Goce Delchev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Goce Delchev
Gotze.jpeg
Nome completoГеорги Николов Делчев
AlcumeАхил e Миндизот
Nacemento4 de febreiro de 1872
 Kilkis
Falecemento4 de maio de 1903
 Banitsa
NacionalidadeImperio Otomán e Principado da Bulgária
EtniaBúlgaros
Alma máterBulgarian Men's High School of Thessaloniki e Vasil Levski National Military University
Ocupaciónrevolucionario, mestre, político e militar
Paisen etiquetar
IrmánsMilan Delchev, sen etiquetar, Hristo Delchev e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Georgi/Gjorji Nikolov Delchev (en búlgaro/macedonio: Георги/Ѓорѓи Николов Делчев), nado en Kukush o 4 de febreiro de 1872 e finado en Banica o 4 de maio de 1903, e máis coñecido como Goce/Gotse Delchev (Гоце Делчев, na súa época segundo os usos da antiga ortografía búlgara Гоце Дѣлчевъ), foi un revolucionario (komitadji) nas entón rexións otomás de Macedonia e Tracia por volta do século XX[1][2][3]. Considerado un heroe nacional en Macedonia do Norte[4] e mais en Bulgaria[5], foi o principal líder do que a historiografía contemporánea denomina Organización Revolucionaria Interior de Macedonia (ORIM), unha organización paramilitar activa en territorios otománs dos Balcáns no remate do século XIX e primeiros anos do XX[6]. Delchev foi o seu representante en Sofía, a capital do principado de Bulgaria[7].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Delchev naceu no seo da maioritaria[8] comunidade macedonia búlgara[9] de Kukush, unha localidade do valiato de Salónica do Imperio Otomán[10] que era o centro dos uniatas da rexión, tras a conversión da práctica totalidade dos seus habitantes eslavos ao catolicismo en 1859[11]. Seu pai, Nikola Delchev (1844-1920), era un comerciante local e súa nai, Sultana Delcheva (ca. 1850-1907), procedía dunha aldea próxima; a parella tivo cinco fillas e catro fillos. Goce Delchev foi á escola primaria uniata de Kukush pero, símbolo da volta da maioría dos conversos católicos á ortodoxia, logo continuou na escola local ortodoxa[12]. Asiduo á chitalishte (centro cultural búlgaro) local, en especial deixáronlle forte pegada os libros revolucionarios, particularmente os que falaban da liberación de Bulgaria[13].

En 1888 a súa familia enviouno ao Instituto Masculino Búlgado de Tesalónica, e alí entrou no círculo revolucionario secreto que dirixía Boris Sarafov e tras marcha deste a Sofía converteuse no seu líder[14], Delchev tamén distribuía literatura revolucionaria, que lograba de antigos alumnos do instituto que estudaban en Bulgaria. En 1891, seguindo os pasos de Sarafov, entrou na escola militar de Sofía. Ao primeiro, atopou a nova Bulgaria independente chea de idealismo e dedicación pero aos poucos quedou desencantado pola comercializada vida social e pola política autoritaria do primeiro ministro Stefan Stambolov[15].

Goce adoitaba xuntarse con compañeiros macedonios, moitos membros da Sociedade Literaria Macedonia Nova, entre os seus amigos estaba Vasil Glavinov, dirixente do círculo socialdemócrata da rexión otomá de Adrianople, quen o puxo en contacto con xente que lle ofreceu a oportunidade de coñecer novas formas de loita social. En xuño de 1892, Delchev e o xornalista Kosta Shahov, un dos dirixentes da Sociedade Literaria Macedonia Nova, reuníronse cun libreiro de Salónica orixinario de Kukush, Ivan Hadzhinikolov[16]. En setembro de 1894, só un mes antes da súa graduación, a dirección da escola militar expulsouno pola súa actividade política como membro dun círculo socialista ilegal[17]. Déronlle a posibilidade de entrar no exército por medio dunha comisión pero rexeitou e pouco despois volveu a Rumelia para traballar como profesor, integrándose na escola do exarcado en Štip en outono de 1894, e baixo a influencia de Dame Gruev, profesor nese momento na mesma escola e un dos fundadores o ano anterior da Organización Revolucionaria Macedonia[18], Goce entrou na organización e canda Gruev liderou o núcleo local. Tras a marcha de Gruev a Salónica como inspector do ensino búlgaro a organización viviu unha importante expansión e Delchev, baixo a dirección de Gruev, viaxou ao longo de Macedonia para establecer comités locais. Tamén visitou, ilegalmente, Sofía para establecer contanco con algúns dos máximos dirixentes doutra organización revolucionaria, o Comité Supremo Macedonio-Adrianopolita (CSMA), como Danail Nikolaev, Yosif Kovachev, Toma Karayovov ou Andrey Lyapchev pero quedou decepcionado coas súas posicións. O curso escolar 1895/1896 deu clases na vila de Bansko e en maio de 1896 as autoridades otomás arrestárono por actividades revolucionarias e pasou un mes na cadea. No verán de 1896 partipou no congreso da organización en Salónica e no outono decidiu deixar de dar clases e marchou a Sofía e, con Gjorche Petrov, serviu como representante da organización na capital búlgara[19].

