Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981
| Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Transición Española | |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
O Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, abreviado como 23F ou 23-F, foi un golpe de Estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da Unión de Centro Democrático.
Historia
[editar | editar a fonte]
Neste golpe posiblemente coincidisen distintas tramas golpistas que operaban desde o comezo da reinstauración borbónica do ano 1975, mediante unha acción coordenada.
Ás seis da tarde empeza a votación nominal para o investimento de Leopoldo Calvo-Sotelo como presidente do goberno. Ás 18:21 horas, cando ía emitir o seu voto o deputado socialista Manuel Núñez Encabo, un grupo de gardas civís, armados con metralletas, irrompe no congreso dos deputados ás ordes do tenente coronel Antonio Tejero. Este, desde a tribuna, berra "¡Quieto todo el mundo!" e ordena que todos se tiren ao chan. O daquela ministro, xeneral do exército, Manuel Gutiérrez Mellado érguese e encárase con Tejero tentando ordenar aos gardas que depuxesen as armas. Tras a inocente tentativa de Mellado para reafirmarse na autoridade, Tejero dispara de xeito intimidatorio e os gardas fan o propio cos subfusís. Santiago Carrillo permanece sentado no escano, o Presidente Adolfo Suárez tenta axudar a Gutiérrez Mellado mentres o resto dos deputados obedecen a orde de Tejero de tirarse ó chan.
Pedro Francisco Martín, operador de Televisión Española, gravou case media hora, achegando ao mundo un documento audiovisual de valor incalculable sobre a tentativa do golpe de Estado. Coa toma armada do hemiciclo e o secuestro de poderes executivo e lexislativo, tentábase conseguir un "baleiro de poder", sobre o que se pretendía xerar un novo poder político. Máis tarde, catro dos deputados foron separados do resto: o presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o ministro de Defensa, Agustín Rodríguez Sahagún, o líder da oposición, o socialista Felipe González Márquez, o segundo na lista do PSOE, Alfonso Guerra, e o líder do Partido Comunista de España, Santiago Carrillo.

Pouco tempo despois e seguindo o plan previsto, sublevouse en Valencia o capitán xeneral da III Rexión Militar, Jaime Milans del Bosch, que sacou algunhas compañías de carros de combate á rúa, desde o porto de Valencia ata o centro da cidade, onde apuntaban aos edificios institucionais, como o concello ou as cortes valencianas. Decretou o Estado de excepción e tentou convencer a outros militares de secundar a súa acción. Ás nove da noite, un comunicado do Ministerio do Interior informaba da constitución dun goberno provisorio con subsecretarios de diferentes instancias ministeriais, presidido por Francisco Laína, para asegurar a gobernación do estado e en estreito contacto coa Xunta de xefes do Estado Maior. Entre tanto, outro xeneral, Luis Torres Rojas, fracasaba na súa tentativa de suplantar no mando da División Acoirazada Brunete ó xeneral José Juste Fernández, xefe desta, abortándose a pretensión de ocupar os puntos estratéxicos da capital, entre eles as sedes da radio e televisión, e a difusión dun comunicado relatando o éxito do golpe.
O presidente da Generalitat de Cataluña, Jordi Pujol, pouco antes das dez da noite transmitiu para toda España polas emisoras de Radio Nacional e Radio Exterior unha alocución onde chamaba á tranquilidade. Ata a unha da noite xestionouse desde o Hotel Palace, nos arredores do Congreso, lugar elixido como centro de operacións polo xeneral José Luis Aramburu Topete, daquela director xeral da Garda Civil e o xeneral José Antonio Sáenz de Santa María, director xeral da Policía Nacional. Por alí tamén deambulou o xeneral Alfonso Armada, parte do plan golpista, quen pretendía simulando negociar cos asaltantes, proporse a si propio como solución de consenso, emulando o xeneral francés De Gaulle, fracasa cando se nega Tejero a que presidise un goberno do que tamén formarían parte socialistas e mesmo comunistas. Máis tarde, descubertos xa os seus plans, sería relevado do seu posto de 2º xefe do estado maior do exército pola súa implicación na trama golpista.[1]
O rei Xoán Carlos I tivo ata a noite para decidir a súa postura e transmitiu sen dificultades por televisión un discurso coa súa negativa a apoiar o golpe,[2] isto permitiu abortalo a medida que avanzaba a noite. Xa á unha da madrugada do día 24 de febreiro, o rei interveu en televisión, vestido con uniforme de capitán xeneral dos Exércitos para pórse contra os golpistas e desautorizar a Milans del Bosch. A partir dese momento o golpe dáse por fracasado. Na medianoite, Alfonso Armada presentárase no Congreso cun dobre obxectivo: convencer ao tenente coronel Tejero que depuxese a súa actitude e asumir el propio o papel de xefe do goberno baixo as ordes do rei, en actitude anticonstitucional. Pero Armada non era a "autoridade competente" que esperaba Tejero e foi despachado violentamente. Pola súa banda, Milans del Bosch, illado, cancelou os seus plans ás cinco da mañá e foi arrestado, porén Tejero resistiu ata mediodía do 24. Durante a mañá do día 24 os deputados foron liberados.
