Get Ready
Get Ready | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de New Order | ||||
Publicado | 27 de agosto do 2001 | |||
Gravación | 2000 - 2001 | |||
Duración | 50:58 | |||
Xénero(s) | rock alternativo | |||
Selo(s) | London Records | |||
Produtor | Steve Osborne, New Order e Flood (tema 7), David Kahne (tema 2) | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Get Ready é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa New Order, editado o 27 de agosto do 2001 a través do selo London Records. Trátase do primeiro álbum do grupo en oito anos, despois de que en 1993 publicase Republic. O álbum está adicado a Rob Gretton, o representante de Joy Division e New Order, que morreu en 1999.
Keith Strickland, guitarrista da banda de New Wave The B-52s dixo que os sons de Get Ready inspirárono para construír o son do álbum de The B-52s Funplex. O grupo The Killers tomou o seu nome da banda que tocaba no vídeo de "Crystal".
"Close Range" aparece no videoxoga da PlayStation 2 World Rally Championship, e "Someone Like You" na película independente de 2003 Haggard: The Movie. "Slow Jam" foi usada nunha campaña publicitaria de Visa en 2009, e nunha de Ford en Australia no 2002 para o seu modelo Ford BA Falcon.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Gillian Gilbert, Peter Hook, Stephen Morris e Bernard Sumner.
- "Crystal" – 6:51
- "60 Miles an Hour" – 4:34
- "Turn My Way" (con Billy Corgan) – 5:05
- "Vicious Streak" – 5:40
- "Primitive Notion" – 5:43
- "Slow Jam" – 4:53
- "Rock the Shack" (con Bobby Gillespie) – 4:12
- "Someone Like You" – 5:42
- "Close Range" – 4:13
- "Run Wild" – 3:57