Delchev (á dereita) con Gjorche Petrov (á esquerda)

Actividade revolucionaria[editar | editar a fonte]

Delchev con Chuchkov e Shapkarev nunha xuntanza en 1903
Delchev cunha das chetas en febreiro de 1903
Postal búlgara cos retratos de Goce e Gruev

En 1897 con Gyorche Petrov escribiu os estatutos da organización, agora coñecida informalmente como Comités Revolucionarios Búlgaros Macedonio-Andrinopolitanos (CRBMA), dividía a súa estrutura en sete rexións, cada unha coa súa propia estrutura rexional e grupos que actuaban como policía secreta ao xeito da Organización Revolucionaria Interna búlgara, por baixo dos comités rexionais estaban os distritos[20]. O comité central tiña a súa sede en Salónica The Central committee was placed in Thessaloniki. En 1898 Delchev decidiu crear grupos armados que actuasen de xeito permanente, (chetas), en cada distrito e dende 1902 ata a súa morte foi o líder destas chetas[21], e asegurou a súa funcionalidade cunha rede de túneles e depósitos de armas ao longo da fornteira entre o Principado de Bulgaria e o Imperio Otomán. Delchev pretendía unha produción propia de armamento, e viaxou en 1897 a Odessa para se reunir cos revolucionarios armenios Stepan Zorian e Christapor Mikaelian para intercambiar experiencias e especialmente métodos para a fabricación de bombas[22] o resultado foi o establecemento dunha planta de fabricación de bombas na aldea de Sabler preto de Kyustendil en Bulgaria para levar de contrabando a Macedonia [23]. Delchev foi tamén o primeiro en organizar e dirixir un grupo que actuase en Macedonia co propósito de roubarlles ou secuestrar a otománs adiñeirados. As dificultades para efectuar os seus propósitos no interior de Macedonia amosan a febleza da organización neses primeiros anos[24]. Delchev fixo dúas cortes visitas a Tracia en 1896 e 1898.[25] e no inverno de 1900 residiu en Burgas, e alí organizou outro establecemento dedicado á produción de bombas[26] e en 1900 realizou inspeccións ás forzas da organización na Tracia oriental e de novo avogou por unha mellor coordinación entre os comités revolucionarios de Macedonia e Tracia. Entre o outono de 1901 ata a primavera do ano seguinte visitou moitos núcleos locais en Macedonia e presidiu o congreso do distrito de Adrianople que se realizou en Plovdiv en abril de 1902. A inclusión das zonas rurais nos distritos da organización contribuíu á súa expansión e ao aumento da militancia e, xa que logo, da capacidade militar das chetas dirixidas por Delchev, o que coincidiu co aumento a partir de 1897 das irmandades secretas de oficiais, que en 1900 tiñan arredor dun milleiro de membros[27], moitos deles comprometidos coa actividade da CRBMA[28]. Delchev pretendía unha mellor coordinación entre o CRBMA e o CSMA, que tivo como líder dende 1899 ata 1901 e nese Delchev e o outro representante para o exterior do CRBM, Petrov, foron membros do comité dirixente do CSMA polo que tiñan de facto o control deste grupo[29]. Non obstante, o CSMA acabou dividíndose en dúas faccións, unha leal ao CRBMA e outro dirixido por oficiais leais ao príncipe búlgaro, este último grupo acabou colidindo coa política de Delchev, chegando mesmo a algúns enfrontamento militar entre bandas dos dous grupos no outono de 1902, aumentando as discrepancias tras organizar o CSMA un levantamento infrutuoso na Macedonia oriental que trouxo un aumento da represión otomá e obstaculizou o traballo clandestino do CRBMA. A organización dunha revolta en Macedonia e Tracia era tamén cuestión de debate entre os líderes do CRBMA, que dende 1902 nun novo cambio de nome era máis coñecida como Organización Revolucionaria Secreta Macedonio-Andrinopolitana (ORSMA). Delchev non participou no Congreso de Salónica de 190, onde se debateu un posible levantamento na primavera, e ese foi o tema principal da Conferencia da ORSMA que se celebrou en marzo en Sofía con dúas posturas enfrontadas, a maioría de centro-dereita cría que se había un levantamento xeral, Bulgaria podería declarar a