Giovanna Botteri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGiovanna Botteri
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Trieste, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Trieste (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana, lingua inglesa, lingua francesa e lingua montenegrina Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaLanfranco Pace (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 3614829 Editar o valor em Wikidata

Giovanna Botteri, nada en Trieste o 14 de xuño de 1957, é unha xornalista italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do xornalista Guido Botteri, exdirector da RAI Friuli-Venezia Giulia [1] [2], e de nai montenegrina [3], licenciouse en filosofía pola Universidade de Trieste, e logo doutorouse en historia do cine na Sorbona de París[4].

Empezou a colaborar en revistas de filosofía como Aut Aut e Alfabeta e a partir de 1983 nos xornais Il Piccolo e Alto Adige [5] [6] para pasar en 1985 a traballar para a RAI de Trieste, primeiro na radio e máis tarde na televisión. En maio de 1986 fixo un especial con Margherita Hack para RAI 3, e logo colaborou con Michele Santoro no programa Samarcanda. En decembro de 1988 entrou na redacción internacional do telexornal TG3 [4].

Como enviada especial e correspondente seguiu numerosos e importantes eventos internacionais: en 1991 o colapso da Unión Soviética e o inicio da guerra de independencia en Croacia, de 1992 a 1996 a guerra en Bosnia e o asedio en Sarajevo onde, xunto con Miran Hrovatin, filmou o lume da Biblioteca Nacional, o masacre de Markale e o de Srebrenica. Estivo en Alxeria, Suráfrica, Irán e Albania, onde seguiu a rebelión en Vlorë en 1997 para despois documentar a guerra en Kosovo e entrar en Peć canda o exército italiano en 1999. Nese ano volveu traballar con Santoro para Circus e en 2000 para Sciuscià [7].

Tras seguir o contracumio do G 8 de Xénova en 2001 [5] estivo en Afganistán ata o derrocamento do réxime talibán e, como correspondente do TG2 e do TG3, en Iraq antes e durante a segunda guerra do Golfo [5]. En outubro de 2002 seguiu as inspeccións das Nacións Unidas ás prisións iraquís e, xunto con Guido Cravero, filmou en exclusiva mundial tanto o inicio dos bombardeos en Bagdad o 20 de marzo do 2003 [5] como a chegada dos tanques dos Estados Unidos o 9 de abril. De 2000 a 2004 dirixiu a edición nocturna do TG 3 e entre 2005 e 2006 a edición principal, a das 19:00 horas, e de 2007 a 2019 foi correspondente nos Estados Unidos. Dende o 1 de agosto de 2019 é correspondente da RAI na China, centrando as súas reportaxes e novas dende finais de decembro de 2019 na pandemia coñecida como COVID-19, causada polo virus SARS-CoV-2.

Nota[editar | editar a fonte]

  1. "Trieste, è morto Guido Botteri". Il Piccolo. 30 de xaneiro de 2016. 
  2. "Addio al giornalista Guido Botteri". editora tv. 1 de febreiro de 2016. 
  3. ""Premio di vetro" a Giovanna Botteri: cerimonia con lectio magistralis“". Triestre Prima. 27 de decembro de 2019. 
  4. 4,0 4,1 "Botteri, Giovanna". Treccani. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Giovanna Botteri". rai.it. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2016. Consultado o 01 de xuño de 2020. 
  6. "Albo d'oro anno 2003. Quarta edizione". premioroma.it. 
  7. "Giovanna Botteri, chi è la giornalista Rai finita nel mirino delle critiche di Striscia la Notizia". TPI. 4 de maio de 2020.