Godsend
Aparencia
Godsend | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Godsend |
Director | Nick Hamm |
Produtor | Marc Butan Sean O'Keefe Cathy Schulman |
Guión | Mark Bomback |
Intérpretes | Greg Kinnear Rebecca Romijn Cameron Bright Robert De Niro Christopher Britton |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | Kramer Morgenthau |
Montaxe | Niven Howie Steve Mirkovich |
Estudio | 2929 Entertainment |
Distribuidora | Lions Gate Films |
Estrea | 2004 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Estados Unidos Canadá |
Xénero | Terror |
Orzamento | $25 000 000[1] |
Recadación | $30 114 487 |
Na rede | |
http://www.godsendthemovie.com | |
Godsend é un filme estadounidense dirixido por Nick Hamm que se estreou no 2004.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Paul e Jessie Duncan (Greg Kinnear e Rebecca Romijn) perderon a Adam (Cameron Bright), o seu fillo de oito anos, nun tráxico accidente. Durante os preparativos do enterro, o doutor Richard Wells (Robert De Niro) failles unha proposta incrible: clonar ó seu fillo para devolverlle a vida. O matrimonio agarda volver ó seu fillo, a pesar dos inconvenientes legais, éticos e morais. O segredo que se lles esixe é insignificante comparado co feito de que o seu fillo teña outra vez a oportunidade de vivir. A parella debe entón trasladarse a Riverton, onde Adam será clonado na impresionante clínica de fertilidade de Wells.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Greg Kinnear como Paul Duncan
- Rebecca Romijn como Jessie Duncan
- Robert De Niro como Richard Wells
- Cameron Bright como Adam Duncan
- Janet Bailey como Cora Williams
- Christopher Britton como Dr. Lieber
- Jake Simons como Dan Sandler
- Elle Downs como Clara Sandler
- Zoie Palmer como Susan Pierce
- Devon Bostick como Zachary Clark Wells
- Munro Chambers como Max Shaw
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)