Ginette Neveu
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 11 de agosto de 1919 París |
| Morte | 28 de outubro de 1949 Azores |
| Causa da morte | morte accidental, accidente de aviación |
| Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 11 (valor descoñecido–) Bantzenheim (valor descoñecido–valor descoñecido) tumba de Neveu |
| Educación | Conservatorio de París |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Interpretación con violín |
| Ocupación | violinista, música |
| Período de actividade | 1935 |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Profesores | Nadia Boulanger |
| Instrumento | Violín |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
Ginette Neveu, nada en París o 11 de agosto de 1919 e finada nos Azores o 28 de outubro de 1949, foi unha recoñecida violinista francesa.
Orixes e formación musical
[editar | editar a fonte]Ginette Renée Neveu naceu o 11 de agosto de 1919 en París, nunha familia moi vinculada á música. A súa nai, Marie Jeanne Ronze, era profesora de violín[1], e o pai, Maurice Neveu, traballaba nas carreiras de cabalos. Tamén o seu irmán maior, Jean Neveu, dedicouse á música, coma pianista, e xuntos formarían un dúo.[2]
Desde nena Ginette mostrou un gran talento para a música, e aos sete anos realizou o seu debut interpretando o Concerto para violín en sol menor de Max Bruch. Ginette tivo unha educación musical moi variada e completa. Estudou con Line Talluel, e máis tarde no Conservatorio de París, con Jules Boucherit. Alí gañou un primeiro premio en 1931. Máis adiante continuou perfeccionándose con violinistas como George Enescu ou Carl Flesch, e tamén estudou composición con Nadia Boulanger. [3][4][5]Toda esta formación axudoulle a desenvolver un estilo interpretativo propio e un son impecable.
Recoñecemento internacional
[editar | editar a fonte]En 1935, á idade de 15 anos, Ginette Neveu acadou a fama internacional ao gañar o primeiro premio no Concurso Internacional de Violín Henryk Wieniawski en Varsovia, superando violinistas como David Oistrakh, quen levou o segundo premio.[6][7] Este logro foi o inicio dunha carreira brillante, que a faría tocar en importantes escenarios de Europa e América. Entre 1935 e 1937 realizou xiras por países como Polonia, Alemaña, a Unión Soviética, Estados Unidos e Canadá,[8] consolidando a súa reputación como unha das mellores violinistas da súa xeración.[9]
Durante a segunda guerra mundial Neveu limitou as súas actuacións, presentándose en pequenas salas e profundando no seu repertorio. Esta etapa de introspección e estudo enriqueceu a súa interpretación, dotándoa dunha profundidade que sería amplamente recoñecida nas súas actuacións futuras.[10]
Trala guerra, continuo a súa carreira internacional. En 1945, debutou en Londres co Concerto para violín de Brahms, e en 1946 gravou nos estudos Abbey Road de Londres obras como Tzigane de Ravel, o Poème de Chausson e pezas de Chopin e Falla, moitas delas acompañada polo seu irmán Jean. [11]Estas gravacións foron feitas grazas á axuda do director Herbert von Karajan, e son consideradas testemuños enormes da súa arte.
Morte
[editar | editar a fonte]O 28 de outubro de 1949, Ginette Neveu e o seu irmán Jean faleceron nun accidente aéreo cando o avión de Air France no que viaxaban cara a América estrelouse na illa de São Miguel, nos Azores.[12][13][14] No mesmo tamén perdeu a vida o boxeador Marcel Cerdan. Ao inicio, o corpo de Ginette foi confundido co doutra pasaxeira e enterrado en Alsacia, pero máis tarde foi trasladado ao cemiterio do Père-Lachaise en París, onde descansa actualmente. O seu violín Stradivarius perdeuse no accidente[15].
Estilo interpretativo
[editar | editar a fonte]Ginette Neveu foi admirada polo seu estilo interpretativo apaixonado e virtuoso. A súa técnica excepcional e a súa capacidade para transmitir emocións distinguíana dos violinistas da época[16][17]. Estas calidades convertérona nunha intérprete admirada tanto polo público como pola crítica.
