Gloria Stuart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gloria Stuart
Gloria Stuart by Frank Powolny.jpg
Nacemento4 de xullo de 1910
Lugar de nacementoSanta Monica
Falecemento26 de setembro de 2010
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causacancro
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de California en Berkeley
Ocupaciónactriz de televisión, actriz de cinema, pintora e actriz de teatro
CónxuxeArthur Sheekman
FillosSylvia Vaughn Thompson
PremiosPremios Saturn e star on Hollywood Walk of Fame
editar datos en Wikidata ]

Gloria Frances Stuart, nada como Gloria Stewart en Santa Monica (California) o 4 de xullo de 1910 e finada nos Ánxeles o 26 de setembro de 2010, foi unha actriz, artista visual e activista estadounidense. Inicialmente coñecida polos seus papeis en filmes anteriores ao código de conduta, recuperou a fama no final da súa vida cando interpretou o papel de Rose DeWitt Bukater de maior no filme Titanic (1997), nese momento o filme de maior éxito comercial da historia. Desenvolveu unha carreira que se estendeu por 72 anos, na que adquiriu popularidade principalmente como actriz de cinema.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gloria Frances Stewart[1] naceu en Santa Monica en 1910. Despois de actuar en grupos de teatro universitarios e outras producións de afeccionados,[2] Stewart asinou un contrato cos estudos Universal en 1932.[3]

Debido ao seu atractivo, interpretou gran cantidade de papeis e foi unha das actrices predilectas do director de cinema James Whale, aparecendo en filmes como The Old Dark House (1932), The Invisible Man (1933) e The Kiss Before the Mirror (1933).

Pouco despois cambiou de compañía e asinou contrato coa 20th Century Fox. A finais da década de 1930, protagonizou máis de corenta títulos, incluíndo Roman Scandals (1933), de Leo McCarey e Rebecca of Sunnybrook Farm (1938), de Allan Dwan, aínda que non chegara a converterse nunha grande estrela. Algúns dos seus compañeiros de rodaxe nesa década foron actores da categoría de Lionel Barrymore, Kay Francis, Claude Rains, Raymond Massey, Paul Lukas, John Boles, John Beal ou Shirley Temple.

Interrupción da carreira[editar | editar a fonte]

Na década de 1940, continuou como protagonista de varios filmes, aínda que as súas aparicións se fixeron menos frecuentes. Retirouse da actuación en 1946 para dedicarse á pintura; cómpre sinalar que varios dos seus traballos foron exhibidos en galerías de arte estadounidenses e europeas. Con todo, continuou a súa carreira actoral a partir de 1975, aparecendo no cinema e frecuentemente na televisión.

Carreira posterior[editar | editar a fonte]

Despois de trinta anos sen traballar como actriz, volveu a interpretación nun telefilme de 1975, The Legend of Lizzie Borden e ao longo dos seguintes anos fixo frecuentes incursións neste medio.[4] A súa primeira aparición no cinema despois de corenta anos foi no filme O meu ano favorito (1982). Nesa época, superou un cancro de mama.

Con todo, o seu maior nivel de fama chegoulle anos despois, cando en 1997 interpretou a anciá de 100 anos Rose DeWitt Bukater no filme Titanic. Por este papel foi candidata ao premio Óscar á mellor actriz de secundaria, con 87 anos. O filme devolveulle a fama que xa case tiña perdida. Naquel papel actuaba como a protagonista xa maior e como narradora lembrando o afundimento do famoso transatlántico. Tamén logrou unha candidatura ao Globo de Ouro e fíxose co premio do Sindicato de Actores, que compartiu con Kim Basinger.

Pasamento[editar | editar a fonte]

Faleceu o 26 de setembro de 2010 na súa residencia de West Los Angeles, á idade de cen anos, tras serlle diagnosticado cinco anos antes un cancro de pulmón.[5][6]

Activismo e política[editar | editar a fonte]

Stuart foi demócrata toda a súa vida.[7] Foi cofundadora do Hollywood Anti-Nazi League, formado en 1936.[8] En 1938, como membro do comité demócrata de Hollywood, Stuart estivo na directiva do Comité Demócrata do Estado de California.[9] Foi tamén unha destacada ambientalista.[10]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cinema[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ancestry.com, 1920 United States Federal Census, City of Santa Monica, precinct 14, sheet No. 12B, line 52. Consultado o 15 de setembro de 2014.
  2. Stuart & Thompson 1999, p. 26.
  3. Stuart & Thompson 1999, p. 40.
  4. Stuart & Thompson 1999, p. 209.
  5. Muere la actriz Gloria Stuart, la anciana de 'Titanic'
  6. Steinberg, Julie (27 de setembro de 2010). "Gloria Stuart, 'Titanic' Star, Dies at 100". The Wall Street Journal. 
  7. McLellan, Dennis (27 de setembro de 2010). "Gloria Stuart dies at 100; 'Titanic' actress". Los Angeles Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 2 de xullo de 2015. 
  8. "In Memoriam: Gloria Stuart". The New Yorker. Condé Nast. 
  9. Stuart & Thompson 1999, p. 46.
  10. Gardner & Bellows 2007, p. 154.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]