guerra ao otománs e tras a intervención das potencias europeas o imperio podería colapsar[30]. Delchev, pola contra, encabezaba a minoría esquerdista que advertía dos riscos dese plan pouco realista, opoñéndose ao levantamento pola súa táctica e por prematuro [31]e, baixo a influencia da táctica de anarquistas búlgaros como Mihail Gerdzhikov ou Varban Kilifarski, era partidario de ataques terroristas como a explosión de bombas en abril de 1903 en Salónica[32]. Finalmente, non tivo outra opción que concordar coa maioría porén logrou atrasar o comezo do levantamento de maio a agosto. Delchev tamén convenceu á dirección da ORSMA para transformar a súa idea dunha revolta masiva con ampla participación da poboación civil nun levantamento baseado na loita de guerrillas. Contra o fin de marzo de 1903 Goce co seu grupo destruíu unha ponte do ferrocarril sobre o río Aggitis co propósito de comprobar as novas tácticas de guerrilla. A continuación, foi ata Salónica para celebrar unha xuntanza con Gruev, que acababa de saír de prisión, para discutir sobre o comezo do levantamento. Tamén se reuniu con Ivan Garvanov, nese intre o líder do ORSMA. Despois foi cara ao monte Kitka Planina para ter un encontro con representantes dos destacamentos do distrito revolucionario de Serres para verificar a súa preparación militar. Non obstante, nunca chegou. As autoridades otomás estaban atrás dos pasos de Delchev dende que o 28 de abril membros de círculos anarquistas organizaran accións terroristas en Salónica e baixo a lei marcial concentraran tropas e başıbozuk (mercenarios) en toda a zonaKhristo Angelov Khistov (1983). Lindensko-Preobrazhenskoto vŭstanie ot 1903 godina. Institut za istoria. p. 123.  </ref> e Delchev morreu durante unha escaramuza coa policía otomá o 4 de maio 1903 preto da aldea de Banica. Tras a súa identificación polas autoridades locais de Serres, soterraron os corpos de Delchev e o seu camarada Dimitar Gushtanov, nunha sepultura común da aldea. Pouco despois a CRMBA coa axuda da CSMA organizaron un levantamento contra os otománs, que logo dun éxito inicial as autoridades otomás esmagaron de xeito sanguento[33]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Keith Brown (2018) The Past in Question: Modern Macedonia and the Uncertainties of Nation, Princeton University Press, p. 174.
  2. Hugh Seton-Watson, Christopher Seton-Watson (1981) The Making of a New Europe: R.W. Seton-Watson and the Last Years of Austria-Hungary. Methuen, p. 71.
  3. Dimitar Bechev (2009) Historical Dictionary of the Republic of Macedonia, Scarecrow Press, 2009, p. VII.
  4. Dimitav Bechev (2019). Historical Dictionary of North Macedonia. p. 88. 
  5. John Lampe e Mark Mazower (2013). Ideologies and National Identities: The Case of Twentieth-Century Southeastern Europe. Central European University Press. p. 115. 
  6. Bechev, Dimitar (2009). Historical Dictionary of the Republic of Macedonia. Scarecrow Press. p. 55-56. 
  7. Angelos Chotzidis, Anna Panagiōtopoulou, Vasilis Gounaris (1993) The events of 1903 in Macedonia as presented in European diplomatic correspondence. Volume 3 of Museum of the Macedonian Struggle, p. 60.
  8. Vacalopoulos, Apostolos (1988). Modern history of Macedonia (1830–1912). p. 61-62. 
  9. Ata o século XX tendíase a identificar etnicamente os macedonios como búlgaros ao non existir unha conciencia nacional propia macedonia e estar considerados os macedonios como búlgaros polos otománs e, xa que logo, integrados no ensino en lingua búlgara. Así e todo, si había diferenzas no seo da lingua vernacular dos macedonios e búlgaros, distinguíndose claramente unha variedade oriental e outra occidental, e foi a adopción da variedade oriental como a norma oficial da lingua búlgara ao longo do século XIX unha das causas que levou á creación dun estándar propio macedonio: Victor Roudometof (2002). Collective Memory, National Identity, and Ethnic Conflict: Greece, Bulgaria, and the Macedonian Question. Greenwood Publishing Group. p. 66. 