Entre as súas gravacións[18] máis destacadas atópanse os concertos para violín de Brahms, Sibelius ou Beethoven, e tamén interpretacións de obras de Ravel, Chausson e Strauss[19]. [20]Estas gravacións, moitas realizadas co seu irmán Jean, continúan sendo referencia obrigada para os amantes do violín.
Homenaxes
[editar | editar a fonte]Na súa homenaxe, nomeáronse unha rúa e un xardín no XVIII Distrito de París. Ademais, a súa historia foi obxecto de numerosos estudos e biografías, entre elas a escrita pola súa nai, “Ginette Neveu: La fulgurante carrière d’une grande artiste[21]”.
Ginette Neveu deixou unha importante pegada no mundo da música clásica. O seu talento prodixioso, a súa gran dedicación, e a súa profunda sensibilidade artística convértena nunha das violinistas máis destacadas do século XX.[22] A pesar da súa curta vida, o seu legado perdura a través das súas gravacións e do seu recordo.[23]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ "Ginette Neveu". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
- ↑ Lockspeiser, Edward (1957). "Review of Ginette Neveu". The Musical Times 98 (1375): 488–488. ISSN 0027-4666. doi:10.2307/937360.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ Osborne, Nigel (1984). "Panufnik at 70". Tempo (150): 2–10. ISSN 0040-2982.
- ↑ Hoyaux, Jean (1949). "Adieu, Ginette Neveu". Hommes et mondes 10 (41): 621–623. ISSN 0994-5873.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ Derom, Eric (2015). "Symphonic Music in Occupied Belgium, 1940-1944: The Role of "German-Friendly" Music Societies". Revue belge de Musicologie / Belgisch Tijdschrift voor Muziekwetenschap 69: 109–125. ISSN 0771-6788.
- ↑ "Ginette Neveu". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
- ↑ "Ginette Neveu". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
- ↑ Lockspeiser, Edward (1957). "Review of Ginette Neveu". The Musical Times 98 (1375): 488–488. ISSN 0027-4666. doi:10.2307/937360.
- ↑ Lockspeiser, Edward; Ronze-Neveu, M. J.; Kemp, Joyce L. (1957-09). "Ginette Neveu". The Musical Times 98 (1375): 488. ISSN 0027-4666. doi:10.2307/937360.
- ↑ Griffin, Helga M. (2021). The Wreck of the Deutschland. A Memoir (2 ed.). ANU Press. pp. 191–208.
- ↑ Lockspeiser, Edward (1957). "Review of Ginette Neveu". The Musical Times 98 (1375): 488–488. ISSN 0027-4666. doi:10.2307/937360.
- ↑ "Ginette Neveu". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
- ↑ "Ginette Neveu | Warner Classics". www.warnerclassics.com. Consultado o 2025-05-07.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ "Ginette Neveu". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
- ↑ Ronze-Neveu, Marie-Jeanne (1952). Ginette Neveu: la fulgurante carrière d'une grande artiste (en francés). P. Horay.
- ↑ "Neveu, Ginette". Grove Music Online (en inglés). doi:10.1093/gmo/9781561592630.001.0001/omo-9781561592630-e-0000019801. Consultado o 2025-05-18.
- ↑ "C. Ernest Coward". The Musical Times 90 (1281): 410–410. 1949. ISSN 0027-4666.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- https://www.warnerclassics.com/es/artist/ginette-neveu
- Ginette Neveu. (1949). The Musical Times, 90(1281), 410–410.
- Lockspeiser, E. (1957). [Review of Ginette Neveu, by M. J. Ronze-Neveu & J. L. Kemp]. The Musical Times, 98(1375), 488–488.
- HOYAUX, J. (1949). ADIEU, GINETTE NEVEU. Hommes et Mondes, 10(41), 621–623.