Giuliana C. Tesoro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giuliana C. Tesoro
Nome completoGiuliana Cavaglieri
Nacemento1 de xuño de 1921
Lugar de nacementoVenecia
Falecemento29 de setembro de 2002
Lugar de falecementoDobbs Ferry
NacionalidadeItalia, Estados Unidos de América e Reino de Italia
Alma máterUniversidade Yale
Ocupaciónquímica e inventora
PremiosSociety of Women Engineers Achievement Award
editar datos en Wikidata ]

Giuliana C. Tesoro (de solteira Giuliana Cavaglieri) nada en Venecia, Italia o 1 de xuño de 1921 e finada en Dobbs Ferry, Nova York o 29 de setembro de 2002 á idade de 81 anos, foi unha química orgánica italiana con máis de 125 patentes nos Estados Unidos que fixo múltiples contribucións á industria téxtil. Unha das súas máis famosas invencións é a tea ignífuga.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cavaglieri naceu en Venecia en 1921 nunha familia xudía. En 1938, tras finalizar a educación secundaria negóuselle o acceso ao sistema universitario italiano polas leis raciais impostas polo goberno fascista. Mudouse a Suíza primeiro e en 1939 aos Estados Unidos.[3]

Nos Estados Unidos accedeu á Universidade de Yale, na cal se graduou rapidamente. En 1943, á idade de 21 anos, Cavaglieri obtivo o seu doutoramento en Química Orgánica.[4]

Traballou durante os veráns en Calico Chemical Company ata que en 1944 conseguiu un posto de traballo como investigadora química en Onyx Oil and Chemical Company. Foi ascendendo, a cabeza do departamento de sínteses orgánicas (1946), subdirectora de investigación (1955) e directora adxunta (1957). Posteriormente foi nomeada subdirectora de investigación orgánica en J.P. Stevens & Company. Trasladouse ao instituto de investigación téxtil durante dous anos. En 1969, aceptou un posto como química en Burlington Industries e foi nomeada directora do departamento de investigación química en 1971.

En 1972 aceptou un posto como profesora convidada no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts, onde estivo a ensinar até 1976. Quedou na facultade como profesora adxunta até 1982.[5] Despois trasladouse ao Instituto Politécnico de Nova York onde estivo a investigar até 1996, cando se retirou oficialmente.[1][6]

Contribucións á química e aos téxtiles[editar | editar a fonte]

Cavaglieri fixo numerosos avances no procesamento téxtil. Tamén mellorou o rendemento téxtil para os consumidores do día a día e a eficiencia dos sistemas de fabricación mediante avances nos compostos orgánicos. Desenvolveu fibras resistentes ao lume, deseñando formas de previr a acumulación estática en fibras sintéticas.[1]

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Foi membro de varios comités da Academia Nacional das Ciencias (National Academy of Sciences) e do Consello Nacional de Investigación (National Research Council) dos Estados Unidos

Tamén participou noutros comités entre os que se inclúen: a Organización das Fibras Téxtiles (the Fiber Society), da que foi fundadora e presidenta en 1974, a Asociación Americana de Químicos Téxtiles e Coloristas (the American Association of Textile Chemists and Colorists) e a Asociación Química Americana (the American Chemical Society).[6]

Entre os recoñecementos que lle foron outorgados atópase a Medalla Olney da Asociación Americana de Químicos Téxiltes e Coloristas en 1963 e o premio "Society of Women Engineers’ Achievement Award" en 1978.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Giuliana Tesoro". Inventor of the Week Archive. MIT. Consultado o 9 de marzo de 2013. 
  2. "Paid Notice: Deaths TESORO, GIULIANA". New York Times. New York Times. Consultado o 9 de marzo de 2013. 
  3. George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesoro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto and Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, p.372.
  4. 4,0 4,1 "Women's History Month - Giuliana Tesoro". Smithtown Matters. Consultado o 9 de marzo de 2013. 
  5. George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesoro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto and Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, p.373.
  6. 6,0 6,1 Wayne, Tiffany K. (2011). American Women of Science Since 1900. Greenwood Publishing Group. pp. 912–913. ISBN 978-1-59884-158-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • George Carpetto, "Giuliana Cavaglieri Tesouro." In Italian Americans on the Twentieth Century, ed. George Carpetto e Diane M. Evanac. Tampa, FL: Loggia Press, 1999, pp. 372–373.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]