Gilberto Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gilberto Gómez González, nado en Albeos o 12 de febreiro de 1953, é un bispo católico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordeouse crego católico en 1975 en Tui. Foi vicerreitor e profesor de lingua e literatura española do seminario menor da diocese de Tui-Vigo. Pertence á Sociedade Sacerdotal da Santa Cruz, dependente da Prelatura do Opus Dei,[1] en 1986 marcha como misioneiro á diocese de Abancay da que é responsable esta organización, en Perú, onde ocupa os cargos de crego dunha parroquia e de reitor do seminario menor, e despois como reitor do seminario maior de Abancay[2]. En 2001 é nomeado bispo auxiliar da diocese de Abancay, no Perú.

Ademais da súa actividade pastoral, monseñor Gómez é un gran amante da literatura, sobre todo teatro e poesía, e ten publicado poemarios de temática relixiosa.

Obra poética[editar | editar a fonte]

  • Gómez González, Gilberto (2005). Via Lucis. Fundación Fernando Rielo. ISBN 8486942640. 

Notas[editar | editar a fonte]