Giorgi Tsitaishvili
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 18 de novembro de 2000 Rishon LeZion, Israel | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,71 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 9 de maio de 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Xeorxia Ucraína | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Klimenti Tsitaishvili | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Giorgi Tsitaishvili (en xeorxiano: გიორგი წიტაიშვილი), nado en Rishon LeZion o 18 de novembro de 2000, é un futbolista xeorxiano que xoga de extremo no Granada, da Segunda División, cedido polo Dynamo Kyiv. É internacional coa selección de Xeorxia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu o 18 de novembro de 2000 na cidade israelí de Rishon LeZion, sendo fillo do futbolista xeorxiano Klimenti Tsitaishvili, que por aquel entón militaba no Hapoel Rishon LeZion. Ten ascendencia ucraína por parte dunha das súas avoas.[1] Formouse como futbolista na canteira do Dynamo Kyiv, debutando co primeiro equipo o 9 de maio de 2018, con só 17 anos, na final da Copa de Ucraína ante o Shakhtar Donetsk.
Nas seguintes campañas, aínda como xuvenil, continuou xogando esporadicamente co primeiro equipo, ata que en decembro de 2020 saíu cedido ao Vorskla Poltava.[2] En xullo de 2021 saíu cedido ao Chornomorets Odesa. A continuación xogou cedido en Polonia, nas filas do Wisła Kraków primeiro e do Lech Poznań despois,[3] e en Xeorxia, onde vestiu a camiseta do Dinamo Batumi.[4] Con este último club proclamouse campión da liga xeorxiana.
Para a tempada 2024/25 foi cedido ao Granada, da Segunda División española.[5]
Selección xeorxiana
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas categorías inferiores da selección ucraína, chegando a disputar e gañar a Copa do Mundo sub-20. Xogou cinco dos sete partidos do seu equipo no torneo e marcou un gol na final contra Corea do Sur.
En 2021, xa a nivel absoluto, decidiu cambiar de selección, pasando a xogar con Xeorxia, coa que debutou o 2 de setembro de 2021 nun partido de clasificación para a Copa do Mundo contra Kosovo. O 26 de setembro de 2022 marcou o seu primeiro gol coa selección xeorxiana, nun partido da Liga de Nacións da UEFA contra Xibraltar.[6]
En 2023 participou co combinado sub-21 no Campionato de Europa da categoría, coorganizado por Xeorxia. Tamén participou nos dous partidos do play-off de clasificación para a Eurocopa 2024, contribuíndo a que o seu equipo se clasificase para un gran torneo por primeira vez na súa historia.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Я нікого не зраджував". Цітаішвілі пояснив зміну громадянства" (en ucraíno). 19 de outubro de 2021. Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "Юрий Максимов: "Ворскла" арендует у "Динамо" Цитаишвили"" (en ucraíno). 30 de decembro de 2020. Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "Gio Tsitaishvili dołącza do Kolejorza" (en polaco). 1 de xullo de 2022. Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "ოფიციალურად: გიორგი წიტაიშვილი "დინამო ბათუმის" ფეხბურთელია" (en xeorxiano). 4 de xullo de 2023. Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "Giorgi Tsitaishvili, nuevo jugador del Granada CF" (en castelán). 26 de xullo de 2024. Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "Xibraltar - Xeorxia 2022". UEFA (en inglés). Consultado o 21 de maio de 2025.
- ↑ "საქართველოს ნაკრების შემადგენლობა Euro 2024-ზე ცნობილია - ვინ მიდის გერმანიაში?" (en xeorxiano). 22 de maio de 2024. Consultado o 21 de maio de 2025.
- Nados en 2000
- Nados en Israel
- Futbolistas de Xeorxia
- Futbolistas de Israel
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do FC Dynamo Kyiv
- Xogadores do FC Chornomorets Odesa
- Xogadores do Wisła Kraków
- Xogadores do Lech Poznań
- Xogadores do Granada CF
- Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024
- Xogadores da selección de fútbol de Xeorxia