  10. A localidade forma parte de Grecia dende 1913, expulsándose á súa poboación eslava na súa case totalidade a Bulgaria: Report of the International Commission to Inquire into the Causes and Conduct of the Balkan Wars. Washington, D.C.: The Carnegie Endowment for International Peace. 1914. p. 98. . 
  11. Mercia MacDermott (1978). Freedom Or Death, the Life of Gotsé Delchev. Journeyman Press. p. 21. 
  12. Coa creación do ortodoxo Exarcado Búlgaro en 1872, progresivamente, a maioría dos conversos volveu ao seo da ortodoxia e en 1905 quedaban na localidade 592 uniatas fronte a 9 712 fieis do exarcado: Brancoff, D. M. (1905). La Macédoine et sa Population Chrétienne. p. 98–99. 
  13. Susan K. Kinnell (1989). People in World History: A-M. ABC-CLIO. p. 157. 
  14. Brooks, Julian Allan (2005) "'Shoot the Teacher!' Education and the Roots of the Macedonian Struggle". Thesis (M.A.) – Department of History – Simon Fraser University, pp. 133–134.
  15. Duncan M. Perry, Stefan Stambolov and the Emergence of Modern Bulgaria, 1870-1895, Duke University Press, 1993, ISBN 0822313138, p. 120.
  16. Mercia MacDermott (1978). Freedom Or Death, the Life of Gotsé Delchev. Journeyman Press. p. 112. 
  17. MacDermott, Mercia (1988) For Freedom and Perfection: the Life of Yané Sandansky. Journeyman Press, p. 44
  18. Ningún dos nomes da Organización Revolucionaria Interior de Macedonia con anterioridade a 1905 figuran en ningún documento oficial da organización e, como organización ilegal o nome mudaba con frecuencia. Martin Valkov (2010). The Internal Macedonian-Adrianople Revolutionary Organization and the Idea for Autonomy for Macedonia and Adrianople Thrace, 1893-1912 (PDF). Central European University. p. 31-32. 
  19. Пейо Яворов (1970) "Събрани съчинения", Том втори, "Гоце Делчев", Издателство "Български писател", София, 1977, p. 30.
  20. Hugh Poulton (2000). Who are the Macedonians?. C. Hurst & Co. pp. 54–55. ISBN 1850655340. 
  21. Vladimir Ortakovski. Minorities in the Balkans Transnational Publishers, 2000, ISBN 1571051295, p. 43.
  22. Keith Brown (2013) Loyal Unto Death: Trust and Terror in Revolutionary Macedonia Indiana University Press, p. 62.]
  23. Пейо Яворов, "Събрани съчинения", Том втори, "Гоце Делчев", Издателство "Български писател", София, 1977, pp. 32–33.
  24. Laura Beth Sherman (1980) Fires on the Mountain: the Macedonian Revolutionary Movement and the Kidnapping of Ellen Stone. East European Monographs, p. 15.
  25. Georgi Vasilev. Prinosi kam istoriyata na Makedono-odrinskoto revolyutsionno dvizhenie. Vol IV, p. 8, 9.
  26. Иван Карайотов, Стоян Райчевски, Митко Иванов (2011) История на Бургас. От древността до средата на ХХ век, Печат Тафпринт ООД, Пловдив, pp. 192–193.
  27. Eric H. Boehm (1997) Modern history abstracts, 1450–1914, Volume 48, Issue 1–, American Bibliographical Center. ABC-Clio, p. 657.
  28. Georgi Bakalov (2007). История на Българите: Военна история на българите от древността до наши дни 5. TRUD Publishers. p. 397. ISBN 9546212350. 
  29. Boyan Kastelov (1985). "Димо Хаджидимов. Живот и дело. Боян Кастелов". p. 60. 
  30. Mete Tunçay, Erik Jan Zürcher (1994) Socialism and nationalism in the Ottoman Empire, 1876–1923. British Academic Press, Amsterdam, p. 36.
  31. Пейо Яворов, "Събрани съчинения", Vol. II, "Гоце Делчев", pp. 62–66.
  32. Stefan Troebst (2007). Das makedonische Jahrhundert: von den Anfängen der nationalrevolutionären Bewegung zum Abkommen von Ohrid 1893–2001. Oldenbourg Wissenschaftsverlag. pp. 54–57. 
  33. R. J. Crampton (1997). A Concise History of Bulgaria, Cambridge concise histories. Cambridge University Press. pp. 131–132. ISBN 0521561833.