Saltar ao contido

Goleta (embarcación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Goleta de bandeira alemá Atalanta, co aparello clásico.

Unha goleta ou schooner é un tipo de embarcación de vela caracterizada por utilizar velas de proa e de popa en dous ou máis mastros. O que os distingue é o feito de que o mastro de popa, ou mesana, é máis grande e máis alto que os demais.

As goletas foron utilizadas por primeira vez polos holandeses no século XVI ou XVII, e posteriormente desenvolvéronse en América do Norte durante a Guerra de Independencia dos EUA e tamén na Guerra dos Sete Anos, un barco que se chamaba bergantín ou brig.

Terminoloxía

[editar | editar a fonte]

O termo inglés schooner deu lugar á palabra portuguesa escuna, tamén empregada en galego reintegracionista.[1][2]

Algunhas lanchas a motor que non usan velas chámanse ás veces erroneamente goletas, xa que algunhas delas teñen mastros aparellados como as goletas. Na Polinesia Francesa, o termo goulette refírese a pequenos buques de carga modernos que conectan as illas dos diversos arquipélagos.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Este termo en inglés, schooner, apareceu por primeira vez na costa leste de América do Norte a principios de 1700,[3] derivado posibelmente dunha palabra na lingua xermánica escocesa scots, que significa saltar sobre agua ou pedras, ou unha adaptación neerlandesa. O aparello fora inventado por mariñeiros holandeses no século XVI co nome de schoener ou schöner.

O termo "goleta" deriva da palabra en lingua francesa goulette / goéllette, tomada do bretón gwelan (gaivota), como outros tipos de embarcación que levan o nome de aves mariñas (por exemplo snipe, que significa bilurico).[4] O termo francófono para a embarcación está rexistrado desde a década de 1740, como "goëlette".

O topónimo galego Goleta pode referirse a distintos lugares, quizais chamados así en relación á batalla de La Goulette (actual Tunisia), como apunta Gonzalo Navaza.[5]

  1. "Significado de escuna no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2025-02-22. 
  2. Gazeta de Lisboa. Na officina de Antonio Correa Lemos.; 1819. p. 2.
  3. "Dictionary.com". Dictionary.com; Meanings & Definitions of English Words (en inglés). Consultado o 2025-02-22. 
  4. "GOLETA". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2025-02-22. 
  5. "Novas achegas de toponimia galega (Gonzalo Navaza). Simposio ILG 2021 - Sesión 2". YouTube. Consultado o 2021-10-22. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]