Saltar ao contido

Gilda (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGilda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Myriam Alejandra Bianchi Editar o valor en Wikidata
11 de outubro de 1961 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Villa Paranacito Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Chacarita Editar o valor en Wikidata
Outros nomesGilda Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositora, mestra de preescolar Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor en Wikidata - 1996 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoCumbia Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2791060 BNE: XX5731324 Spotify: 6Q6qTNC2rAegcR5QjzcRgE Musicbrainz: ee8bb84b-b97e-4a39-a6de-5642d98fceed Songkick: 351065 Discogs: 2484619 Allmusic: mn0000657684 WikiTree: Bianchi-674 Find a Grave: 7247668 Genius: Gilda Editar o valor en Wikidata

Myriam Alejandra Bianchi,[1] nada en Villa Devoto (Buenos Aires) o 11 de outubro de 1961 e finado en Villa Paranacito (Entre Ríos) o 7 de setembro de 1996, foi unha cantante e compositora arxentina, coñecida como Gilda. Está considerada unha das máximas expoñentes da cumbia tropical na Arxentina grazas á súa carreira de éxitos de apenas seis anos, que outorgou popularidade ao xénero a mediados da década de 1990.

Debido á súa carismática personalidade, xunto coa súa tráxica morte no apoxeo da súa carreira, Gilda converteuse nunha icona popular que mesmo chegou a ser considerada unha santa popular e unha santa pagá,[2] á que se lle atribuíron milagres[3][4] e provocaron a súa veneración por algúns cidadáns arxentinos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Myriam Alejandra Bianchi naceu no barrio de Villa Devoto da cidade de Buenos Aires, filla máis vella de Omar Eduardo Bianchi, empregado público, e de Isabel Scioli, profesora de piano. Tiña un irmán máis novo, homónimo do seu pai.

Gilda comezou a prepararse como profesora de educación física, mais debeu interrompelo en 1997 ao finar o seu pai. Por ese motivo debeu facerse cargo do fogar, herdadndo o seu posto administrativo na sección de rendas. Posteriormente, estudou profesorado de educación inicial,[5] profesión que exerceu un par de anos ata que a abandonou en 1992 para dedicarse á música.

A súa carreira comezou cando respondeu a un anuncio nun xornal onde pedían vocalistas para un grupo musical.[6][7] A súa voz e carisma garantíronlle un lugar nunha banda de xénero tropical, e a súa familia cedeu despois dunha oposición tenaz a que entrase no mundo do espectáculo e en especial da cumbia, que nese tempo aínda non entrar de xeito masivo nas clases medias e altas da Arxentina.[6] Nos comezos da súa nova carreira coñeceu a Juan Carlos "Toti" Giménez, compositor e teclistas, quen en 1991 a propuxo para facer voces en varios temas do sétimo disco do grupo Las Primas. Máis tarde convertéronse en parella artística.

Falecemento

[editar | editar a fonte]
Tumba de Gilda no Cemiterio da Chacarita (á esquerda a tumba da súa filla, Mariel)

O 7 de setembro de 1996, Gilda trasladábase no seu microbús de xira xunto á súa nai (Isabel Scioli), a súa filla (Mariel), o seu fillo (Fabrizio), o seu produtor (Toti) e tres músicos da súa banda. Mentres o vehículo con dirección á provincia de Entre Ríos transitaba polo quilómetro 129 da Ruta Nacional 12, un camión embestiunos e a cantante faleceu no acto aos 34 anos, igual que a súa nai, a súa filla, os músicos e o condutor. Os únicos sobreviventes do choque foron o seu fillo e o seu produtor.[6]

Gilda, a súa nai e a súa filla foron sepultadas en criptas do cemiterio da Chacarita, na cidade de Buenos Aires.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Gilda casou en 1984 co empresario Raúl Cagnin con quen tivo dous fillos, Mariel e Fabrizio Cagnin.[6] Divorciáronse unha década despois, xa que el non aceptaba a súa idea de dedicarse á música. A súa canción "No me arrepiento de este amor" baseouse na ruptura co seu marido, de quen os seus compañeiros de banda afirman que, a pesar de estar separada, nunca puido superar esa relación.

