Gertrudis Gómez de Avellaneda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gertrudis Gómez de Avellaneda
Gertrudis Gómez de Avellaneda.jpg
Nome completoMaría Gertrudis de los Dolores Gómez de Avellaneda
AlcumeLa Peregrina
Nacemento23 de marzo de 1814
 Camagüey
Falecemento1 de febreiro de 1873
 Madrid
Soterradacemiterio de San Fernando en Sevilla
NacionalidadeCuba e España
Ocupaciónpoeta, escritora e dramaturga
Coñecido/a porSab
Firma de Gertrudis Gómez de Avellaneda.svg
editar datos en Wikidata ]
Gertrudis Gómez de Avellaneda.

Gertrudis Gómez de Avellaneda, nada en Santa María de Puerto del Príncipe o 23 de marzo de 1814, e finada en Madrid o 1 de febreiro de 1873, chamada agarimosamente «Tula», foi unha escritora e poetisa española do Romanticismo. Instalouse en España con 22 anos, onde comezou a publicar baixo o alcume de La Peregrina e deuse a coñecer coa novela Sab, considerada a primeira novela antiescravista (anterior incluso a Uncle Tom's Cabin, da escritora norteamericana Harriet Beecher Stowe).

Esá considerada como unha das precursoras da novela hispanoamericana, a carón de Juana Manso, Mercedes Marín, Rosario Orrego, Julia López de Almeida, Clorinda Matto de Turner, Manuela Gorriti e Mercedes Cabello de Carboneda, entre outras.[1] De formación neoclásica, foi valorada na súa época como unha das figuras máis salientables do romanticismo hispanoamericano, e o tratamento que deu ás súas personaxes femininos convertérona nunha das precursoras do feminismo moderno. Entre a súa ampla obra salienta a súa novela indianista Guatimocín (1847) e as súas pezas teatrais Saúl (1849) e Baltasar (1858), considerada esta última unha das obras mestras do teatro romántico.[2][3]

Referentes como Margarita Nelken[4] fixeron recensións das súas obras e entre os seus coetáneos contou coa admiración do seu amigo Lista e da escritora Fernán Caballero e, aínda que tamén a considerara unha das meirandes poetas de lingua castelá, co rexeitamento de Marcelino Menéndez y Pelayo, quen impediu a súa incorporación á Academia.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla dun capitán de navío, Manuel Gómez de Avellaneda e de Felisa de Arteaga, criouse na súa cidade natal, e na súa xuventude, por motivos de saúde, mudouse a Santiago de Cuba despois de opoñerse a contraer matrimonio. En abril de 1836, partiu coa súa familia a España, aínda que estiveron vivindo durante unha tempada en Bordeos, despois pasaron á península, primeiro á Coruña, e máis tarde Sevilla, onde publicou versos en varios xornais baixo o alcume de "La Peregrina". É nesta cidade onde coñeceu en 1839 a Ignacio de Cepeda, un estudante de Leis co que tivo unha inestable relación amorosa, e ó que lle adicaba epístolas.

En 1840 fíxose amiga de literatos e escritores da época na súa estancia en Madrid. En 1841 leu os seus poemas no Liceo, e en 1841 publicou o seu primeiro libro. Comezou a triunfar teatralmente coa estrea de Munio Alfonso (1844).

A súa novela Sab, supuxo unha ruptura xa que era a primeira novela abolicionista. En 1844 coñece ó poeta Gabriel García Tassara. Avellaneda namórase deste home, o cal a abandonaría estando embarazada e solteira, o que a mediados do século XIX en Madrid era unha desgraza. No ano 1845 tivo a súa filla María que faleceu ós sete meses. Aínda que a escritora intentou que o pai a coñecese, el negouse. No 1846 casou con Pedro Sabater, pero este enfermou e apenas un ano despois de casar quedou viúva.

