Giovanna Trillini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Giovanna trillini.jpg

Giovanna Trillini, nada en Jesi o 17 de maio de 1970, é unha tiradora de esgrima italiana, gañadora de oito medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou, aos 22 anos, nos Xogos Olímpicos de 1992 celebrados en Barcelona, gañando a medalla de ouro nas probas individual e por equipos da modalidade de florete. Nos Xogos Olímpicos de 1996 celebrados en Atlanta revalidou a súa medalla de ouro na proba por equipos, gañando a medalla de bronce en individual, metais que repetiu nos Xogos Olímpicos de 2000 de Sidney. Nos Xogos Olímpicos de 2004 de Atenas gañou a medalla de prata na proba individual (non houbo nesta ocasión competición por equipos na modalidade de florete) ao perden na final coa súa compatriota Valentina Vezzali. Nos Xogos Olímpicos de 2008 de Pequín gañou a medalla de bronce na proba per equipos e rematou cuarta na individual, conseguindo así un diploma olímpico.

Ao longo da súa carreira gañou dezanove medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas nove de ouro; e seis medallas no Campionato de Europa da especialidade, dúas delas de ouro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Giovanna Trillini