Ginger, a princesa do judo
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Ginger, a princesa de judo | |
---|---|
やわら (Yawara!) | |
Manga | |
Creado por | Naoki Urasawa |
Editor | Weekly Big Comic Spirits |
Publicado en | Shogakukan |
Primeira edición | 1986 |
Última edición | 1993 |
Núm. de volumes | 29 |
Anime '' | |
Dirixido por | Hiroko Tokita |
Estudio | Kitty Films |
Canle televisiva | NTV TVG Network Ten Spacetoon |
Primeira emisión | 16 de outubro do 1989 |
Última emisión | 21 de setembro do 1992 |
Núm. de capítulos | 124 |
Ginger, a princesa de judo (やわら Yawara! título orixinal) é un manga xaponés de Naoki Urasawa que se publicou no 1986 deica 1993 na semanal Big Comic Spirits.
O 16 de outubro do 1989 NTV comezou a emiti-la adaptación ó anime que remataría o 21 de setembro do 1992 cun total de 124 capítulos. Cada episodio finaliza cunha conta atrás dos días restantes para que dese comezo os Xogos Olímpicos de Barcelona.
En Galiza o anime emitiuse na grella da TVG no espazo xuvenil Xabarín Club.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ginger Inokuma (Yawara Inokuma na versión orixinal), é unha rapaza de 16 anos que aspira a ter unha vida normal como as demais mozas da súa idade, porén, debido ó seu innato talento, vese obrigada a seguir practicando o judo polo seu autoritario avó, Jigorou Inokuma, co obxectivo de logra-lo campionato no Xapón e a medalla douro nos xogos olímpicos da Barcelona do 1992. Debido ás presións do seu avó, ela ten unha mala actitude en xeral acerca do judo, eludíndoo canto lle sexa posíbel. No entanto, máis adiante, ela empeza a comprender por que o seu avó ama tanto o judo, e ela comeza a o estimar máis.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ginger Inokuma (猪熊 柔 Inokuma Yawara). É a protagonista da serie, é unha moza de 16 anos que dende cativa obrigárona a practicar un judo moi rigoroso para ser de maior unha gran promesa. Ela ten bos sentimentos, é amábel, honesta e sempre esta disposta a axudar ós demais. A súa fortaleza dentro do tatami é totalmente contraria á súa vida cotiá, fóra del é feble, indecisa e bastante influenciábel. O seu soño e achar mozo.
- Jigorou Inokuma (猪熊 滋悟郎 Inokuma Jigorou). O avó de Ginger é o mestre de judo máis famoso do Xapón sendo un judoka de 9º dan e gañador en 5 ocasións do campionato nacional e unha medalla de ouro nas olimpíadas, o seu amor polo judo só é comparábel polo amor que lle ten a súa neta ou pola comida. O seu judo non é comparábel ó de ningún outro, e a súa técnica é practicamente invencíbel. É unha persoa moi respectable e segura de si mesma. O seu obxectivo é que Ginger obteña a medalla douro nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 e a medalla de honor nacional.
- Sayaka Honami (本阿弥 さやか Honami Sayaka). É a rival por excelencia de Ginger, sempre gañaba en tódolos deportes que se propuña, mais nunca lle puido gañar nun combate e dispútanse a Kasamatshuri entre as dúas. Ela é guapa, adiñeirada e moi consentida. A súa familia é unha das máis importantes e influentes do Xapón.
- Shinnosuke Kazamatsuri (風祭 進之介 Kazamatsuri Shinnosuke). É un dos mellores adestradores de judo en todo o Xapón, el sente unha grande admiración por Jigorou Inokuma. Foi contratado por Sayaka Honami para a adestrar. A pesar de ser moi tímido ten moito éxito coas mulleres por cuida-lo seu aspecto. Ende mal para Sayaka Shinnosuke está interesado por Ginger.
- Kosaku Matsuda (松田 耕作 Matsuda Kosaku). É un reporteiro que traballa para unha revista deportiva. Fan número un de Ginger, é o que a promocionou publicamente. Os dous están namorados un do outro pero sempre acaban discutindo. El é unha gran persoa e de toda confianza. A súa vida é o xornalismo e cando se propón algo non para ata conseguilo. O seu problema é que non amosa os seus verdadeiros sentimentos. Está certo que Ginger será a meirande estrela do deporte do Xapón e mesmo do mundo.
- Fujiko Itto. A mellor amiga de Ginger. Foi a que a convenceu para que non deixase o judo. É boa persoa e está traumatizada pola súa altura, cousa que lle impediu cumprir o seu soño de ser bailarina de ballet. Cando loita ten pánico cada vez que sobe ó tatami.
Notas
[editar | editar a fonte]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Yawara! na IMDb
- Páxina Oficial (en xaponés)
- Yawara! (en castelán)