Saltar ao contido

Giacomo Quagliata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiacomo Quagliata

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de febreiro de 2000 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Palermo Editar o valor en Wikidata
Altura177 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata

Giacomo Quagliata, nado en Palermo o 19 de febreiro de 2000, é un futbolista italiano, que xoga como lateral esquerdo no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Palermo, comezou a xogar na escola de fútbol que dirixía seu avó, pasando con dez anos á Polisportiva Calcio Sicilia.[1] Durante eses anos formou parte de xeito habitual das seleccións da LND en torneos rexionais e nacionais, incluída a Copa Gaetano Scirea, disputada en 2016.[2]

Pro Vercelli

[editar | editar a fonte]

No verán dese mesmo ano someteuse a unha proba co Pro Vercelli e así entrou a formar parte do equipo xuvenil do club piemontés, onde xogou durante dúas tempadas.[3]

Cesión ao Latina

[editar | editar a fonte]

No verán de 2018 foi cedido ao Latina,[4] co que debutou na Copa Italia Serie D, nun encontro ante o Vis Artena. O 2 de decembro do mesmo ano marcou os seus primeiros goles, nun partido da Serie D ante o Ladispoli.[5]

Cesión ao Bari

[editar | editar a fonte]

Con todo, en xaneiro de 2019 púxose fin á súa cesión e na segunda parte da tempada xogou tamén a préstamo no Bari, club histórico da Puglia que acababa de ser refundado trala súa creba.[6] Con este equipo proclamouse campión da Serie D e logrou o ascenso á Serie C.

Regreso ao Pro Vercelli

[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2019/20 regresou ao Pro Vercelli e foi confirmado polo novo adestrador Alberto Gilardino para formar parte do equipo. Xogou 16 partidos na Serie C e dous na Copa Italia da categoría, todos como titular. O 5 de outubro de 2019 disputou o derbi contra o Novara, proporcionándolle a asistencia a Gianmario Comi no único gol do partido, só 16 segundos do saque inicial. Nese encontro chamou a atención dun observador do Heracles Almelo, da Eredivisie neerlandesa.[7]

Heracles Almelo

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2020 foi contratado oficialmente polo Heracles Almelo, ao que chegou para ocupar o oco deixado por Lennart Czyborra. Converteuse así no primeiro futbolista italiano da historia do club.[7][8] Inicialmente foi asignado ao equipo filial e o seu debut co primeiro equipo viuse adiado por mor da pandemia de COVID-19.

Finalmente, despois de debutar co Heracles ante o Telstar na Copa dos Países Baixos, o lateral siciliano disputou o seu primeiro partido na Eredivisie o 22 de novembro de 2020, entrando na segunda metade dunha derrota por 5-0 ante o Ajax.[9] Aínda que comezou a tempada á sombra de Jeff Hardeveld, acabou facéndose coa titularidade no equipo dirixido por Frank Wormuth, posición que consolidou trala marcha de Hardeveld.[10] O 3 de abril de 2022 anotou o seu primeiro gol como profesional, abrindo o marcador na vitoria por 2-0 en liga sobre o Fortuna Sittard, converténdose no cuarto italiano en marcar un gol na Eredivisie, despois de Marco De Marchi, Kingsley Boateng e Graziano Pellè.[11][12] Deixou o club de Overijssel tralo descenso deste ao remate da tempada 2021/22, cun balance total de 58 partidos oficiais, un gol e cinco asistencias.[11]

Cremonese

[editar | editar a fonte]

A continuación regresou a Italia, fichando definitivamente pola Cremonese, que viña de ascender á Serie A.[13] Debutou cun gol na Copa Italia contra o Ternana e seis días despois disputou ante a Fiorentina o seu primeiro encontro na Serie A.[14][15] Nos seguintes dous anos e medio acadou os 72 encontros co club lombardo, a maioría deles saíndo dende o banco de suplentes, e sumou un gol e catro asistencias. Viviu un descenso á Serie B na súa primeira campaña e na seguinte disputou sen éxito a promoción de ascenso.

Cesión ao Catanzaro

[editar | editar a fonte]

O 18 de xaneiro de 2025 foi cedido ao Catanzaro, da Serie B.[16][17] Co club calabrés xogou un total de 18 partidos, sumando dous goles e disputando de novo sen éxito a promoción de ascenso.[18]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, da Segunda División.[19] Debutou na segunda xornada ante o Burgos CF en Riazor e axiña se fixo coa titularidade por diante do veterano Sergio Escudero.[1] Rendeu a un gran nivel, xogando tanto de lateral como en posicións máis ofensivas, e sumou dous goles en senllos partidos contra o Córdoba. Disputou un total de 40 encontros, 36 deles como titular, nunha campaña que culminou co ascenso á Primeira División.[20] Debutou na máxima categoría na primeira xornada da tempada 2026/27 contra o Elche en Riazor, saíndo como titular no lateral esquerdo.[21]

