Gilbert Baker
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1951 Chanute, Estados Unidos de América (pt) |
Morte | 31 de marzo de 2017 (65 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Doenza arterial coronaria |
Educación | Parsons Senior High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Deseño |
Ocupación | artista, activista LGBT, deseñador |
Partido político | Partido Demócrata |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | 40 LGBT+ qui ont changé le monde (en) |
Sitio web | gilbertbaker.com |
Gilbert Baker (Chanute, Kansas, 2 de xuño de 1951-Cidade de Nova York, 30 de marzo de 2017) foi un artista e activista polos dereitos civís que en 1978 deseñou a bandeira LGBT, tamén coñecida como bandeira do arco da vella ou bandeira da liberdade.[Cómpre referencia][1]
Biografía
[editar | editar a fonte]Baker serviu no Exército dos Estados Unidos de 1970 a 1972. Foi destinado a San Francisco na época do movemento de liberación LGBT. Tras ser licenciado con honras, decidiu aprender costura de maneira autodidacta e empezou a deseñar pancartas para as manifestacións en contra da guerra e a favor dos dereitos dos homosexuais. Foi durante estes anos que coñeceu e estableceu amizade co político e activista Harvey Milk.
En 1979 empezou a traballar na Paramount Flag Company de San Francisco. Baker deseñou desde entón paneis publicitarios para personaxes políticos do talle do primeiro ministro da República Popular da China, para os presidentes de Francia, Venezuela e Filipinas, ou para o rei de España. Tamén realizou varios traballos para o Partido Demócrata, ademais de diversas creacións para numerosos actos civís, en especial para o Día Internacional do Orgullo LGBT de San Francisco.
En 1994 Baker trasladouse a Nova York onde continuou co seu traballo creativo e o seu activismo. Ese ano creou a bandeira máis grande do mundo (daquela) para a celebración do vixésimo quinto aniversario dos disturbios de Stonewall.[2]
En 2003, para conmemorar o tamén vixésimo quinto aniversario da bandeira LGBT, Baker creou unha bandeira coas cores do arco da vella de dous quilómetros que percorría Cayo Hueso dende o golfo de México até o océano Atlántico. Despois das celebracións, enviou diferentes seccións da bandeira a máis de cen cidades de todo o mundo. Faleceu no seu lar na Cidade de Nova York mentres durmía, á idade de 65 anos.
Bandeira LGBT
[editar | editar a fonte]Ondulou por vez primeira no Festival do Orgullo de San Francisco, o 25 de xuño de 1978. As dúas primeiras bandeiras do desfile foron cosidas e tinguidas a man polo artista, coa axuda de trinta voluntarios.[3] As súas cores pretenden reflectir a diversidade da comunidade LGBT. As oito que compoñen o deseño orixinal teñen os seguintes significados:
Rosa: sexualidade |
Vermello: vida |
Laranxa: saúde |
Amarelo: luz do Sol |
Verde: natureza |
Turquesa: maxia/arte |
Anil/azul: serenidade |
Violeta: espírito |
O deseño sufriu cambios, debido á dispoñibilidade de teas no mercado.[4][5] En 2008, a variante máis estendida posúe seis franxas horizontais de cores vermella, laranxa, amarela, verde, azul e violeta, e a vermella aparece na parte superior, tal e como aparecería no arco da vella. Baker refírese a ela como "a versión comercial", pois xurdiu por mor das necesidades de facilitar a súa produción en masa.[6]
Cinema e televisión
[editar | editar a fonte]- En 2003, Baker e o seu proxecto en Cayo Hueso apareceron no documental Rainbow Pride, de Marie Jo Ferron.
- Baker recreou a bandeira arco da vella orixinal para o filme Milk (2008).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Under the Rainbow: Oral Histories of Gay, Lesbian, Bisexual, Transgender, Intersex and Queer People in Kansas.
- ↑ "Gilbert Baker biography". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2017. Consultado o 02 de xuño de 2017.
- ↑ Witt, L., Thomas, Sh. & Marcus, E. (1995).
- ↑ "The Rainbow Flag".
- ↑ Gilbert Baker. "Pride-Flyin' Flag: Rainbow-flag founder marks 30-years anniversary". Metro Weekly.
- ↑ The Gay Betsy Ross, In the Life Media, 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.gilbertbaker.com|Páxina Web do artista