De xeito alternativo, hai documentación que propón que o golpe foi dado por orde do rei, como testemuña Antonio Tejero.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alfonso Armada: "Estoy satisfecho de cómo actué el 23-F". Público, no 30 aniversario do golpe.
- ↑ Redacción (23 de febrero de 2019). "23F: el discurso de madrugada del rey Juan Carlos que dio por fracasado el golpe de Estado de Tejero". lasexta.com (en castelán). Consultado o 25 de febreiro de 2026.
- ↑ Talegón, Beatriz (2019-02-25). "Antonio Tejero sobre el 23F: "Tomamos el Congreso a las órdenes del Rey"". Diario16 (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alía Miranda, Francisco (2018). Historia del Ejército español y de su intervención política. Madrid: Los Libros de la Catarata. ISBN 978-84-9097-459-9.
- Busquets, Julio; Aguilar, Miguel; Puche, Ignacio (1981). El golpe: anatomía y claves del asalto al Congreso. ISBN 978-84-344-2493-7.
- Cacho, Jesús (1999). El negocio de la libertad. ISBN 978-84-930481-9-8.
- Cercas, Javier (2010) [2009]. Anatomía de un instante. Col. DEBOLS!LLO. Barcelona: Random House Mondadori. ISBN 978-84-9908-236-3.
- De la Cierva, Ricardo (1998). El 23-F sin máscaras: Primera interpretación histórica. ISBN 978-84-88787-21-7.
- Fuentes, Juan Francisco (2020). 23 de febrero de 1981. El golpe que acabó con todos los golpes. Col. “La España del siglo XX en 7 días”. Barceolona: Taurus. ISBN 978-84-306-2273-3.
- Gil Pecharromán, Julio (2008). Con permiso de la autoridad. La España de Franco (1939-1975). Madrid: Temas de Hoy. ISBN 978-84-8460-693-2.
- Juliá, Santos (1999). Un siglo de España. Política y sociedad. Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-9537903-1.
- Martínez Inglés, Amadeo (2001). 23-F. El golpe que nunca existió. Madrid: Foca. ISBN 978-84-95440-13-6.
- Medina, Francisco (2006). 23F, la verdad. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 978-84-01-37940-6.
- Moradiellos, Enrique (2000). La España de Franco (1939-1975). Política y sociedad. Madrid: Síntesis. ISBN 84-7738-740-0.
- Morán, Gregorio (2009). Adolfo Suárez: Ambición y destino. Barcelona: Debate. ISBN 978-84-8306-834-2.
- Muñoz Bolaños, Roberto (2015). "Un análisis incompleto de un acontecimiento excepcional: la literatura sobre el golpe de Estado del 23-F (1981-2014)" (PDF). Historiografías: Revista de Historia y Teoría (Zaragoza: Universidad de Zaragoza) (9): 81–109. ISSN 2174-4289.
- —————— (2021). El 23-F y los otros golpes de Estado de la Transición. Prólogo de Álvaro Soto Carmona (2ª ed.). Barcelona: Espasa. ISBN 978-84-670-6131-4.
- Núñez Seixas, Xosé M. (2017). "Evolución socipolítica". En Xosé M. Núñez Seixas. España en democracia, 1975-2011. Vol. 10 de Historia de España de Josep Fontana e Ramón Villares. Barcelona-Madrid: Crítica-Marcial Pons. pp. 1–378. ISBN 978-84-17067-29-8.
- Palacios, Jesús (2010). 23-F, el Rey y su secreto. Madrid: Libros Libres. ISBN 978-84-92654-47-5.
- Pinilla García, Alfonso (2021). La transición en España, España en transición. Historia reciente de nuestra democracia. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-1362-540-9.
- Powell, Charles (2002) [2001]. España en democracia, 1975-2000. 1ª edición en bolsillo. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-9759-022-8.
- Preston, Paul (2003). Juan Carlos. El rey de un pueblo. Barcelona: Plaza & Janés. ISBN 84-01-37824-9.
- Rodríguez Jiménez, José Luis (1997). La extrema derecha española en el siglo XX. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 84-206-2887-5.
- Ruiz, David (2002). La España democrática (1975-2000). Política y sociedad. Madrid: Síntesis. ISBN 84-9756-015-9.
- Segura, Santiago; Merino, Julio (1983). Jaque al Rey. Los "enigmas" y las "incongruencias" del 23-F... dos años después. Barcelona: Planeta. ISBN 978-84-320-5692-5Prólogo de Jaime Milans del Bosch
- Tusell, Javier (1997). La transición española. La recuperación de las libertades. Madrid: Historia 16-Temas de Hoy. ISBN 84-7679-327-8.
- Urbano, Pilar (1982). Con la venia... yo indagué el 23-F. Barcelona: Argos-Vergara. ISBN 978-84-7178-434-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El 23-F en el Congreso RTVE.
- 23 de febrero: El Golpe retransmitido». Cadena SER