Rumoreouse que Gilda e o seu produtor Toti Giménez tiñan unha relación sentimental. Nun momento supúxose que esa historia foi un invento de Giménez de acordo con ela porque o ambiente da cumbia era complexo para unha muller soa de clase media. Trala morte de Gilda, Giménez negou todo tipo de ligazón sentimental, afirmando que foi unha relación breve e que fóra do ámbito profesional tiñan moi mala relación. Algúns membros da banda da época negaron todo tipo de relación sentimental.[7]

Desde antes da súa morte, moitos fanáticos atribuíronlle a condición de santa popular debido a que cren que realizou varios milagres.[9][10] No lugar da súa morte construíuse un santuario que é visitado por devotos e fanáticos que lle profesan culto. Alí tamén se conservan os restos do microbús en que faleceu. O seu interior empregouse para montarlle outro templo de adoración.[11][12]

En 2012 publicouse a súa única biografía autorizada titulada Gilda, la abanderada de la bailanta, escrita polo xornalista e escritor Alejandro Margulis.[13]

En 2015 estreouse en Buenos Aires a obra teatral Gilda, escrita e protagonizada por Florencia Berthold, con dirección de Iván Espeche.[14]

En 2016, ao cumprirse o seu vixésimo cabodano estreouse o filme Gilda, protagonizado por Natalia Oreiro,[15] coa participación dalgúns dos seus músicos, como Daniel de la Cruz, Marcelo Inamorato, Edwin Manrique, Jordán Otero e Manuel Vázquez.

En 2018 anunciouse unha serie de trece capítulos sobre a súa vida, Yo soy Gilda: amar es un milagro, protagonizada por Brenda Asnicar.[16]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Durante a vida de Gilda publicáronse catro álbums de estudio e tralo seu falecemento lanzáronse outros catro álbums póstumos e oito recompilatorios, que continuaron a darlle relevancia décadas despois da súa carreira musical.[17]

  • 1992: De corazón a corazón (reeditado en 1996 como Si hay alguien en tu vida)
  • 1993: La única
  • 1994: Pasito a pasito con... Gilda (Reeditado en 2006 como No me arrepiento de este amor)
  • 1995: Corazón valiente
Álbums póstumos
  • 1997: Entre el cielo y la tierra
  • 1997: Gilda - Un sueño hecho realidad Vol 1
  • 1999: Las alas del alma
  • 1999: Gilda - Un sueño hecho realidad Vol 2
Recompilatorios
  • 1997: Los más grandes éxitos
  • 1997: Por siempre Gilda
  • 2004: Grandes éxitos en vivo
  • 2004: Los más grandes éxitos
  • 2011: 20 grandes éxitos
  • 2012: Gilda
  • 2014: Grandes éxitos
  • 2016: Un amor verdadero
  1. ↑ Gilda en Find a Grave (en inglés)
  2. ↑ "Gilda: la santa pagana a la que le atribuyen milagros y que murió viajando en el micro que hoy es su santuario". La Nación. 7 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2022. Consultado o 26 de decembro de 2022.
  3. ↑ "Santa Gilda: cómo una cantante de cumbia se convirtió en ícono feminista que hacía milagros". México pragmático. 19 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2022. Consultado o 26 de decembro de 2022.
  4. ↑ "A 26 años de la muerte de Gilda: los milagros que se le atribuyen". TN. 7 de setembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2022. Consultado o 26 de decembro de 2022.
  5. ↑ Manzoni, Carlos (21 de setembro de 2020). "Gilda. El trágico final de la exitosa cantante que adelantó su despedida". La Nación. Consultado o 2021-09-07.
  6. 1 2 3 4 "Se cumplen 15 años de la muerte de Gilda". Esperanza News. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2017.
  7. 1 2 "A 20 años de la muerte de Gilda, revelan fotos inéditas de su romance secreto". Infocielo (en castelán). 7 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2017. Consultado o 26 de febreiro de 2017.
  8. ↑ "Un día como hoy fallece la cantante Gilda". Radio El Valle. 7 de setembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2016. Consultado o 4 de setembro de 2016.
  9. ↑ National Geographic. "Los Santos Populares". National Geographic. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2013.
  10. ↑ Martín, Eloísa (2007-12). "Gilda, el ángel de la cumbia: prácticas de sacralización de una cantante argentina". Religião & Sociedade 27 (2): 30–54. ISSN 0100-8587. doi:10.1590/s0100-85872007000200003. Consultado o 2021-09-07.
  11. ↑ "Gilda de los milagros". La Nación. 10 de outubro de 1999. Consultado o 2021-09-07.
  12. ↑ "El santuario de Gilda ubicado a la vera de la ruta mantiene viva la imagen de un mito popular". TN. 3 de outubro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2022. Consultado o 26 de decembro de 2022.
  13. ↑ Rovaletti, Julieta (24 de outubro de 2015). "Gilda ya tiene una obra que cuenta su vida". La Nación (en castelán). Consultado o 2021-09-07.
  14. ↑ "Gilda ya tiene su obra teatral". Télam. 28 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-09-07.
  15. ↑ "Las imágenes de la película de Gilda, protagonizada por Natalia Oreiro". Infobae (en castelán). 19 de abril de 2016. Consultado o 2021-09-07.
  16. ↑ Montagna, Pablo (15 de xuño de 2021). "La TV Pública, más cerca de estrenar la serie Gilda, amar es un milagro". La Nación. Consultado o 16 de setembro de 2021.
  17. ↑ CMTV. "Biografía de Gilda". CMTV (en castelán). Consultado o 2024-04-15.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]