Gloria Valencia de Castaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gloria Valencia de Castaño
Nacemento27 de xullo de 1927
Lugar de nacementoIbagué
Falecemento24 de marzo de 2011
Lugar de falecementoBogotá
Causadoenza respiratoria
NacionalidadeColombia
Ocupaciónxornalista e presentadora de televisión
CónxuxeÁlvaro Castaño Castillo
FillosRodrigo Castaño e María del Pilar Castaño Valencia
PremiosPremio nacional de xornalismo Simón Bolivar
editar datos en Wikidata ]

Gloria Valencia de Castaño, nada en Ibagué o 27 de xullo de 1927 e finada en Bogotá o 24 de marzo de 2011, foi unha intelectual, xornalista e presentadora de televisión colombiana. Consagrada polo público e a crítica, como a «Primeira Dama» da televisión colombiana é recoñecida tamén como unha das principais figuras da divulgación da cultura en Colombia.

En setembro de 1950 iniciou, xunto co seu esposo, o avogado Álvaro Castaño Castillo e outras persoas, a emisora cultural HJCK, "El mundo en Bogotá". Por máis de medio século foi colaboradora de varios programas desa emisora, que hoxe transmite só vía internet, con temáticas arredor da información e promoción cultural.