Giovanni Anselmo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiovanni Anselmo
Biografía
Nacemento5 de agosto de 1934 Editar o valor em Wikidata
Borgofranco d'Ivrea, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 2023 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Turín, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , artista conceptual , ilustrador , debuxante Editar o valor em Wikidata
MovementoArte povera Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
RepresentanteGalerie Micheline Szwajcer (en) Traducir, Konrad Fischer Galerie (en) Traducir e Marian Goodman Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
19 de xuño de 1982Documenta 7 (pt) Traducir
30 de xuño de 1972Documenta 5 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ceo condensado (1987). Münster, Alemaña

Giovanni Anselmo, nado en Borgofranco d'Ivrea o 5 de agosto de 1934 e finado o 18 de decembro de 2023, foi un escultor italiano e un os principais representantes da arte Povera, que consiste en achegarse á natureza da materia orgánica e inorgánica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O espazo tempo no que o espectador se introduce e participa ante a obra de Anselmo non é a metáfora da sensibilidade senón a existencia real desta sensibilidade e da súa produción. A obra de Giovanni a fin de explicar as mutacións da existencia e da historia fundaméntase nesa noción da realidade na que se sitúa o home e a súa inestabilidade no medio, nas mutacións, nas perturbacións dos materiais, da enerxía e das forzas contrarias como a gravidade. De modo que rompe co concepto de representación formal a través das mutacións temporais, que son metáfora do tempo imaxinado, pasado, presente e futuro. As obras de Anselmo xorden sempre dunha relación consigo mesmo, das súas experiencias persoais e individuais, suxerindo o modo no que el se sitúa na terra. Este artista utiliza os materiais de acordo coas súas características específicas. Así utilizou o ferro como metáfora temporal porque se oxida e desaparece, e tamén do azucre, a graxa, o pan, a auga ou a leituga. Mentres que a pedra, aparece polo seu peso, por ter a mesma orixe que o home, pola súa evolución, suxerindo así unha tensión tempo-espazo. En Senza titolo de 1968 composta por leituga, granito, serraduras e cobre; a leituga cando se deshidrata co paso do tempo diminúe o volume e co paso do tempo tenda a caer nas serraduras.

Obra (escolma)[editar | editar a fonte]

  • Infinito (1971)
  • Specchio (1968)
  • Torsione (1968)
  • L'Aurea della Pittura (1996)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Moure, G; Anselmo, G.; Cora, B.: Giovanni Anselmo. Polígrafa, 1995

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]