Gliese 581 g
Aparencia
Gliese 581 g é un planeta do sistema Gliese 581, situado a 20 anos luz da Terra, na constelación de Libra.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi descuberto o 29 de setembro de 2010 e pola súa masa (entre 3 a 4 veces á da Terra), das súas temperaturas suaves na conxunción dos dous hemisferios, da súa localización na zona habitable da súa estrela, e da presenza presumiblemente dunha atmosfera significativa, constitúe o planeta extrasolar coñecido con máis probabilidade de conter formas de vida e xa que logo o máis semellante á Terra [1]. O planeta foi detectado mediante medicións da velocidade radial combinando 11 anos de datos do instrumento HIRES do telescopio Keck 1 e o instrumento HARPS do telescopio de 3,6 metros de ESO no Observatorio de La Silla.
Nota
[editar | editar a fonte]- ↑ "NASA and NSF-Funded Research Finds First Potentially Habitable Exoplanet". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2012. Consultado o 04 de outubro de 2010.