Gonidio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gonidios en repouso xerminando: A (aparece como "4") é de Ustilago receptaculorum; B é de Tilletia Caries. Na imaxe sp denota o gonidio e pm o promicelio.

En botánica o termo gonidio pode ter varios significados en liques, algas e bacterias:

  • Nos liques denomínase gonidio a cada unha das células de algas que viven en simbiose no talo do lique.[1]
  • En algas, un gonidio é unha célula ou grupo de células reprodutoras asexuais.[2] Os gonidios dalgunhas algas verdes son células vexetativas que aumentan de tamaño e divídense; por exemplo, en Volvox poden quedar flotando dentro do interior da colonia esférica.[3]
  • En bacterias os gonidios son células individuais móbiles liberadas por bacterias filamentosas da familia Leucotrichaceae. Tamén se denominan gonidios as esporas non-móbiles liberadas por algunhas cianobacterias.[3]
  1. Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. Tomo 10. Páxina 45. ISBN do tomo: 84-7680-289-6.
  2. "Gonidia – Definition and More from the Merriam-Webster Dictionary". Merriam-Webster. Consultado o 8 de abril de 2025. 
  3. 3,0 3,1 A Dictionary of Plant Sciences (4 ed.) Editado por Michael Allaby. Oxford University Press. 2019. Print ISBN-13:9780198833338. eISBN: 9780191871665. DOI: 10.1093/acref/9780198833338.001.0001