Giacomo Bahtiarian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de xaneiro de 1800 |
| Morte | 18 de abril de 1885 |
| Bispo diocesano | |
| 2 de xuño de 1850 – 1870 ← Jean de Smyrne | |
| Arcebispo católico | |
| | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexa católica e Igrexa católica armenia |
| Actividade | |
| Ocupación | bispo católico (1850–), sacerdote católico (1824–) |
| Consagración | Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean |
| Premios | |
Giacomo Bahtiarian, nado o 7 de xaneiro de 1800 e finado o 18 de abril de 1885, foi un eclesiástico católico armenio, bispo de Diyarbakır, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Angora o 7 de xaneiro de 1800 nunha familia católica.[1] En 1814 ingresou no seminario patriarcal, e o 14 de setembro de 1824 foi ordenado sacerdote polo patriarca Gregorio Pedro VI Cheranean.[1] Como sacerdote, o seu primeiro encargo foi na sé patriarcal, confesando tanto en armenio como en árabe.[1]
O 30 de agosto de 1826 foi enviado a Alepo.[1] No ambiente de persecución relixiosa, arredor de 1828, foi ordenado o seu exilio.[1] Permaneceu entón en Roma, residindo cos dominicanos. Pouco tempo despois, volveu ao patriarcado, estando como superior da misión de Gürün durante cinco anos; en 1835 trasladouse a Diyarbakır e posteriormente a Mardin, onde foi nomeado vardapet polo arcebispo Joseph Ferrabian.[1]
O 2 de xullo de 1850 foi consagrado bispo de Diyarbakır polo patriarca Gregorio Pedro VIII Ter Astowaçatowrean; durante este tempo atendeu tamén aos católicos de Edesa, Sanliurfa e Birecik.[1] En 1858 foi distinguido polo sultán coa Orde de Mecidiye.[1] Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.[2][1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Fisquet, Honoré (1869). "Les Péres du Concile - Biographies, portraits et autographes des Pères du Concile Premier du Vatican". Actes et histoire du concile oecuménique de Rome (en francés). París: Lemercier. p. 23.
- ↑ Catalogo alfabetico di tutti i padri del Concilio Io Ecumenico Vaticano. Osservatore Romano. 1870. p. 5.
Bahtiarian Giacomo, Arciv. di Diarbekir (Rito Armeno).