Gertrude Atherton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGertrude Atherton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1857 Editar o valor em Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte14 de xuño de 1948 Editar o valor em Wikidata (90 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCypress Lawn Memorial Park (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnovelista , guionista , escritora de non ficción , escritora , autora Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGeorge H. Bowen Atherton (1876–1887)
Premios

IMDB: nm0040457 Find a Grave: 41 Editar o valor em Wikidata

Gertrude Franklin Horn Atherton, de solteira Gertrude Franklin Horn, nada en San Francisco o 30 de outubro de 1857 e finada o 14 de xuño de 1948 na mesma cidade, foi unha escritora norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu e viviu en California toda a súa vida, casou con George Atherton cando só tiña 19 anos e con el tivo dous fillos. Ao seu home disgustáballe que escribise, e a publicación en folletín da súa primeira novela, The Randolphs of Redwoods (1882), aínda que ía sen sinatura, escandalizou a toda a familia.

Logo da morte do seu home en 1887, comezou a súa verdadeira carreira de escritora, escribiu 60 libros e numerosos artigos, a súa primeira novela con sinatura publicouna en 1888, What Dreams May Come, aínda que baixo o pseudónimo de Frank Lin.

As súas novelas amosan heroínas cunha vida moi independente, sen dúbida unha reacción á súa vida de casada. As súas novelas máis coñecidas son The Californians (1898) The Splendid, Idle Forties (1902), The Conqueror (1902) e Black Oxen (1923).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]