Saltar ao contido

Giorgia Gargano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiorgia Gargano
Biografía
Nacementoxullo de 1970 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Oppido Mamertina Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza.
Universidade do Salento.
Actividade
Campo de traballoNumismática, arqueoloxía.
Ocupaciónnumismática Editar o valor en Wikidata

Giorgia Gargano, nada en Oppido Mamertina, Calabria, o 18 de xullo de 1970, é unha numismática e arqueóloga italiana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Giorgia Gargano licenciouse en Literatura na Universidade La Sapienza de Roma, cunha tese de graduación baseada na numismática grega e romana, e logo especializouse en Arqueoloxía Clásica na Universidade de Lecce en 2002, cun traballo sobre numismática grega. Posteriormente, acadou un diploma anual de especialización en Educación Museística na Universidade de Ferrara, e outro de carácter bianual de posgrao en educación secundaria na Universidade de Calabria.[1]

Traxectoria profesional e académica

[editar | editar a fonte]

Entre 1999 e 2014 traballou como arqueóloga de xeito autónomo, tanto para o Estado italiano como para entidades privadas, e encargouse da coordinación de escavacións no sitio arqueolóxico itálico-romano da antiga Tauriana, nas necrópoles grecorromanas de Via Cesare Battisti en Messina, na zona do santuario da época grega de Hipponione e no asentamento e as necrópoles romanas de Metauros.[1]

Desde 2014, Gargano é profesora de Literatura no ensino secundario por oposición, e compaxina este traballo coa súa dedicación aos estudos numismáticos e á actividade museística. Nos trienios 2014-2017 e 2020-2022, o Ministerio de Bens Culturais e Actividades e Turismo de Italia nomeouna inspectora honoraria do patrimonio numismático de Calabria,[2] e en novembro de 2018 converteuse en membro do Comité Científico Numismático dos Museos de Calabria.[1]

Desde o inicio da súa carreira de Arqueoloxía, dedicouse de xeito independente ao estudo, a inventariación e a catalogación de achados numismáticos procedentes de escavacións e coleccións museísticas. Este labor deu lugar a varias das súas principais publicacións.[1]

De 2019 a 2024, Gargano foi ademais concelleira de Cultura e Educación Pública do municipio de Lamezia Terme.[3][2]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos da traxectoria de Giorgia Gargano:

  1. 1 2 3 4 Curriculum vitae et studiorum di Giorgia Gargano[Ligazón morta]. Trasparenza.tinnservice.com.
  2. 1 2 "Georgia Gargano". Academia.edu
  3. Città di Lamezia Terme, Giorgia Gargano[Ligazón morta]. Citta'Di Lamaezia Terme (Trasparenza.tinnvision.cloud).