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

O 16 de novembro de 2021 debutou coa selección italiana sub-21, da man do adestrador Paolo Nicolato,[22] nun amigable contra a selección romanesa.[23] O 14 de xuño de 2022 marcou o seu primeiro e único gol co equipo nacional, nunha vitoria por 4-1 sobre Irlanda que significou a clasificación de Italia para a Eurocopa sub-21 de 2023.[24]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]
Club Tempada División Liga Copa Outros[a 1] Total
PartidosGolesPartidosGoles Partidos GolesPartidosGoles
Latina 2018/19 Serie D 19 2 1 0 - - 20 2
Bari 2018/19 Serie D 13 0 0 0 1 0 14 0
Pro Vercelli 2019/20 Serie C 16 0 2 0 - - 18 0
Heracles Almelo 2020/21 Eredivisie 25010 - - 260
2021/22 Eredivisie 29 1 1 0 2 0 32 1
Total club 54 1 2 0 2 0 58 1
Cremonese 2022/23 Serie A 20041 - -241
2023/24 Serie B 30 0 3 0 3 0 36 0
2024/25 Serie B 11 0 1 0 - - 12 0
Total club 61 0 8 1 3 0 72 1
Catanzaro 2024/25 Serie B 15 2 0 0 3 0 18 2
Deportivo da Coruña 2025/26 Segunda 38 2 2 0 - - 40 2
Total carreira 2167151 9 02408
  1. ↑ Inclúe partidos da fase final polo scudetto da Serie D, promoción de ascenso á Serie A e promoción de permanencia na Eredivisie.
  1. 1 2 "Quagliata, el lateral que impulsó Gilardino se hace con la banda zurda del Deportivo" (en castelán). 30 de setembro de 2025. Consultado o 22 de xuño de 2026.
  2. ↑ "Chiamata azzurra per l'ex Under 16 LND Giacomo Quagliata" (en italiano). 11 de novembro de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  3. ↑ "Dal Calcio Sicilia alla serie A olandese, il palermitano Quagliata all'Heracles Almelo" (en italiano). 1 de febreiro de 2020. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  4. ↑ "Ufficiale - Giacomo Quagliata è un nuovo giocatore del Latina" (en italiano). 6 de xullo de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  5. ↑ "Golden Quagliata: "Latina, Marcelo e la dedica per i gol"" (en italiano). 6 de decembro de 2018. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  6. ↑ "Calciomercato Bari: ufficiale Quagliata, D'Ignazio ai saluti" (en italiano). 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  7. 1 2 "Dalla Pro Vercelli all’Heracles, viaggio nel sogno di Quagliata: “Ora marcherò Ziyech”" (en italiano). 2 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  8. ↑ "Heracles Almelo contracteert Giacomo Quagliata" (en neerlandés). Consultado o 1 de agosto de 2025.
  9. ↑ "Dalla C italiana all’esordio contro l’Ajax: Quagliata, un sogno più forte del covid" (en italiano). 23 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  10. ↑ "Un italiano in Eredivisie, Quagliata: “Sogno la chiamata della Nazionale U21”" (en italiano). 13 de setembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  11. 1 2 "Dalla Serie C all'Olanda: chi è Quagliata, il nuovo terzino della Cremonese" (en italiano). 26 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  12. ↑ "Primo gol in Eredivisie per Giacomo Quagliata. Il terzino a segno contro il Fortuna Sittard" (en italiano). 4 de abril de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  13. ↑ "Giacomo Quagliata vertrekt naar US Cremonese" (en neerlandés). 26 de xullo de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  14. ↑ "Fiorentina-Cremonese 3-2: la Viola ringrazia Radu e fa festa al 95'" (en italiano). 14 de agosto de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  15. ↑ "Coppa Italia, la Cremonese batte la Ternana e vola al secondo turno" (en italiano). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  16. ↑ "Giacomo Quagliata in prestito al Catanzaro" (en italiano). 18 de xaneiro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  17. ↑ "GIACOMO QUAGLIATA APPRODA ALL'US CATANZARO" (en italiano). 18 de xaneiro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  18. ↑ "Frosinone-Catanzaro 1-1, le pagelle: Lusuardi prima gioia, Quagliata eurogol" (en italiano). 8 de febreiro de 2025. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  19. ↑ Gómez, Xurxo (30 de xullo de 2025). "Giacomo Quagliata cambia Italia por el Deportivo". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 2 de agosto de 2025.
  20. ↑ Silveira, Xane (5 de xuño de 2026). "Las notas individuales de la temporada del Deportivo: Mario Soriano, MVP blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2026.
  21. ↑ Lema, Jorge (17 de agosto de 2026). "El 1x1 del Dépor-Elche: Amatucci y Román no fueron suficiente". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 22 de agosto de 2026.
  22. ↑ "Quagliata, da Palermo all’Olanda e alla maglia azzurra: “Un bel traguardo, ma è solo l’inizio del percorso”" (en italiano). 10 de novembro de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  23. ↑ "Splendida Italia: in svantaggio di due gol, batte 4-2 la Romania con il gol di Mulattieri e la tripletta di Canestrelli" (en italiano). 16 de novembro de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2025.
  24. ↑ "La giovane Italia vola all’Europeo. Gravina: “Un obiettivo che vale doppio”. Nicolato: “Gruppo di valore”" (en italiano). 14 de xuño de 2022. Consultado o 1 de agosto de 2025.