Gleisi Hoffmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gleisi Hoffmann
Gleisi hoffman 8jun2011senado.jpg
Xefa da Casa Civil
Período7 de xuño de 2011 - 2 de febreiro de 2014
AntecesorAntonio Palocci
SucesorAloizio Mercadante
Datos persoais
Nacemento6 de setembro de 1965
 Curitiba
OrganizaciónPartido dos Trabalhadores - PT
CónxuxePaulo Bernardo Silva
Alma máterCentro Universitário Curitiba e Universidade Tecnológica Federal do Paraná
Profesiónpolítica
editar datos en Wikidata ]

Gleisi Helena Hoffmann, nada en Curitiba o 6 de setembro de 1965, é unha avogada e política brasileira, era xefa da Casa Civil (especie de coordenación dos ministerios) dende o 7 de xuño de 2011, nomeada pola presidenta Dilma Rousseff.[1] É membro do Partido dos Trabalhadores, o PT, dende 1989.[2] Actualmente esta casada co político Paulo Bernardo.

En 1987, iniciou a graduación en Dereito da Facultade de Dereito de Curitiba e, a continuación, obtivo especialización en Xestión de Organizacións Públicas e Administración financeira na Asociación Brasileira de Orzamento público e na Escola Superior de Asuntos Fazendários do Ministerio de Facenda.

En 1999, foi secretaria de Reestruturación Administrativa, no Estado de Mato Groso do Sur. Foi tamén directora financeira da Encoro hidroeléctrico de Itaipú Binacional. Tornouse presidente do PT no Estado do Paraná. En 2010, elixiuse para o cargo de senadora.

Coa petición de dimisión de Antonio Palocci o 7 de xuño de 2011, Gleisi foi, o mesmo día, indicada ministra-xefe da Casa Civil.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]