Realizou unha segunda edición de poesías no ano 1850. Tiña o apoio do público, e da crítica tivo o apoio de José Zorrilla, Fernán Caballero, José de Espronceda, ou Alberto Lista, agás de Marcelino Menéndez Pelayo, quen impediu que entrara na Real Academia Española.

No 1858 estreouse o seu drama Baltasar, que superou todos os éxitos anteriores. Casou con Diego Verdugo, político co que marcha a Cuba no 1859, onde viviu cinco anos. Nunha festa no Liceo da Habana foi proclamada poetisa nacional. Dirixiu a revista Álbum cubano de lo bueno y de lo bello, pero no ano 1863 falece o seu marido. A morte de dous maridos e o abandono do seu amante, impulsárona cara ó espiritismo e períodos de retiro relixioso.

Escribiu poesía, novela e teatro, e destacou nos tres xéneros ó incorporar as letras españolas de ambiente caribeño, visto en Europa como exótico, en ton melancólico e nostálxico. A crítica actual considéraa unha precursora do feminismo moderno, pola súa actitude vital como pola súa forza que imprimiu ás súas personaxes literarias femininas.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Gertrudis Gómez de Avellaneda.
  • Poesías de la señorita Da. Gertrudis Gómez de Avellaneda, Madrid, 1841.
  • Sab, Madrid, 1841.
  • Dos mujeres (sic), Madrid, 1842-43.
  • La baronesa de Joux, A Habana, 1844.
  • Espatolino, A Habana, 1844.
  • El príncipe de Viana, Madrid, 1844.
  • Egilona, Madrid, 1845.
  • Guatimozin, último emperador de México, Madrid, 1846.
  • Saúl, Madrid, 1849.
  • Dolores, Madrid, 1851.
  • Flavio Recaredo, Madrid, 1851.
  • El donativo del Diablo o La velada del Helecho, Madrid, 1852.
  • Errores del corazón, Madrid, 1852.
  • La hija de las flores; o, Todos están locos, Madrid, 1852.
  • La verdad vence apariencias, Madrid, 1852.
  • Errores del corazón.
  • La aventurera, Madrid, 1853.
  • La mano de Dios, Matanzas, 1853.
  • La hija del rey René, Madrid, 1855.
  • Oráculos de Talía; o, Los duendes en palacio, Madrid, 1855.
  • Simpatía y antipatía, Madrid, 1855.
  • La flor del ángel, A Habana, 1857.
  • Baltasar, Madrid, 1858.
  • Los tres amores, Madrid, 1858.
  • El artista barquero; o, Los cuatro cinco de junio, A Habana, 1861.
  • Catilina, Sevilla, 1867.
  • Devocionario nuevo y completísimo en prosa y en verso, Sevilla, 1867.
  • Obras literarias, Madrid, 1869-1871, 5t.
  • Leyendas, novelas y artículos literarios., Madrid, 1877.
  • Obras dramáticas, Madrid, 1877.
  • Poesías líricas, Madrid, 1877.
  • La Avellaneda. Huelva, 1907.
  • Cartas inéditas y documentos relativos a su vida en Cuba de 1839 a 1864, Matanzas, 1911.
  • Obras de la Avellaneda. (Edición do centenario).
  • Memorias inéditas de la Avellaneda, A Habana, 1914.
  • Obras de la Avellaneda. A Habana, 1914.
  • Leoncia, Madrid, 1917.
  • El aura blanca, Matanzas, 1959.
  • Teatro, A Habana, 1965.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pinto Villarroel, Patricia (1999). Escritoras Chilenas: Novela y cuento. Editorial Cuarto Propio. ISBN 978-95-6260-162-7. 
  2. 2,0 2,1 Segura Graíño, Cristina (1998). Celia Villar Rodríguez, ed. Diccionario de Mujeres Célebres (en castelán). Madrid: ESPASA. ISBN 84-239-8670-5. 
  3. Nelken, Margarita (1930). Las escritoras españolas. Barcelona: Labor. 
  4. Nelken, Margarita (1930). Las escritoras españolas. Barcelona: Labor. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]